"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Primeiros intres da mañá, moi cedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido mandélico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia orgánica que ten polo menos unha función ácido carboxílico e unha función amina. Constitúen as unidades estruturais fundamentais das proteínas unidos entre eles por enlaces peptídicos. Os aminoácidos naturais son todos α e, agás a glicina, son opticamente activos. A reacción de identificación máis importante dos aminoácidos é a da ninhidrina. A determinación cuantitativa adoítase realizar mediante a valoración ao formol de Sørensen ou polo método de Van Slyke. Os métodos de fraccionamento, como a cromatografía sobre papel, permiten determinar os aminoácidos presentes nunha mestura. Oito dos vinte e un aminoácidos presentes nas proteínas animais (valina, leucina, isoleucina, treonina, metionina, lisina, fenilalanina e triptófano) denomínanse aminoácidos esenciais , porque non se poden biosintetizar e teñen que incluírse obrigatoriamente na dieta. Os procesos metabólicos xerais dos aminoácidos son, por unha banda, as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza ocasionada polo trastorno do metabolismo dun aminoácido. Coñécense aproximadamente un centenar de doenzas relacionadas; as máis destacadas son a cistinuria, a alcaptonuria e o albinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que manifesta propiedades ácidas no amoníaco líquido. Os sales amónicos son amonoácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compoñente do aceite da casca do froito do anacardio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Turquía (77.031 km2; 3.906.600 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador atenense. Exiliado de Atenas, refutou a acusación de impiedade no discurso Sobre os misterios (399 a C). Atribúenselle tamén os discursos Sobre o retorno e Sobre a paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comportamento non perfectamente elástico dun corpo. Unha vez anulada a orixe da deformación, o corpo non recupera as dimensións ou forma orixinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tempo no que o sol pouco a pouco vai desaparecendo ata chegar a noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e embaixador espartano. Foi enviado por Esparta no ano 393 a C para asinar a paz con Persia, á que se opuñan Atenas, Argos, Tebas e Corinto. Unha vez sometida Atenas por unha escuadra dirixida polo xeneral Antálcides coa axuda do sátrapa persa Tiribase, feito que a obrigaba a asinar a paz, só foron quen de oporse ao pacto Argos, Tebas e Corinto, polo que este deixou de contar cunha oposición forte. A Paz de Antálcides ou do Rei (387 a C), negociada por Antálcides en nome dos gregos e por Artaxerxes, significou a recuperación de Xonia (agás Lemnos, Imbros e Skyos que permaneceron no poder de Atenas). Así mesmo, debido a que quedaban disoltas as ligas entre cidades gregas, Esparta convertense en árbitro dos asuntos graves helénicos debido á súa posición militar predominante, aínda que significou a fin das aspiracións espartanas e atenieuses dun dominio panhelénico e da emancipación de Persia. Tamén supuxo a perda de todas as conquistas efectuadas por mor das Guerras Médicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra os ácidos.

    2. Fármaco que actúa neutralizando por reacción química a acidez, como o clásico bicarbonato sódico, o citrato e o fosfato sódicos, o carbonato cálcico ou o óxido de magnesio, ou eliminándoa por adsorción, como os silicatos e os hidróxidos de aluminio.

    3. ernices, pinturas, revestimentos, pavimentos, artigos de cerámica, masilla, etc, resistentes aos ácidos. Os vernices e as pinturas antiácidas están preparadas sobre todo a base de resinas sintéticas e de resinas epoxi, utilizando plastificantes e pigmentos capaces tamén de resistir os ácidos. Para os revestimentos e pavimentos antiácidos utilízanse placas asfálticas ou placas de policloruro de nivel ríxido, e compostos a base de asfaltos ou de resinas epoxi. Unha solución alternativa para os pavimentos é a utilización de lousas de gres ou de materiais cerámicos antiácidos, unidos mediante masillas antiácidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polarización eléctrica espontánea de certos cristais iónicos, nos que a rede cristalina se ordena en dúas subredes coa polarización eléctrica en sentido contrario, de xeito que a polarización macroscópica é nula ou moi feble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intermediario na fabricación de colorantes, de produtos farmacéuticos e perfumes, e na biosíntese do triptofano. Obtense tratando a ftalimida cunha solución alcalina de hipobromito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aparecer.

    2. isión, especialmente dunha persoa morta, produto dunha alteración do estado de consciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Para os católicos, unha das catro notas esenciais da auténtica Igrexa de Xesucristo, determinadas no credo nicenoconstantinopolitán. Vén significar a continuidade da doutrina e dos bispos, por sucesión directa cos apóstolos. Para os protestantes, entroncamento da doutrina coa dos apóstolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido graxo que se atopa como compoñente normal do aceite de cacahuete, en proporción de 1’1 ao 3% e en cantidades moito máis elevadas (do 20 ao 35%) en certas graxas de sapindáceas orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos ácidos graxos indispensables, constituínte importante dos fosfátidos animais, presente en pequenas cantidades no fígado e no cerebro, nos órganos glandulares e en proporcións máis reducidas nas graxas de reserva e na manteiga. Bioloxicamente é o precursor da prostaglandina E2.

    VER O DETALLE DO TERMO