"Conde" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 167.
-
-
Clase e extensión dunha pena.
-
Parte decisoria da sentenza na que se lle impón ao acusado unha obriga. No procedemento civil, a sentenza consiste no acollemento total ou parcial das pretensións dunha das partes e na obriga de aceptalo pola parte contraria. No procedemento penal, a sentenza declara que unha persoa é responsable do delito que se lle imputa e que está obrigada a cumprir unha pena.
-
Pronunciamento da sentenza que obriga a un dos litigantes a facerse cargo dos gastos xudiciais orixinados polo procedemento. As custas procesais debe abonalas aquel que a sentenza declara que actuou con temeridade ou mala fe.
-
Suspensión do cumprimento da pena imposta ao delincuente coa condición de que o suxeito non volva delinquir ou cumpra unha serie de requisitos ou cargas legalmente previstas. Se o acusado cumpre a devandita condena, a responsabilidade queda extinguida ao remate do período de suspensión.
-
Posicionamento en contra de algo.
-
Suplicio que hai que soportar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que merece ou que pode ser condenado.
-
-
Acción e efecto de condenar ou condenarse.
-
Castigo do inferno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de condenar ou condenarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen condena.
-
-
Declarar a alguén culpable por sentencia, impoñéndolle unha pena ou castigo.
-
Declarar unha cousa merecedora de condena.
-
Manifestar unha opinión contraria sobre algún asunto.
-
Forzar a algunha cousa penosa.
-
Declarar a un enfermo irremediablemente próximo á morte.
-
Reducir unha cousa á inactividade pola súa falta de funcionalidade.
-
Ser unha persoa a causa da súa pena ou castigo.
-
-
-
Que condena ou serve para condenar.
-
Pronunciamento dun xuíz ou tribunal que condena a un acusado ou que lle manda cumprir unhas obrigas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de condensable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode condensar.
-
-
Acción e efecto de condensar ou condensarse.
-
Paso dunha substancia do estado de vapor a un estado condensado, é dicir, ao estado líquido ou sólido; no primeiro caso, é a transición contraria á vaporización e, no segundo, é contrario á sublimación. Pode estar causada por compresión ou arrefriamento e nos dous casos o vapor libera calor, coñecido como calor latente de condensación. A condensación pode producirse sobre unha superficie máis fría ca o vapor en cuestión, e ten lugar cando a presión de vapor é máis grande ca a presión de vapor saturante das fases líquida ou sólida da substancia á temperatura da superficie sobre a que se produce a condensación. A condensación sobre unha superficie pódese producir de dúas maneiras. Na condensación en película fórmase sobre a superficie fría unha película cun grosor que depende das características físicas do fluído condensado, da forma xeométrica da superficie e da velocidade de condensación. Na condensación en gotas fórmanse gotas que se desprenden...
-
Aumento de densidade.
-
Reacción na que se unen as dúas moléculas reaccionantes, a miúdo en presencia de catalizadores (con formación de auga) ou doutras substancias. Entre as máis coñecidas están a condensación de Claisen-Schmidt e a reacción de Friedel e Crafts.
-
Segundo a psicanálise, proceso inconsciente producido durante o sono que consiste nunha refundición de pensamentos ou contidos latentes nun só contido manifesto.
-
Proceso que ten lugar durante a división celular e que leva ao empaquetado da cromatina interfásica en cromosomas metafásicos.
-
Corpúsculos, xeralmente moi higroscópicos, sobre os que se inicia a condensación de vapor de auga atmosférica en forma de gotas, cando o grao higrométrico é suficientemente alto pero non chega á saturación.
-
-
-
de condensar ou condensarse.
-
Estado da materia no que os átomos están moi próximos, e que se manifesta por fortes accións intermoleculares, como no caso dos sólidos, dos líquidos e dos gases comprimidos. A física da materia condensada encárgase do seu estudio.
-
-
-
-
Que condensa.
-
Relativo ou pertencente á condensación.
-
-
-
Dispositivo formado por dous condutores ou armaduras separadas por un dieléctrico, caracterizado por posuír unha capacidade determinada que depende da superficie das armaduras, da súa separación e do tipo de dieléctrico. O primeiro tipo de condensador ideado foi a botella de Leiden, que se perfeccionou posteriormente. Os condensadores empregados actualmente son de tipos moi diversos: segundo o seu dieléctrico hai condensadores de aire, de papel, de tántalo, de mica, cerámicos, electrolíticos, etc; segundo a súa forma ou disposición, poden ser planos, cilíndricos, de disco, etc; e, segundo o valor da súa capacidade, poden ser fixos, variables ou axustables. Nos circuítos electrónicos os condensadores cumpren diversas funcións; así, hainos de filtración, de paso, de sintonía, de bloqueo, etc.
-
condensador electrolítico
Condensador constituído por dous electrodos de aluminio ou de tántalo -un destes recuberto polo seu óxido- e por un electrólito. Os condensadores electrolíticos teñen unha capacidade moi elevada, pero presentan algúns inconvenientes: desgaste co tempo, corrente de fugas importante, capacidade pouco estable, etc. Ademais, están polarizados, é dicir, deben ser conectados en circuítos de corrente continua coa polaridade correcta. Hai algúns tipos especiais que funcionan con corrente alterna.
-
condensador variable
Condensador constituído por un grupo de armaduras metálicas móbiles que poden desprazarse ou xirar en relación con outro grupo de armaduras fixas. Con este movemento, conséguese facer variar a capacidade entre uns certos límites polo feito de variar a superficie entre armaduras. Empréganse en radiotécnica para modificar a frecuencia dun circuíto oscilante co fin de sintonizar unha onda; neste caso chámanse condensadores de sintonía.
-
-
Sistema óptico converxente que concentra sobre o obxecto os raios luminosos procedentes da fonte luminosa co fin de iluminalo uniforme e suficientemente. Empregado normalmente nos aparellos de proxección, nos microscopios e nas ampliadoras, está constituído por unha lente ou asociación de lentes convexas ou plano-convexas, para procurar que a aberración de esfericidade sexa mínima.
-
Aparello utilizado para condensar un vapor. Segundo o sistema físico empregado, hai dous tipos de condensadores: condensador de mestura, no que o fluxo ascendente de vapores que se teñen que condensar se salpica cun líquido frío, xeralmente auga, e no que á saída deste líquido arrastra o condensado; e condensador de superficie, aparello no que o vapor a condensar e o fluído frío están separados por unha parede.
-
-
-
Facer máis denso un fluído.
-
Licuar un vapor.
-
-
Facer máis concisa a expresión do pensamento.
-
Introducir moita información nun libro, nun discurso, etc, dunha maneira comprimida.
-
-
Concentrar ou reunir elementos dispersos.
-
Facerse máis denso un fluído.
-
Licuarse un vapor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción defensiva situada no val da Maía, erixida polo conde de Altamira tralas Revoltas Irmandiñas. Só se conservan restos das murallas e das torres sobre un outeiro rochoso. O recinto tiña planta poligonal con torre de homenaxe no patio central e cuarteis, pozos, almacéns e capela. Neste castelo pasou o arcebispo Alonso de Fonseca algún tempo como reo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou pazo de Anceis Situado en San Xoán de Anceis (Cambre), foi construído no s XVII en estilo barroco por Xoán Becerra Piñeiro, señor xurisdicional da parroquia. No exterior destacan diversos brasóns. Na capela, pegada á fachada, consérvase unha lápida que fai referencia á estancia do primeiro colexio dos xesuítas de Galicia (1874), despois da súa expulsión no s XVIII. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1981.
-
-
Acción e efecto de condescender.
-
Disposición de carácter que inclina a condescender ou a ser excesivamente tolerante con algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que mostra condescendencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignarse a consentir algunha cousa a alguén, accedendo á súa vontade por cortesía ou amabilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade palatina e, máis tarde, militar, derivada do comes stabŭli ou ‘xefe da cabalería’ dos emperadores romanos do Baixo Imperio. Adoptada polos reis merovinxios, e despois polos carolinxios e os capetos, Filipe Augusto converteu o condestable en xefe supremo da cabalería real (1191). A dignidade foi suprimida polo cardeal Richelieu en 1627. Na Península Ibérica, Xoán I de Castela instituíu a dignidade de condestable no 1382 seguindo o modelo francés e atribuíulle a máis alta xerarquía do exército real despois do monarca, con xurisdición civil e militar sobre os compoñentes do exército real. Dende o goberno dos Reis Católicos, este oficio quedou vinculado á liñaxe de Pedro Fernández de Velasco ata comezos do s XVII, cando o título tiña só un carácter honorífico. Os reis de Navarra e Portugal estableceron este cargo durante o s XV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cargo e dignidade de condestable.