"Das" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 542.

  • Unidades militares integradas por voluntarios estranxeiros que loitaron a prol dos republicanos durante a Guerra Civil española (1936-1939). Os primeiros grupos formáronse en xullo do 1936 con participantes na Olimpiada Popular de Barcelona. A súa organización propúxose na reunión do Komintern do 26 de xullo de 1936, co propósito de integrar a todos os voluntarios de ideoloxía antifascista baixo a dirección comunista. Participaron combatentes de máis de 50 países de todo o mundo, cun total de 40.000 homes ao longo da guerra, organizados en 15 brigadas. Os principais continxentes foron franceses (10.000 voluntarios), italianos (2.500), belgas, iugoslavos, ingleses, canadenses e norteamericanos. Máis do 80% eran obreiros, en xeral mozos, aínda que tamén había veteranos da Primeira Guerra Mundial. Interviñeron eficazmente na defensa de Madrid (novembro do 1936) e nas batallas do Jarama, Brunete, Belchite, Teruel e, finalmente, no Ebro. O goberno republicano, cumprindo a resolución da Sociedade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brigate Rosse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa con calidades para buscar a mellor maneira de vivir.

    2. Persoa interesada en coñecer a vida dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Canteiro. Foi membro da Federación de Sociedades de Forcarei e fundador e director do xornal Acción Social, onde publicou algúns artigos baixo o pseudónimo de Canta-Claro; ademais, colaborou nos xornais Umia e no arxentino Lérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festividade xudía, tamén chamada dos tabernáculos (en hebreo, sukkōt), que ten lugar do 15 ao 22 de tišrī (setembro-outubro no calendario gregoriano) en conmemoración do tempo no que os israelitas habitaron no deserto, trala súa fuxida de Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o luns de Pascua no mosteiro de Armenteira (na parroquia da Armenteira, concello de Meis).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio da vertente oriental da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias (e concellos) de Castro de Laza (Laza) e Gabín (Montederramo). Acada os 1.453 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado na parroquia de Pinol (concello de Sober), a pouca distancia do canón do Sil. A romaría celébrase entre o 8 e o 10 de setembro. A igrexa data dos ss XVIII e XIX e está construída en estilo clasicista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisora radiofónica im-plantada no ámbito estatal que iniciou as súas emisións en 1958 cando a Dirección General del Secretariado Nacional de la Comisión Episcopal de Cine, Radio y Televisión e os representantes das distintas dioceses españolas e das diferentes emisoras parroquiais, acordaron transformar a súa estrutura local e crear unha cadea de radiodifusión nacional. As emisoras pioneiras foron Radio Vida, chamada posteriormente Radio Popular de Sevilla, e Radio Popular de València. Un ano máis tarde nacían Radio Popular de Burgos, de Lleida, de Pamplona, de León e de Zaragoza, ata completar a cifra de 43 emisoras de Onda Media, 67 de Frecuencia Modulada e 49 de Cadena 100. En 1981, por imperativos legais, adoptou o nome de Radio Popular SA-Cadena de Ondas Populares. En febreiro de 1983, baixo a dirección xeral de José Andrés Hernández, ex-director de Radio Popular de Vigo, iniciou unha programación baseada na emisión de magazines, boletíns informativos, debates, coloquios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi profesor de dereito administrativo na Universidade de Lisboa dende 1933. En 1929 iniciou a súa colaboración con António Oliveira de Salazar, quen o nomeou ministro das Colonias entre 1944 e 1947, momento no que impulsou a integración política, administrativa e económica coa metrópole. Exerceu tamén como ministro da Presidencia entre 1955 e 1958, cando foi nomeado reitor da Universidade de Lisboa. En setembro de 1968, logo de que Salazar tivera que abandonar o poder, ocupou a presidencia do goberno ata que foi deposto o 25 de abril de 1974, exiliándose no Brasil. Entre 1947 e 1950 presidira, ademais, a União Nacional, única formación política autorizada baixo a ditadura de Salazar. Así mesmo, foi autor do Código Administrativo de 1936. Publicou obras de historia e de dereito, como son História Breve das Constituções (1965) e História do Direito português, 1140-1495 (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do O da Comunidade Autónoma de Galicia, integrada polos municipios de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. Limita ao N coa comarca do Sar, concellos de Dodro e Padrón, e de Tabeirós-Terra de Montes, no concello da Estrada, coa que tamén limita polo L; polo S coa comarca de Pontevedra, concellos de Campo Lameiro e Barro; e polo O coa do Salnés, concellos de Meis, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Nela obsérvase unha gradación dende as áreas litorais do Baixo Ulla e a ría de Arousa cara ás terras de transición entre as Rías Baixas a as áreas montañosas da Dorsal Galega. Trátase dunha comarca tradicional vinculada estreitamente á vila de Caldas de Reis que, cunha situación privilexiada no Eixo Atlántico e na transición entre o litoral do Salnés e o seu pospaís, exerce de núcleo reitor e cabeceira. A comarca abrangue unha superficie de 288,68 km2, nos que reside unha poboación de 35.514 h (1998). Descendendo á escala municipal, Caldas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Colombia (7.888 Km2; 925.358 h [1997]). A capital é Manizales (358.194 h [estim 1997]). Situado no val do Cauca, caracterízase pola súa variedade xeomorfolóxica, presentando cinco rexións naturais ben diferenciadas: o val da Magdalena, con zonas selváticas, a vertente oriental da Cordillera Central, a Cordillera Central, co gran macizo volcánico, o val do Cauca e a Cordillera Occidental. A súa economía baséase na agricultura, como primeiro produtor de café do país, na gandería (gando vacún, porcino e ovino) e na explotación dos seus recursos minerais (carbón e petróleo principalmente). No sector industrial destaca, sobre todo, o calzado, a madeira, o sector téxtil e o coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. Está moi espallado por todo o noso territorio o topónimo Caldas procedente do sintagma latino (aquas) calidas, que fai referencia á existencia de mananciais de auga quente. Documéntase no s XII: “Arias Diaz Caldas” (doc ano 1239 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 535). O diminutivo deste apelido é Caldelas.

    2. Liñaxe leonesa, natural do lugar homónimo, no partido xudicial de Murias de Paredes, desde onde se estendeu a Galicia e Portugal. As armas dos de Galicia levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, cun oso empinado da súa cor natural; segundo e terceiro cuartel, en campo de prata, cunha aguia de sable. Os das montañas de León levan, en campo de prata, dous cabaleiros acosando a un oso pardo que vai acubillarse nun penedo. Os de Portugal empregan, en campo de prata, cinco cipreses de sinople, postos en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Caldas, situado na provincia de Pontevedra no O da comunidade autónoma, a 42° 36’ de latitude N e 8° 38’ 30’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Valga, ao L cos de Moraña e Cuntis, ao S cos de Portas (todos eles da comarca de Caldas) e Vilanova de Arousa (O Salnés) e ao O cos de Catoira e Vilagarcía de Arousa, (O Salnés). Abrangue unha superficie de 68,2 km 2 cunha poboación de 9.796 h (2007), distribuídos nas parroquias de Arcos da Condesa, Bemil, Caldas de Reis (San Tomé e Santa María, e Santa María) Carracedo, Godos, Saiar, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar . capital é a vila de Caldas de Reis, na parroquia de San Tomé e Santa María de Caldas de Reis. Dista 38 km de Santiago de Compostela e 21 km de Pontevedra. Cabeza da comarca e de partido xudicial, está adscrito á arquidiocese de Santiago. A parroquia de Arcos da Condesa constitúe unha entidade local menor.
    Xeografía física
    O territorio municipal de Caldas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de san Tomé e santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. Datada na segunda metade do s XII, ten unha soa nave e unha ábsida rectangular. O arco triunfal é semicircular e apóiase sobre semicolumnas acaroadas. A porta principal está formada por arquivoltas semicirculares que se sustentan sobre columnas acobadadas, o tímpano está decorado polo Agnus Dei. Presenta un conxunto de canzorros románicos. No atrio consérvanse o coroamento do antigo baldaquino pétreo de finais do s XV, realizado en estilo oxival e que consta de tres arcos conopiais xunto a outros lobulados. En 1974 atopouse no atrio unha fábrica de ladrillos e tégulas da época romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de 36 pezas de ouro atopadas casualmente en 1940 nas Silgadas (Caldas de Reis). Destacan especialmente cinco pezas: tres cuncas, unha xerra e un peite. As tres cuncas presentan unha forma globular hemisférica, mais só unha ten unha decoración incisa en bandas de liñas e triángulos similar ás que presenta a xerra. O peite tamén presenta unha coidada decoración, o que leva a pensar que se trata máis dun obxecto de adorno ca de uso. Aínda que non é posible datar o conxunto de xeito absoluto, cronoculturalmente pode pertencer a un momento do Bronce Inicial ou Bronce Medio. Consérvase no Museo Provincial de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e naturalista colombiano. Estudiou a vexetación de Colombia e Ecuador, e participou na expedición de Humboldt e Bonpland. Colaborou na expedición de J. C. Mutis por Perú e Nueva Granada, e dirixiu o observatorio astronómico de Santa Fe. Debido ao seu illamento científico tivo que construírse os seus propios instrumentos de observación e inventou o hipsómetro. Participou como coronel na Guerra da Independencia, na que foi apresado e fusilado polas tropas realistas. As súas obras máis importantes son Memoria sobre la nivelación de las plantas que se cultivan en la vecindad de Ecuador (1801) e Estado de la geografía del virreinato de Santa Fe de Bogotá (1807).

    VER O DETALLE DO TERMO