"Dios" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 110.

  • Capela situada en Ourense que construíu en 1522 Francisco Méndez. En 1584 engadíuselle unha portada de medio punto e presenta algúns vans góticos. Aos lados da porta ten dúas fiestras na parte inferior e outras dúas na superior, e enriba está situada nunha furna a virxe dos Remedios. Ten espadana, rematada cunha cruz, dun só arco con campá. O 8 de setembro celébrase unha romaría na honra da virxe. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1961.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao paladio.

    2. Que contén paladio.

    3. Aplícase aos compostos de paladio en que este ten unha valencia ou número de oxidación de +2.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espora conídica, presente en certos ascomicetos, que se orixina nun picnidio.

    2. picnoconidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e escritor. Foi catedrático na Escuela Diplomática e na Universidad Central de Madrid, director de Museo Arqueológico Nacional, do Museo de Reproduciones Artísticos e senador (1886, 1893-1894). Escribiu numerosas obras, entre elas, Viaje de SS.MM. y AA. por Castilla, León, Asturias y Galicia en el verano de 1858 (1860), Bibliografía numismática española (1886) e Genealogía e protohistoria ibérica (1892). Pertenceu á Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fluoroscopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • radiosensible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensibilidade das células e dos tecidos sans á acción das radiacións ionizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta radiosensibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento meteorolóxico para ao estudo das propiedades do aire nas alturas. Consiste nun pequeno barómetro aneroide, un termómetro bimetálico e un higrómetro de absorción, colocados nunha caixa protectora que permite o paso do aire ao seu través. A caixa contén tamén un pequeno transmisor de radio. O conxunto vai suxeito a un globo sonda que o eleva e é transportado polo vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sondaxe da atmosfera mediante unha radiosonda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada na parroquia de Lira (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do latín Remedium, nome místico que significa ‘menciña, remedio’, de aí ‘menciña da alma’, de remedium, formado por re-, prefixo que indica repetición, e medeor ‘curar’. Presenta o hipocorístico Reme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría celebrada anualmente en Castro Caldelas na honra á Virxe do Remedios. Comeza coa ornamentación da vila o 6 de setembro e ao día seguinte celébrase a Noite das Bandeiras. Ao redor do santuario, construído en 1840, ten lugar o día 8 a procesión e a misa solemne. Como elementos máis característicos do folclore destaca o Irrio Peliqueiro, a máscara que vai por diante na procesión. Antigamente tamén se facía unha danza de arcos e sacabanse á rúa xigantóns e cabezudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ro-maría celebrada anualmente en Mondoñedo na honra da Virxe dos Remedios. Ten lugar o segundo domingo de setembro nos arredores da igrexa parroquial homónima, onde se celebra unha misa e a procesión. Tamén é común dar unha pequena imaxe dun santo a bicar a quen se achega con devoción ao templo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou dos Castros Gravado rupestre localizado en Tirán (Moaña). Foi declarado BIC en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Advocación mariana orixinaria do s XIV ou polo menos popularizada nesta época con motivo das calamidades públicas, sobre todo as pestes, que asolaron Europa. Parece que a súa orixe foi francesa. A súa festividade celébrase o segundo domingo de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mondoñedo baixo a advocación de Nosa Señora dos Remedios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Tea, entre Areas e Ponteareas (Ponteareas). Realizada en cantaría e cachotaría durante o s XIV, sobre base romana presenta catro vans formados por arcos oxivais e de medio punto e unha rasante alombada. Atópase no antigo camiño que ía da Cañiza a Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1979. Editada polo Servicio de Publicacións da Xunta de Galicia cunha periodicidade semestral, foi dirixida por Xaime Isla Couto. Concibida para impulsar a modernización do campo galego, a revista acolleu traballos de investigación de calidade e posible aplicación real, elaborados por especialistas na materia e dirixidos a establecer as novas bases sobre as que se debería desenvolver o sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de 1965 que cesou cun número dobre, de 1992-1993. Creada e patrocinada polo Concello da Coruña, contou co apoio de Caixa Galicia e a Fundación Barrié de la Maza. Dirixida por Antonio Gil Merino, o seu obxectivo era ofrecer información diversa sobre a historia, a realidade e o futuro da cidade, e incluíu estudos históricos e xeográficos, de arqueoloxía e belas artes, referencias a museos, un apartado para tratar ciencias xurídicas e sociais, e unha atención especial ás ciencias económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO