"Diz" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 94.

  • MUNICIPIOS

    Municipio de Gipuzkoa, Euskadi, situado nas beiras do río Oria (8.938 h [2001]). Destaca a agricultura de regadío con cultivos de remolacha azucreira, forraxe, maceiras, e as industrias do sector metalúrxico e químico. Ademais é centro comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paso estreito que comunica dous puntos, normalmente nunha construción ou entre elas.

    2. Abertura pequena nun valado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que tende a perderse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome que reciben diversas especies de aves dos xéneros Alectoris, Lagopus e Perdix, da familia dos fasiánidos, que presentan as ás e a cola curtas e viven no chan.

      2. perdiz charrela [Perdix perdix, Fam dos fasiánidos]

        Ave galiforme, de ata 30 cm de lonxitude, que ten a plumaxe gris, coas partes inferiores máis claras, a cabeza rubia e unha mancha de cor castaña escura en forma de ferradura no peito dos machos. Aliméntase fundamentalmente de insectos e bagas. Habita en monte baixo e terras de cultivo de zonas de montaña. Localízase nas montañas do N da Península Ibérica e en toda Europa, agás no S de Francia. En Galicia é moi pouco común, e atópase nas serras orientais en altitudes superiores aos 1.200 m.

      3. perdiz nival [cast: perdiz nival; ingl: ptarmigan] [Lagopus mutus, Fam dos fasiánidos]

        Ave galiforme, de arredor de 35 cm, cunha plumaxe invernal totalmente branca menos a cola, que é negra. A plumaxe estival é rubia pola parte superior do corpo, co peito e as patas cubertas por plumas brancas. Habita en zonas alpinas, e aliméntase de plantas ericáceas e arandos.

      4. perdiz rubia [cast: perdiz común, perdiz roja] [Alectoris rufa, Fam dos fasiánidos]

        Ave galiforme que ten unha lonxitude aproximada de entre 33 e 38 cm, cunha cola que pode chegar a medir uns 12 cm aproximadamente. Posúe unha plumaxe conspicua coas partes superiores de cor parda algo vermella e os flancos de cor gris clara con listas castañas; ten unha banda negra que vai desde o pico ata o ollo, que se prolonga por debaixo da gorxa; presenta a parte inferior do pescozo e o peito de cor gris; e ten o peteiro, o anel orbital e as patas vermellas. É unha ave gregaria e sedentaria. Aliméntase principalmente de grans e brotes, ademais de pequenos insectos. O macho é o encargado de facer o niño no chan con vexetación densa, onde a femia pon uns 15 ovos, que incubarán ou ben a femia ou ben ambos, arredor de 24 días. Habita principalmente en lugares pedregosos con monte baixo e campos de cultivo. Localízase na Península Ibérica, ao S de Francia, ao NO de Italia e ao S de Gran Bretaña, así como en puntos de Suíza. Existen dúas subespecies: A. r. hispanica, que cría no...

    1. Ave ciconiforme, de ata 25 cm de lonxitude, que presenta a plumaxe superior pardenta, a inferior ocre e o ventre branco. Ten a gorxa amarela cunha raia negra que a limita e a cola moi bifurcada, negra coa base branca. Aliméntase fundamentalmente de insectos que captura en voo. Ave gregaria, habita en esteiros, marismas e gándaras. Atópase en Asia central e occidental, ao SL de Europa, e hiberna en África. En Galicia é moi pouco frecuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de periodizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Membro dunha familia da pequena nobreza da Beira Alta, no centro de Portugal, estivo activo no derradeiro cuarto do s XIII na corte de Afonso III, e probablemente tamén na de don. Denís. Apareceu no Livro de Linhagens do conde Pedro como fillo de Mem Gonçalves da Fonseca e hai referencias nun documento do mosteiro de Pendorada (1275) e da súa relación coa liñaxe dos Aboim e dos Portel. Consérvanse seis composicións da súa autoría, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: cinco cantigas de amor (con xogos de repetición nos versos anteriores ao refrán) e unha de escarnio (“Chegou Paio de maas artes”).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modificación da dotación cromosómica dunha célula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador e clérigo galego. Activo no segundo terzo do s XIII, pertenceu á familia do abade de Valladolid Gomes Garcia, valido de Sancho IV e tamén trobador. Nomeado capelán por Afonso X, asinou o seu testamento o 16 de Nadal de 1273. Aínda que nas súas composicións femininas inseriu o tema da partida do amado cara a Sevilla para servir o rei, non se sabe con certeza da participación do autor na toma da cidade. Precisamente vai ser este o tema central das súas composicións de amigo, onde sinala de forma cronolóxica os diferentes estados de ánimo de antes e despois da separación. O amado, farto do sufrimento pola muller, decidiu partir en “Conhosco-me meu amigo”; pola súa parte, a amada pide á nai reunirse por última vez en “Madre, pois amor ei migo” e “Se vos non pesar ende” ou a nai participa da dor da filla e esta láiase da marcha do amado en “Id’ é meu amigo d’aqui”. Nas cantigas de amor, onde emprega unha coidada retórica e algunhas innovacións estilísticas e temáticas, destacan “De...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Deuse a coñecer a través de obras inspiradas no folclore vasco. Compuxo danzas, poemas sinfónicos, marchas, zarzuelas e as óperas Medi-Mediyan (1910), Las golondrinas (1914) e La Llama, estreada postumamente (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do tellado que sobresae da parede e que serve para que a chuvia non escorra por ela.

    2. Parte sobresaínte dun lugar ou obxecto, especialmente dunha vasilla, bacía ou elemento semellante.

    3. Telladiño que teñen algunhas fiestras para protexelas da chuvia.

    4. Depósito de auga ou regato situado a carón dun pozo para uso cotián.

    5. Lumieira do forno.

    6. Fita de coiro cravada arredor do zoco.

    7. Marco dunha porta ou dunha xanela.

    8. Obra de fortificación interior e exterior situada diante de puntos estratéxicos (murallas, portas, pontes, prazas, vales, etc) para obrigar á escisión e á graduación das ofensivas inimigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO