"Dora" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: laminador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina automática deseñada para lavar a roupa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina ou ferramenta que se emprega no traballo dos metais para obter superficies planas cun grao de remate basto. A ferramenta de traballo consiste nunha uña dotada dun movemento alternativo horizontal, en sentido lonxitudinal. O arrincado do material prodúcese durante a carreira activa da ferramenta, mentres que a peza traballada ten o movemento de avance transversal. Segundo o tipo de transmisión do movemento ao carro portaferramentas, distínguense limadoras mecánicas e limadoras hidráulicas. Para pezas de grandes dimensións utilízase a limadora de ponte, na que a ferramenta fai o avance transversal, mentres que o desprazamento lonxitudinal é a cargo da táboa portapezas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas arbustivas, da familia das boraxináceas, que presenta follas alternas, flores de cor azul, lila ou branca e corola regular e froito formado por catro clusas. En Galicia son comúns as especies L. fruticosa (herba das sete sangrías) e L. prostrata (herba das doas).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina para lixar.
-
-
Caldeira para lixiviar.
-
Recipiente de grandes dimensións, revestido de material resistente aos ácidos ou ben de aceiro inoxidable e a miúdo cun sistema de calefacción con vapor, que se emprega para lixiviar a madeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina que se emprega para machucar pedras de 30 cm ou máis de diámetro, por medio da compresión. As primeiras constan dunha armadura de aceiro onde van montadas dúas mandíbulas, unha fixa e outra móbil, revestidas dunha aliaxe de aceiro extraduro. A mandíbula móbil mediante un movemento alternativo desintegra as pedras. Para producións elevadas empréganse as machucadoras xiratorias, formadas por unha carcasa troncocónica dentro da que se move outra peza, tamén troncocónica, cun movemento de precisión, que comprime as pedras contra a parede interior da carcasa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina que se emprega para mallar os cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mandola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina que se emprega para mandrilar metais. Está constituída por unha base, un montante, en que está o cabezal que acciona a broca, e unha táboa onde se fixa a peza a mecanizar. A broca ten un movemento de rotación, mentres que o movemento de avance é realizado pola táboa portapeza ou pola mesma broca. Para situar a peza en relación coa broca de mandrilar, desplázase a táboa nas mandriladoras de montante fixo, ou ben o montante nas mandriladoras de montante móbil. As mandriladoras múltiples fan diversas operacións ao mesmo tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina ou tren de máquinas que se emprega para mercerizar os tecidos ou fiados de algodón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo para mesturar diferentes ingredientes sólidos ou líquidos. Na tecnoloxía alimentaria necesítase un deseño específico para obter un produto homoxéneo, sen contaminantes ou sobre quentamentos debidos ao equipo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arma automática de tiro rápido e tenso. O calibre pode chegar ata os 20 mm, e a partir deste ata os 40 mm son considerados canóns automáticos. As primeiras metralladoras non eran automáticas, tiñan diversos canóns, xiratorios como nas metralladoras Gatling (EE UU 1862) ou fixos como nas Gardner e Nordenfelt, e eran accionados á man, con manivela ou panca. A. Maxim (1884) innovou o automatismo, que se conseguiu polo retroceso do tiro e cun só canón, refrixerado por auga. A partir dos modelos Colt, Browning e Hotchkiss, refrixerados por aire, o automatismo proveu dunha parte dos gases da pólvora. As metralladoras sempre utilizaron o mesmo cartucho que os fusís. Despois da Segunda Guerra Mundial impúxose a metralladora de 7’62 mm cun peso de 10 kg, máis o bípode ou o trípode e requería un equipo de dúas ou tres persoas para o seu manexo. A partir da década de 1980 as metralladoras clasificáronse en lixeiras (5’56 mm, 7 kg, manexables por unha persoa e que disparan series curtas, de 1.200 tiros...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave de tamaño similar ao tordo, que ten as ás e a cola longas. O macho é dunha característica cor amarela intensa coas ás e a cola negras, esta última cos vértices amarelos, e a femia e os xuvenís son de cor verde por riba, grisáceo e branco por abaixo e con ás e cola máis escuras. A alimentación é tanto vexetal como animal, e está composta por figos, cereixas e outras froitas, insectos, arácnidos, caracois ou vermes. Reprodúcese entre maio e xuño, fai o niño en forma de bolsa, pendurado dunha galla alta e pon entre 3 a 5 ovos. É unha especie politípica de ampla distribución paleártica e con tendencias termófilas e relativamente mediterráneas que aparece ligado ás carballeiras, hortas con froiteiras, ribeiras fluviais ou en parques de cidades. En Galicia é unha especie estival que aparece a finais de abril e maio e queda ata finais de agosto ou primeiros de setembro, repartíndose por todo o territorio agás a alta montaña e na banda cantábrica, onde pode aparecer unicamente preto dos ríos....
-
VER O DETALLE DO TERMO
niveladora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina de obras públicas que se utiliza para dar a forma definitiva a unha superficie dun terreo ou deixalo a punto, despois de compactalo, para recibir o pavimento. Son vehículos autopropulsados sobre pneumáticos, que están provistos dunha folla que mediante dispositivos hidráulicos pode ser desprazada de banda a banda do vehículo, pode subir e baixar, e ser orientada a calquera ángulo para arrancar a terra ou espallar os materiais soltos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina que serve para numerar correlativamente os exemplares dun modelo ou obra.
-
-
Que desprende olor.
-
Substancia que se engade a un medicamento para darlle ou modificar o seu olor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento cordófono da familia dos laúdes, de caixa plana e con seis cordas metálicas dobres que eran pulsadas cun plectro. Atribúeselle a súa invención a John Rose (1562).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe no grego Pandora ‘a que ten todos os dons’, de pan ‘todo’ e doron ‘don’.