"EGU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 415.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen valora sensorialmente o gusto, o olfacto, a cor e a textura dun alimento ou líquido, segundo uns modelos establecidos previamente.
-
-
Tomar unha pequena cantidade de comida ou bebida para xulgar a calidade organoléptica global en función duns modelos psicolóxicos e reais establecidos, con posibilidade de variación dun lugar a outro.
-
Comer ou beber algo lentamente e coa atención necesaria para percibir con deleite o seu sabor ou outras sensacións agradables.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Publicou, entre outras obras: Le monde de Thomas Mann (O mundo de Thomas Mann, 1962), Actes (Actos, 1966), Poèmes 1960-1970 (Poemas, 1973) e Tombeau de Du Bellay (A tumba de Du Bellay, 1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política xurdida da escisión do Partido Galeguista (PG), composta por X. García Vidal, X. L. Sánchez, D. Caramés, X. Filgueira Valverde, X. Sesto López e X. Martínez Tiscar, asinantes do manifesto que foi presentado no marco da IV Asamblea do PG, o 20 e 21 de abril de 1935, e que foi publicado en A Nosa Terra o 25 de maio de 1935. Os detonantes da escisión foron a entrada dos galeguistas na estrutura da esquerda democrática para conseguir máis votos, tralo fracaso electoral de 1933, e a loita polo liderado hexemónico do galeguismo. A escisión pontevedresa soamente foi seguida por un sector do grupo ourensán (V. Risco, X. Fernández Borrajo, X. A. Varela) e un pequeno grupo na Coruña, liderado por M. Banet Fontenla. O seu programa definiuse pola defensa acérrima do idioma galego, a defensa dos valores espirituais de Galicia, vinculada á defensa do espírito cristián, a idea da democracia política fronte a marxismo e fascismo, a defensa do cooperativismo fronte ao socialismo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desgaleguizar ou desgaleguizarse.
-
-
Facer perder a cultura e a lingua propias de Galicia substituíndoas por outras alleas.
-
Perder a cultura e lingua galegas.
-
-
-
Carencia de regulamentación.
-
Supresión sistemática de normas legais que impiden a liberdade de operacións e de condicións das entidades de crédito. Nun sistema desregulamentado, a supervisión permite o mantemento da solvencia institucional do sistema e a protección dos dereitos do consumidor. A desregulamentación aféctalles aos ámbitos estatal (prezos, privatización, normas) e internacional (comercio, capitais).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar o regulamento que rexe algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Díaz.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico brasileiro. Foi un membro destacado do Cinema Novo con Ganga Zumba (1962) e Os heredeiros (1969). Posteriormente, dirixiu Chuvas de verão (1978), Bye Bye Brasil (1980), Quilombo (1984) e Dias melhores virão (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Díaz.
-
Liñaxe que estableceu casas señoriais en Pentes, concello da Gudiña, e en Moldes, concello de Boborás. As súas armas traen, en campo de ouro, unha banda de azul, acompañada de dúas flores de lis, da mesma cor, unha no alto e outra no baixo.
-
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Licenciouse en Xurisprudencia pola Universidad de Madrid (1863). Formou parte do Partido Progresista e reconstituíu o partido en Verín (1865), polo que foi perseguido. Fuxiu a Portugal e permaneceu preso en Chaves e Lisboa. Logo do indulto de 1867, volveu ao seu labor político, e no Sexenio Revolucionario foi nomeado deputado por Xinzo de Limia (1869) e gobernador civil de Zamora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista galego. Licenciado en Ciencias da Información e en Filosofía e Letras, traballou no Archivo Histórico Provincial y Universitario de Valladolid. Foi colaborador de diversos xornais, entre os que destacan La Región, La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El Norte de Castilla e, entre outras, nas revistas Contrastes, Mundo Obrero e Folklores. Publicou Támega en Galicia (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crego. Cursou estudios nos seminarios menor e maior de Santiago de Compostela. Foi ordenado sacerdote o 13 de agosto de 1961. Ampliou os seus estudios eclesiásticos na Universidad Pontificia de Salamanca. Licenciouse en Ciencias Exactas pola Universidade de Santiago de Compostela. Principiou o seu labor apostólico como coadxutor na parroquia urbana de San Xosé da Coruña. Despois incorporouse ao profesorado do seminario menor de Santiago. Foi nomeado pro-vicario xeral da arquidiocese compostelá e, en 1983, cóengo da SAMI Catedral de Santiago. O 1 de setembro de 1984 foi nomeado bispo de Osma-Soria. O 14 de maio de 1987 publicouse a súa designación como bispo de Ourense, diocese da que tomou posesión solemne o 27 de xuño seguinte. O 7 de xuño de 1996 converteuse en bispo de Tui-Vigo. Tomou posesión da diocese na catedral de Tui, o 14 de xullo de 1996, e o 19 de xullo fixo a súa entrada na concatedral de Santa María de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Enxeñeiro técnico topográfico, fundou e foi secretario e voceiro da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG). Foi candidato do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) ao Parlamento español nas eleccións de 1977 e 1979, e deputado no primeiro Parlamento de Galicia polo Bloque Nacionalista Galego (BNG). Membro do consello directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), colaborador das revistas A Nosa Terra, Irmandade, Atenea, Mocidade ou Tempos Novos e de diversos medios de comunicación, a súa obra literaria caracterízase pola carga de denuncia social e política. Publicou os poemarios Albre de espranza (1966), Canciós pra un agromar branco e azul (1968), que se incorporou en parte ao repertorio do grupo Voces Ceibes, O ferro dos días (1982); as novelas A torre de Babel (1968), Galou Z-28 (Premio da Casa de Galicia de Bilbao, 1975), A canción do vagamundo (Premio Blanco Amor, 1986) e Henriqueta na galería (1997); os libros de relatos O tempo sen saída (1972),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano. Colaborou en diversas revistas e xornais, entre eles El Eco Franciscano. Publicou Oraciones indulgenciadas (...) (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Suspensión das hostilidades establecida entre Filipe III e as Provincias Unidas (1609-1621) no transcurso da guerra de Flandres. O acordo foi asinado en Anveres o 9 de abril de 1609 polos arquiduques Alberte e Isabel Clara Uxia, como representantes da monarquía española, que esixía o libre exercicio da relixión católica nos seus estados e a abstención do comercio coas Indias. Non obstante , as Provincias Unidas conseguiron a independencia de facto, diversas vantaxes comerciais e conservaron as conquistas feitas durante a guerra. A tregua finalizou o 9 de abril de 1621, coa chegada ao poder dos partidarios da non renovación da tregua nos Países Baixos, e o estalido da guerra dos Trinta Anos.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Formado na Escola de Bells Oficis de la Mancomunitat, pertenceu á Agrupació Courbet (1918-1919). Admirador de Cézanne, mantivo unha preocupación constante pola estrutura. Durante a súa estancia en París (1922-1927), achegouse ao cubismo e enriqueceu o colorido. Residiu en Bretaña (1927-1929), e entre 1929 e 1931 a súa pintura pasou por unha etapa espectral. Regresou a Barcelona (1931-1939) onde cultivou un realismo social que idealizaba o ocio dos obreiros. Despois da Guerra Civil, estivo un tempo na Arxentina e en 1951 estableceuse en São Paulo. Entre as súas obras destaca Homes a la taverna (Homes na taberna, 1920), coñecido tamén como Els Jugadors (Os xogadores). Foi colaborador gráfico de Almanac de La Revista, L’Amic de les Arts e Quaderns de Poesia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Administrativa. Funcionaria do Concello de Lalín e encargada do Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, entre outras actividades, traballou na organización de exposicións temporais, do Cocido das Artes, das bienais de pintura Pintor Laxeiro, incluído o certame escolar, e foi guía do mesmo. Dirixiu e coordinou a publicación dos catálogos das bienais Pintor Laxeiro e colaborou co Seminario de Estudios do Deza.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e industrial. Foi alcalde da Pobra do Caramiñal por Unión de Centro Democrático (1972-1977, 1979-1983) e por Coalición Progresista Galega (1983-1990). Ocupou tamén os cargos de deputado provincial pola Coruña, pola UCD (1979-1983) e por CPG (1983-1987); e de deputado do Parlamento galego, polo Partido Popular, na terceira lexislatura (1989-1993), na que formou parte, entre outras comisións, das de Obras Públicas, Sanidade, Política Social e Emprego.
VER O DETALLE DO TERMO