"EPA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 210.

  • Relativo ou pertencente ao estómago e o fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Grupo de Arquitectos y Técnicos Españoles para el Progreso de la Arquitectura Contemporánea.] Asociación creada en Zaragoza o 26 de outubro de 1930 nunha reunión convocada polo Grup d’Arquitectes i Técnics Catalans per el Progrés de l’Arquitectura Contemporània (GATCPAC), xunto con outros arquitectos de Madrid e Euskadi. O grupo vasco estaba composto por J. Labayen e J. M. Aizpurúa, e o de Madrid por F. García Mercadal, F. López Delgado, R. Aníbal Álvarez, S. Esteban de la Mora, M. Martínez Chumillas e V. Calvo. Foron a sección do CIRPAC e colaboraron na organización dos CIAM. Foron os representantes do racionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Acinonyx jubatus, Fam dos félidos]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mucopolisacárido natural presente en todos os vertebrados; nos mamíferos atópase, en maiores cantidades, no fígado, pulmón e intestino. Non existe heparina circulante en condicións normais. Formada por varias cadeas integradas pola combinación de dous azucres, D-glicosamina e ácido D-glucurónico, cun alto peso molecular e con forte carga negativa. Atribuénselle efectos de anticoagulante-antitrombina e antitrombótica. Actúa como cofactor da antitrombina III plasmática, anticoagulante natural con capacidade de neutralizar algúns dos factores activados da coagulación. Por manipulación química ou enzimática conséguese a heparina de baixo peso molecular ou heparina fraccionada, con baixa ou nula actividade antitrombina pero que conserva toda a actividade antitrombótica por ser inhibidora sobre o Factor X activado. A heparina fraccionada é moi utilizada en medicina, xa que a actividade antitrombótica se exerce máis precozmente e se reducen as complicacións de sangrado, características da heparina...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘fígado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor no fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inactividade ou insuficiencia hepática e autointoxicación que resulta dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escisión, total ou parcial, do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás hepaticais.

    2. Briófito da subclase das hepaticais.

    3. Subclase de hepáticas que presentan aparato vexetativo folioso ou taloide, células con numerosos cloroplastos, esporófito desprovisto de estomas, seta desenvolvida e carentes de columela. Comprende as ordes xungermanniais, esferocarpais e marchantiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás hepáticas.

    2. Briófito da clase das hepáticas.

    3. Clase de biófritos que presentan protonema moi reducido, laminar, a caliptra persistente ou evanescente sen columela pero con eláteres. Comprende as subclases hepaticais e antocerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao fígado.

      2. arteria hepática

        Unha das tres ramas do tronco celíaco que penetra no fígado e está destinada á irrigación desta víscera. Proporciona arterias colaterais, como a gastroduodenal, pilórica e cística, e dúas terminais, a hepática dereita e a hepática esquerda, que regan, respectivamente, as metades dereita e esquerda do fígado.

    1. Aplícase a quen padece do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado morboso debido a unha afección do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso inflamatorio que afecta ao fígado. A súa orixe pode ser vírica, debido a lesións hepáticas causadas por unha toxina ou danos hepáticos.

    2. Hepatite producida polo virus da hepatite A (VHA). Transmítese pola vía fecal-oral, por inxerir alimentos ou líquidos contaminados con mínimas cantidades de materia fecal e por contacto estreito entre as persoas.

    3. Hepatite producida polo virus da hepatite B (VHB). O virus atópase nos fluídos corporais, sangue, saliva, seme e outras secrecións, e transmítese por contacto directo con estes fluídos. É unha das hepatites máis graves, xa que pode desencadear cirrose ou cancro hepático.

    4. Hepatite producida polo virus da hepatite C (VHC). O virus atópase nos fluídos corporais e transmÍtese por contacto directo con estes fluídos. Ten un mecanismo de acción peculiar, por introdución do ARN mensaxeiro viral no ribosoma, feito que provoca que este deteña o seu normal funcionamento e que inicie a produción das proteínas virales.

    5. Hepatite producida polo virus da hepatite D (VHD). Trátase dun virus moi activo e co material xenético, ARN monocatenario, defectuoso. Para multiplicarse precisa que o hóspede estea infectado co virus da hepatite B, para utilizar o antíxeno de superficie do VHB, sintetizar a súa propia proteína externa e encapsular o seu material xenético. O VHD transmítese polo sangue e líquidos orgánicos, en forma similar ao VHB.

    6. Hepatite producida polo virus da hepatite E (VHE). É un virus que se transmite a través dos alimentos ou de auga contaminada por materia fecal de individuos infectados, pero a diferenza do VHA non se propaga por estreito contacto de persoa a persoa. A infección por VHE é máis común ca a infección por VHA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración que afecta un órgano, xeralmente os pulmóns, dunha maneira tal que este adopta un aspecto e unha consistencia parecida á do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao figado e aos condutos biliares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor primario do fígado, derivado dunha transformación anómala dos hepatócitos. Xeralmente é consecuencia dunha enfermidade hepática de longa duración, como unha hepatite crónica ou unha cirrose. É o máis frecuente dos tumores malignos do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hernia dunha porción do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula fundamental do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hepatosplenomegalia.

    VER O DETALLE DO TERMO