"ERGA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 101.

    1. Deixar ou poñer algo ou a alguén nun lugar inferior ao que lle corresponde ou sen as vantaxes das que goza o resto.

    2. Deixar algo para un momento posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de poesía convocado desde 2001 pola asociación cultural Ergueitos, de Sarria, en colaboración co concello da localidade luguesa. Estevo Creus, con Decrúa (2003), e Miguel Mato Fondo, con O whiskey na barrica (2004), foron algúns dos premiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na Académie Julien de París e residiu posteriormente en Venecia. De volta a EE UU, viviu en Boston e en Nova York e participou no grupo The Eight. Influído polo impresionismo traballou directamente as cores puras sobre a tea mediante a espátula. Destaca Central Park (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (1.973 h [2001]). As explotacións gandeiras dedícanse ao gando porcino e bovino. Desenvolvéronse os sectores industriais relacionados coas actividades primarias e algunhas pequenas industrias téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Šělomó ibn Verga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, creado en 1989. Está encargado de facilitar os servizos de prevención, asistencia e rehabilitación sanitario-sociais desde a dirección dos servizos sanitarios públicos, dependentes da comunidade autónoma. Asumiu a transferencia do INSALUD (1991) e asumiu a construción de novos centros de atención primaria e hospitais. Ten ao redor de 500 centros de atención primaria e hospitais propios en cada área sanitaria en que se divide o territorio galego e desenvolve tamén unha actividade docente e investigadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filamento ou fibra sintética de poliéster moi resistente, lanzado ao mercado baixo o nome comercial de Tergal, pola firma francesa Societé Rhodiaceta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado ao N da Cordilleira Cantábrica e regado polo río Teverga (2.111 h [2001]). A poboación está diseminada, e o núcleo do termo é La Plaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tira de madeira delgada e flexible.

    2. Lámina delgada e verde que serve para facer cestos.

    3. Atadura longa ou flexible feita de palla.

    4. vergallo.

    5. Cada unha das perchas, xeralmente cilíndricas, que serven para  envergar unha vela. As vergas fíxanse á parte central da proa dun pau ou dun mástil e poden xirar arredor del. Denomínase verga de cruz á que está disposta perpendicularmente no pau, de xeito que parece unha cruz, e na que se enverga unha vela cadrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Representante do verismo, nas súas obras reflectiu unha Sicilia primitiva. Publicou as novelas Storia di una capinera (1871), I Malavoglia (1881), Mastro don Gesualdo (1889) e Cavalleria rusticana (1884); as narracións Vita dei campi (1880) e Per le vie (1883); e o drama Dal tuo al mio (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá cunha verga.

    2. Fustrigada que se fai co vergallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ara delgada e flexible que se emprega para zorregar.

    2. Órgano sexual do animal macho.

    3. erga do touro que se utiliza para facer de látego unha vez que está seca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lanzar algo cun impulso forte.

    2. Talar unha árbore polo pé.

    3. Dobrar algo coma se fose unha verga.

    4. Arquearse unha cousa polo peso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Membro do colectivo Cravo Fondo, na súa obra poética inicial amosou un compromiso coa realidade social do momento, que logo derivou cara a composicións de carácter amoroso, existencial e intimista. Da súa primeira etapa destacan Pra vós (1971) e Encontro cos tiburós (1973). Desde Orfo de ti en terra adentro (1976) percíbese xa certo intimismo, que confirmou en Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Foi galardoado co Premio da Crítica Galicia (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Membro da Xeración do 36, entre as súas obras destacan Cantos de primavera (1933), Tiempo de dolor (1940), Continuación de la vida (1947), El descampado (1957), Memoria de la plata (1958), Prosas propicias (1976), e o estudo Introdución a la poesía española contemporanea (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espionaxe que realizou o Republican Party, nese momento no poder, ao Democratic Party, que tiña instaladas as súas oficinas no hotel Watergate de Washington, durante as eleccións presidenciais de 1972. Provocou un forte escándalo e no proceso de investigación destacaron as denuncias da prensa, especialmente as do Washington Post. Ante o perigo de impeachment, o presidente Nixon tivo que dimitir (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. ariedade lingüística especial que se emprega nun oficio, sobre todo nos tradicionais, como no dos canteiros, paraugueiros, cesteiros, etc, e que se utiliza para diferenciarse e afirmarse como grupo, así como para evitar ser comprendidos polos demais. Caracterízase por ter un léxico particular no que predominan as invencións, modificacións de sentido ou deformación de palabras usuais, aínda que mantén o sistema fonolóxico e morfosintáctico da lingua común. Transmitida por vía oral, o seu período máis fecundo tivo lugar na segunda metade do s XIX e na primeira do s XX. Nas últimas décadas o descenso do número de persoas que desenvolven estes oficios tradicionais e o descoñecemento das súas xergas polos máis novos produciron unha importante decadencia no seu emprego. No galego identifícanse varias xergas profesionais, que tamén reciben as denominacións de verbo, verba ou latín. Entre elas están o barallete, a xerga dos afiadores, dos paraugueiros, dos xabarreadores, dos viveleiros, dos xingreiros...

      2. ariedade lingüística especial, con carácter diferencialista e críptico, que adoitan empregar grupos relacionados polo sexo, a idade, o nivel cultural ou a clase social.

      3. Linguaxe técnica específica que empregan diversas profesións ou ciencias, como a medicina, a informática, as matemáticas, etc, que se caracteriza principalmente polo emprego de tecnicismos e neoloxismos.

    1. Lingua complicada e difícil de entender.

    VER O DETALLE DO TERMO