"ERS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PERSOEIRO

    Astrónomo norteamericano. Exerceu no observatorio de Lick (1888), en Mount Hamilton, California, e no de Yerkes (1905), en Williams Bay. No 1892 descubriu Amaltea, o quinto satélite de Xúpiter. Publicou o primeiro catálogo e atlas das nebulosas escuras. Descubriu 16 cometas, 22 nebulosas e unha estrela que leva o seu nome (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cociñeiro. Fundador do primeiro gran restaurante de París entre 1782 e 1786 chamada   Gran Taberna de Londres. É autor do tratado de gastronomía L’art du cuisinier (A arte do cociñeiro, 1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gerald Hugh Tyrwhitt-Wilson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador. Xunto con Robert Cailliau está considerado como un dos creadores do concepto World Wide Web. No ano 1989, ambos deseñaron no Laboratorio Europeo para a Física das Partículas (CERN) un sistema de enlaces entre documentos baseado en conexións hipertextuais. Con este sistema premendo nun determinado fragmento de texto dentro dun documento o ordenador amosaba automaticamente un documento vinculado a el, podendo desde o novo acceder a outros polo mesmo método. En 1990 creou o primeiro navegador e editor de páxinas web.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado italiano da infantería lixeira. O corpo dos bersaglieri foi creado en 1836 polo capitán Alessandro Ferro della Marmora como un corpo especialmente escollido de tiradores. Durante a Segunda Guerra Mundial participaron en todas as frontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa da parroquia de Laxes (Baralla). De estilo románico, da segunda metade do s XII, responde ao tipo de nave única e ábsida semicircular, ambos con cuberta de madeira. O arco triunfal é de medio punto. Emprega cachotería pero para as partes máis importantes utiliza a cantería. Destaca o repertorio iconográfico e decorativo que se reparte por capiteis, bases e portadas, atribuído ao mestre Pelaxio. No tímpano da portada principal destaca o Agnus Dei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi director literario da Gaceta Piamontesa. É autor de obras de diversa inspiración romántica. Destaca a súa comedia en dialecto piemontés Le miserie d’monsù Travet (1863). Outras obras súas son: Galatea, ricordi storici (Galatea, recordos históricos, 1880) e Il cane del cieco (O can do cego, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. É autor dun Repertorium morale (Repertorio moral, 1340), en trinta e catro libros, modelo de enciclopedia medieval. Tamén editou a Indutorium morale biblicum (Introdución moral da Biblia, 1520). Traduciu as Décadas de Tito Livio ao francés (1352-1356).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Hérault, Francia, no Languedoc-Rosellón (70.996 h [1990]). Foi conquistada polos romanos no 120 a C e dende o 450 pertenceu aos visigodos ata que pasou a poder árabe no 719. Pipino o Breve tomouna de novo entre o 752 e o 759 e foi destruída en 1209 polos cruzados de Simón de Montfort. No 1247 foi cedida ao Rei Luís IX, incorporándose á coroa. Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa de Saint Nazaire, antiga catedral (ss XII-XIV) e a ponte Vella (s XIII) sobre o río Orb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca universitaria que tivo a súa orixe na primitiva librería da Universidade creada na metade do século XVI e situada no Colexio fundado polo arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca III. A súa colección histórica foi resultado da adquisición de fondos e de sucesivas doazóns. No ano 1571 mercóuselle ao cabido da catedral da cidade a biblioteca do bispo Carmona e, con posterioridade, chegaron sucesivas doazóns de destacados benefactores como Filipe de Castro ou Manuel Ventura Figueroa, xunto ás compras das bibliotecas particulares de Fernando de Paula Cousiño, que contiña cartas e papeis eruditos do Padre Sarmiento, ou Xacobe de Parga e Puga. Tamén son valiosas as contribucións bibliográficas recibidas por mor da expulsión dos xesuítas no s XVIII e da desamortización do s XIX, que significou a incorporación das librerías dos mosteiros de Galicia, das que sen dúbida a máis importante é a do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, de onde procede o Libro das Horas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación que, por medios biolóxicos, converte unha forma determinada de enerxía noutra diferente. Por exemplo, o proceso de fotosíntese que transforma a enerxía electromagnética procedente do Sol en enerxía química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida da diversidade da vida sobre a terra a distintos niveis, dende a diversidade xenética ata a de especies ou grupos tróficos no ecosistema. O termo apareceu por vez primeira no ano 1982 como unha palabra que engloba a ampla variedade de formas viventes. Resulta sumamente difícil estimar a biodiversidade global, tanto a nivel molecular (tense estudado menos dun 1%) como a nivel específico (menos do 10 %). Da biodiversidade xenética depende a capacidade de supervivencia dos seres vivos ante as flutuacións nas condicións ambientais, na predación e na competencia polos recursos. A diversidade xenética maximiza a probabilidade dunha especie de soportar cambios ambientais e a súa diminución; como consecuencia da redución da poboación, aumenta o risco de extinción da especie. En canto á biodiversidade específica, téñense descrito ata o de agora máis de 1,7 millóns de organismos dos que máis de 1,1 corresponde soamente aos insectos. Estímase, sen embargo, que a cifra real destes grupos de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Foi mellor marca mundial de velocidade, valos, testemuño, salto de altura e lonxitude. Nos Xogos Olímpicos de Londres (1948) gañou catro medallas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Bos Aires no ano 1910 para dar conta das novas que relacionaban a comunidade de emigrantes galegos nesa capital coa instauración da Biblioteca América na Universidade de Santiago de Compostela. Esta Biblioteca estaba subvencionada pola comunidade de emigrantes en Bos Aires. Neste boletín ía aparecendo a relación de colaboradores e benefactores entre os que figuraban importantes personalidades da época como o Sr. Busto, Juan G. Molina, Francisco R. Lazcano, Juan Montero Romalde, etc. Esta publicación, de periodicidade irregular, daba conta das noticias máis destacadas relacionadas coa Biblioteca, como a organización duns Xogos Florais en Montevideo no ano 1924 a beneficio da Biblioteca América. Aparecían nela diferentes artigos en galego, así como composicións poéticas en galego e en castelán. O contido das páxinas deste boletín estaba dividido en diferentes seccións, “Adhesiones”, “Dedicatorias”, “Bibliografía”, “Comentarios de la prensa”, “Sección numismática”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual que apareceu en Santiago o 1 de xaneiro de 1929. Saía durante o curso académico. Unha das súas seccións dedicábase a traballos doutrinais e outra a información relacionada coa vida universitaria. En 1933 (números 17-18) publicáronse dous tomos en honor do profesor Rodríguez Cadarso. Pódense atopar artigos, traballos e teses de doutoramento en portugués, galego, italiano, etc. Nalgúns números apareceron informacións sobre as últimas publicacións da Universidade de Santiago. No ano 1941 saíron números monográficos das diferentes facultades, Farmacia-Ciencias, Medicina, Dereito, Historia, etc. Neste boletín están publicadas as teses de doutoramento de importantes investigadores das letras como a de Xosé Filgueira Valverde “La Cantiga CIII: Noción del Tiempo y Gozo Eterno en la Narrativa Medieval” (ano 1936 número de xaneiro-marzo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín aparecido arredor do ano 1967, que desapareceu en 1968. Foi unha publicación bilingüe de carácter sindicalista e reivindicativo. Na primeira páxina facía un balance da historia sindical da universidade, baseada segundo o propio boletín na discusión e no debate das diversas posturas, e a promoción das primeiras asembleas libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema empregado no estudo de máximos e mínimos. Afirma que para unha función y(x) continua no intervalo pechado [a,b] da recta, hai un valor que é máximo absoluto e outro que é mínimo absoluto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema referido á existencia de series de funcións. Afirma que todo conxunto real pechado, cun número infinito de puntos, ten como mínimo un punto de acumulación; isto é, que se pode extraer unha sucesión de puntos converxente.

    VER O DETALLE DO TERMO