"Ende" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 379.

  • PERSOEIRO

    Raíña de Asturias, Galicia e León, filla de Hermenexildo Gutiérrez, conde de Tui e Porto. Casou con Ordoño II ao redor do 895, enlace que reforzou a presenza da nobreza galega nas tarefas de goberno dentro das institucións reais. Influíu na concesión de privilexios para a fundación e dotación de mosteiros e tamén para as institucións eclesiásticas galegas, como as de Santiago de Compostela, Lugo e Mondoñedo. Xunto co seu esposo confirmou os bens de San Martiño Pinario, San Pedro de Montes e San Pedro de Triacastela. Foi nai dos monarcas Afonso IV, Ramiro II e Sancho Ordóñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten decisión, iniciativa e resolución para emprender e levar a termo unha empresa ou propósito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comezar a facer con decisión unha acción, obra ou actividade que pode comportar esforzo ou dificultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo comece a arder, comunicar lume ou provocar combustión.

    2. Comezar a arder ou acenderse un lume.

    3. Facer que unha persoa actúe con violencia ou provocar nela fortes e incontrolables desexos.

    4. Facerse máis violento.

    5. Causar ardor.

    6. Poñerse rubio, dunha cor distinta na cara.

      1. Facer que se poña incandescente o filamento dunha bombilla ao facer pasar unha descarga eléctrica nun fluorescente co fin de producir luz, pechando, por medio dun interruptor, o circuíto de alimentación.

      2. Facer que unha cousa comece a funcionar, accionando un mecanismo (un motor, unha máquina, un aparello electrónico, etc).

      3. Botar luz algo ou pórse en funcionamento.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que realiza unha encomenda.

    2. Beneficiario dunha encomenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua que pertence á familia lingüística malaio-polinesia do phylum austronesio, que se fala en Indonesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Menos mal, por sorte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Por mala sorte, por desgracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Estudiou na Escola de Teatro de Cámara de Múnic e foi actor profesional e crítico de cine. A súa obra insírese principalmente no xénero fantástico e imaxinativo, e na literatura infantil. Destacou con novelas como Jim Knopf und Lukas der Lokomotivfürer (Jim Boton e Lucas o maquinista, 1960), Momo (1973), Die unendliche Geschichte (A historia interminable, 1979), Der Spiegel im Spiegel (O espello no espello, 1984)   e Der lange Weg nach Santa Cruz (O longo camiño a Santa Cruz, 1992). En Galicia realizáronse dous espectáculos a partir de textos narrativos seus. O primeiro, con versión e dirección de Celso Parada, tomou como pretexto a novela Momo e foi estreado polo Grupo Estable do Instituto María Soliño de Cangas en 1984; o segundo, O ponche dos desexos, foi producido por Kalandraka Teatro en 1992, con dirección de Emilio Goyanes e partiu de diversos textos, entre eles da novela homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quinta lanzadeira norteamericana, empregada pola NASA para substituír o Challenger. Realizou o seu primeiro voo o 7 de maio de 1992 e durante este puido recuperar un satélite de comunicacións que estaba á deriva, o INTELSAT VI. Tecnicamente, defínese como Vehículo Orbital-105 (OV-105). Pesa en baleiro 68.585 kg e 78.017 kg cos motores principais instalados. A súa estrutura mide 37 m de lonxitude por 24 m de ancho. Con respecto a outros transbordadores, incorpora un novo hardware deseñado para mellorar as súas capacidades, un paracaídas de 40 m de diámetro e as conexións eléctricas precisas para a EDO (Extended Duration Orbiter), que permite realizar misións de ata 28 días. Ademais, inclúe ordenadores de propósito xeral avanzado, melloras nas unidades inerciais de medida e nos sistemas de navegación aérea táctica, e avances nos controladores de sucesos. Na primeira viaxe saíron da nave tres astronautas simultaneamente, P. Thuot, R. Hieb e T. Akers, que realizaron o paseo espacial máis longo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de endebedar ou endebedarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer contraer débedas a alguén.

    2. Contraer débedas cunha persoa física ou xurídica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aniñarse a galiña para poñer o ovo.

    2. Encollerse, dobrar o corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ovo que non se quita do niño para que a galiña siga poñendo alí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Corcubión. As súas armas levan en campo de goles, un endego. A esta caste tamén pertencen os Andego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e decorador. O estudo fotográfico Elvira de Múnic (1896-1898), que non se conserva, considerouse unha das pezas principais do modernismo en Alemaña. Entre outras obras destacan o Sanatorio Föhr (1901) e o Bundestheater de Berlín (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera enfermidade que afecta con carácter permanente ou repetitivo a unha determinada zona xeográfica. As endemias, xeralmente infecciosas, teñen por focos unhas condicións ambientais que favorecen a conservación da enfermidade. Un exemplo deste tipo é a malaria, que afecta a rexións pantanosas. Outro tipo de endemias, as discrásicas, débense principalmente a hábitos alimentarios que levan a estados de carencia nutricional, como é o caso do bocio. En determinadas condicións, as endemias infecciosas pódense converter en epidemias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á endemia.

    2. Aplícase á especie ou a outro taxon que teñen unha orixe e área de distribución restrinxidas ou limitadas a unha localidade ou rexión específicas.

    3. Aplícase aos acontecementos ou feitos que se repiten dun xeito frecuente nunha zona determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de endémico.

    2. Taxon de área territorial significativamente inferior á área media dos taxons do seu mesmo rango. Os endemismos orixínanse, as máis das veces, polo illamento xenético dunhas determinadas poboacións.

    VER O DETALLE DO TERMO