"Erva" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 153.

  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘coñecer’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, tamén presente no latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘comprender’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr galego. Non se teñen datos documentais sobre el, pero, a xulgar pola súa colocación nos cancioneiros e por elementos internos da súa obra, debeu estar activo a mediados ou no terceiro cuarto do s XIII. Posiblemente visitou tamén a corte de Afonso X. O topos “san Servando”, repetido nas súas cantigas de amigo, talvez faga referencia á capela de San Servando de Pazos, situada na parroquia de Barxés (Muíños) ou en Becerreá. Consérvanse 23 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, que se caracterizan pola variedade de estruturas estróficas e de rima: 17 cantigas de amigo (6 de romaría), 2 cantigas de amor e 4 escarnios sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio da Universidade de Berkeley (California), situado en Mount Hamilton, a 1.238 m de altura. Inicialmente dispuxo dun telescopio refractor de 36 pulgadas, financiado por J. Lick, en 1895 construíuse outro reflector, das mesmas dimensións e, en 1959, instalouse o terceiro de 120 pulgadas, tamén reflector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e erudito, abade de Ferrières (840). Coñecido como Lopo de Ferrières, encargouse de diversas misións diplomáticas para Carlos o Calvo. No terreo teolóxico, escribiu o Liber de tribus quaestionibus (editado en 1648), importante contribución á defensa do agostiñismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico situado preto de París. Foi fundado en 1876 como unha sección do observatorio de París especializada en astrofísica. Os seus campos de traballo son a detección de cometas e a observación dos planetas e do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Dominicano e doutor en Teoloxía, secularizouse en 1802 e foi un independentista mexicano. Foi autor de Cartas de un americano al español (1811-1812) e Historia de la revolución de Nueva España (1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón literario anual instituído en 1974 coa intención de premiar unha obra literaria completa que contribuíra ao patrimonio cultural hispánico. A Real Academia Española de la Lengua, as academias doutros países de fala hispana e os premiados en anos anteriores encárganse da presentación dos candidatos. O xurado, presidido polo ministro de Cultura e Educación, outorga o premio nun acto solemne que se celebra o día 23 de abril e que ten unha dotación económica de 90.000 euros. Dos galardoados cómpre destacar a Jorge Guillén (1976), Dámaso Alonso (1978), Jorge Luis Borges e Gerardo Diego (1979), Rafael Alberti (1983), Gonzalo Torrente Ballester (1985), Camilo José Cela (1995), Francisco Umbral (2000) e Gonzalo Rojas (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina de pequenas dimensións que se usa para imprimir. De presión plana, consta de catro partes principais: armazón, mecanismo de tintura, platina e tímpano.

    2. Colar ortopédico que ten como finalidade manter inmóbil o pescozo pola presenza de lesións localizadas nestas zonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa romana da sabedoría, da intelixencia, das artes, das ciencias e dos dons da civilización en xeral. A súa figura entrou probablemente a través dos etruscos e identificouse coa grega Atenea. Forma parte da tríade capitolina xunto a Xúpiter e Xuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista escolar publicada en Santiago de Compostela a partir do 25 de outubro de 1889. Cesou o 25 de xaneiro de 1890. Baixo o subtítulo “Revista escolar compostelana”, saíu os días 5, 15 e 25 de cada mes. Ademais dos artigos relacionados coa educación incluíu poesías en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección do programa comunitario SÓCRATES de ensino en liña e de ensino a distancia, que está destinado a extraer o máximo rendemento educativo ás novas tecnoloxías da educación e da información. O seu obxectivo prioritario é dar novas oportunidades de aprendizaxe, baseadas na innovación pedagóxica que as ICT (Information and Comunication Technologies) facilitan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio organizado polo colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela (antigo Colexio Minerva) desde 1963, destinado a todos os estudantes de Ensino Medio de Galicia. Contou no seu xurado con personalidades como Carballo Calero, Filgueira Valverde ou Álvaro Cunqueiro, e entre os seus premiados estiveron Fernando Ónega, Darío Xohán Cabana e Lois Diéguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Minerva.

    2. Certame literario promovido pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1536, como homenaxe ao seu fundador, Alonso de Fonseca. Convertéronse nunha referencia literaria e lingüística moi importante pois, malia que a maior parte dos autores que participaron nos certames enviaron as súas composicións en castelán e latín, houbo algúns que excepcionalmente compuxeron as súas obras en lingua galega. Dos certames anuais apenas quedan máis noticias ca as correspondentes á súa convocatoria. A única excepción constitúena as celebradas en 1697, ás que se presentaron máis de 100 autores, e das que se conserva unha recompilación incluída nun volume titulado Fiestas Minervales y Aclamación perpetua de las Musas à la inmortal memoria de el Ilustrissimo y Excelentissimo Señor D. Alonso de Fonseca, que se converteu na mellor representación da poesía barroca en Galicia. Coñécense ata un total de nove romances en lingua galega de especial interese lexicográfico para o estudo da lingua da época e cunha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carballeira declarada Reserva da Biosfera o 9 de novembro de 2000, e Reserva Natural Integral desde 2002. Está situada nos concellos de Cangas de Narcea e Ibias, no Principado de Asturias, e ocupa unha superficie aproximada de 5.643 ha. A vexetación, un dos seus principais atractivos, está constituída principalmente por carballo albar (Quercus petraea), acompañado en menor medida de bidueiro (Betula alba), faia (Fagus sylvatica), acivro (Ilex aguifolium) e teixo (Taxus baccata); tamén abundan os liques, dos que hai máis de mil especies. Respecto á fauna, pódense localizar especies ameazadas como a pita do monte (tetrao urogallus), o oso pardo (Ursus arctos) e o lobo (Canis lupus), xunto a outras especies máis abundantes como o xabaril (Sus scrofa), o raposo (Vulpes vulpes), o gato do monte (Felix silvestris), a marta (Martes martes), a londra (Lutra lutra) ou o peto mediano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado na cabeceira do río Tinto (6.075 h [2001]). Economicamente conta co importante centro mineiro de Riotinto, con xacementos de pirita, cobre e manganeso; ademais de industria metalúrxica e alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (96-98). Membro da aristocracia senatorial, foi cónsul entre o 71 e o 90. Xa septuaxenario, sucedeu a Domiciano e tentou substituír o goberno militar e ditatorial por un principado aristocrático. Non puido evitar o pacto e o compromiso co elemento militar, afecto á memoria de Domiciano. Conseguiu consolidar a súa posición e deixar a Traxano, o seu herdeiro, nunha boa situación política.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto e disposición dos nervios dunha folla.

    2. Conxunto de nervios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten nervios.

    2. Aplícase ao insecto cos nervios das ás prominentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. nervación.

    2. Moldura saínte nas volutas oxivais ou nunha bóveda.

    3. Reforzo, xeralmente en forma de cordón, que se coloca en certas pezas, especialmente de fundición, para asegurar a transmisión das forzas ás outras pezas e evitar a deformación ou as fendeduras por efecto de forzas secundarias. As nervaduras aumentan a resistencia e a rixidez da peza sen incrementar moito a sección nin o peso.

    4. Conxunto e disposición dos nervios das ás dos insectos. Non é invariable, presenta características particulares para cada familia ou grupo, e os seus detalles teñen un valor sistemático.

    VER O DETALLE DO TERMO