"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación cristiá do conxunto dos libros da Biblia escritos antes do nacemento de Cristo. Baixo esta denominación, os cristiáns católicos e ortodoxos agrupan 46 libros nos que fan constar os 7 que foron excluídos do canon hebreo, establecido ao remate do s I d C; mentres que os fieis da Igrexa Reformada (protestantes) agrupan 39, seguindo a distribución xudía. Os xudeus distribúen estes 39 libros, os únicos da súa Biblia en tres grupos: a Lei (Toráh), Profetas (Nebiim) e Escritos (Ketubim). Católicos e ortodoxos clasifican os 46 libros do seu Antigo Testamento en catro grupos, segundo os xéneros literarios empregados neles: Pentateuco, Históricos, Sapienciais e Proféticos.
-
PERSOEIRO
Militar. Teórico e ideólogo da Revolución dos Caraveis (1974) que se alzou contra a ditadura militar na procura dun réxime democrático en Portugal. Evitou unha guerra civil durante o denominado “verán quente” (1975) ao redactar e promover o Documento dos Nove, manifesto que defendía o réxime democrático e o programa do Movimento das Forças Armadas (MFA), máis coñecido co nome de Movimento dos Capitaẽs Avril. Foi membro do Consello da Revolución, ministro sen carteira nos primeiros gobernos revolucionarios e titular de Asuntos Exteriores (1975-1976), en sucesión de Mário Soares, e subdirector xeral da Unesco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego anual editada en Vigo dende 1992 pola editorial Galaxia, e especializada na investigación da literatura galega. Dirixida por Xoán González-Millán dende Nova York e por Dolores Vilavedra dende Galicia, contaba coa colaboración de Ramiro Fonte, Xosé R. Pena, Damián Villalaín, Manuel Vieites e Helena González, entre outros. Incluía as seccións: “Estudios”, “Comunicacións”, “Panorámicas”, “Compendio bibliográfico anual” e “Libros”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Perda de sentido vibratorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
frei (A Gudiña 1502 - ?) Emigrou a México en 1533, onde introduciu os primeiros vehículos rodados de América. Ingresou posteriormente na orde franciscana. Foi beatificado no ano 1600.
-
-
Contaxiado da peste, e por extensión de calquera outra enfermidade.
-
Impregnado dun cheiro desagradable.
-
Que foi rexeitado dun grupo ou actividade por menosprezo.
-
-
-
Transmitir a peste ou outra enfermidade contaxiosa.
-
Emanar ou encher de mal olor.
-
Introducir unha cantidade excesiva de cousas nun espazo ou lugar determinado.
-
Importunar a alguén insistindo nunha cousa determinada.
-
Cheirar mal algunha cousa.
-
Causar fastío.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba que serve para avaliar o estado físico do recén nacido xa no primeiro minuto de vida. Dáse unha puntuación determinada en cada un dos parámetros seguintes: frecuencia cardíaca, respiración, ton muscular, resposta aos estímulos e cor da pel. Foi ideada pola anestesióloga americana Virxinia Apgar (1909-1974).
-
-
Preparar ou dispor algo para un fin determinado.
-
Dispoñerse alguén para facer algo.
-
Dar apresto a un produto téxtil.
-
-
-
Recubrimento que se aplica á superficie das peles curtidas para darlles as propiedades desexadas de aspecto e tacto, ou para protexelas dos axentes externos, tales como a auga ou o rozamento. Os aprestos máis frecuentes están preparados con proteínas, goma, laca, nitrocelulosa, resinas acrílicas e ceras. A súa aplicación faise con aerógrafo, pero tamén se utilizan felpas, cepillos accionados a man ou mecanicamente e outros dispositivos.
-
Tratamento que recibe o papel no mesmo proceso de fabricación para modificar a súa superficie reducindo a súa porosidade e mellorando a súa aparencia, unha vez saído dos secadores.
-
-
Cada un dos procesos, de acción eminentemente química, a que son sometidos os produtos téxtiles (fíos, tecidos, etc) para facilitar a súa posterior elaboración, ou para darlle o aspecto, tacto ou outras propiedades que faciliten a súa venda ou o uso final. O tipo e a forma de aplicación dos aprestos varían segundo a clase de fibra, o seu estado (fíos en forma de urdime, madeixa ou bobina, tecidos, etc) e o efecto que se queira obter (carga, rozamento, suavidade, impermeabilización, etc). Os aprestos poden consistir na simple adición de substancias químicas ou nunha modificación química do material téxtil. Os efectos obtidos poden ser permanentes ou non. As substancias máis importantes que se aplican son: a) féculas, dextrinas, colas e mucílagos, para dar rixidez; b) aceites e ceras para dar suavidade; c) sulfato de bario, caolín ou talco, para darlle textura ao tecido; d) substancias higroscópicas, como o glicerol que aumentan a humidade e, polo tanto, o peso do tecido; e e) funxicidas...
-
Composto dunha ou máis substancias, empregado para dar apresto a peles, tecidos, papeis, etc.
-
apresto antiencollemento
Tratamento ao que son sometidos algúns tecidos para darlles a propiedade de non encoller, consistente en anular e reducir o seu encollemento en contacto coa auga.
-
apresto antiengurramento
Tratamento ao que son sometidos os tecidos, xeralmente de tipo celulósico e a la, para facelos inengurrables.
-
apresto antiescorregante TÉXT
Tratamento ao que son sometidos algúns tecidos para evitar que os fíos esvaren uns sobre outros.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista militar aparecida en marzo de 1960 de periodicidade irregular que cesou no número tres nese mesmo ano. Subtitulada “Revista de la Hermandad de Alféreces Provisionales de Orense”, aparecían como redactores: Emilio Nogueira, Celestino A. Minguela, Luciano Cárcamo e Luís de Ulloa. Contiña información militar, asesoría xurídica, poesía, propaganda sobre o Réxime, e unha sección fixa chamada “Página del humor”. Despois desta etapa, pasou a titularse Oro y negro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estipulación establecida por Caio Aquilio Galo segundo a cal as partes contratantes realizaban un anovamento (anovatio) que substituía, por medio dunha obrigación verbal, tanto as relacións obrigatorias existentes entre as partes como calquera outra relación que estas se propuxeran alterar.
-
-
Dignidade ou cargo de arcipreste.
-
Territorio situado baixo a xurisdición eclesiástica dun arcipreste.
-
Conxunto territorial que agrupa a varias parroquias baixo a figura do arcipreste. De orixe incerta, xa nos concilios de Braga (561) e de Mérida (666) aparecen referencias ao cargo de arcipreste. Ata 1851 foi unha circunscrición intermedia entre o arcediagado e a parroquia. Naceu co obxectivo de axudar os bispos, principalmente nas funcións litúrxicas. Ao incrementarse a complexidade da administración eclesiástica, aumentou o número dos arciprestados, e con el as diferencias entre urbanos e rurais. As demarcacións adaptáronse ás estruturas administrativas e sociais. Na Idade Media, os arciprestes son denominados en moitas ocasións co nome de “deán” (decanus) xa que, polo xeral, cada un deles acostumaba a presidir un número de dez presbíteros. O Concordato de 1851 fixo desaparecer o cargo de arcediago, pasando os arciprestes a ocupar un papel máis relevante nas relacións entre os cabidos e as parroquias. O Concilio Vaticano II asignoulle funcións máis espirituais que administrativas....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao arcipreste.
-
-
Presbítero que exerce, por delegación do bispo, certa xurisdición sobre outros presbíteros dun territorio ou arciprestado.
-
Título dunha dignidade dos cabidos das catedrais ou colexiatas, a miúdo unida ao coidado de ánimas.
-
Sacerdote dunha catedral, o máis vello polo xeral, que antigamente exercía as funcións do actual vicario xeral.
-
Cardeal que preside e goberna os clérigos dunha das basílicas patriarcais de San Xoán, San Pedro e Santa María a Maior de Roma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Ruiz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alfonso Martínez de Toledo.
-
-
-
Apéndice recto e filiforme que presentan certas estruturas vexetais como follas, flores e especialmente as glumas das gramíneas.
-
Palla pequena que se desprende da estriga do liño ou cánabo logo de espadelar.
-
Bordo libre das láminas dun cogomelo.
-
-
-
Liña recta formada pola intersección de dous planos que forman un ángulo diedro.
-
Segmento de recta formado pola intersección de dúas caras contiguas dunha superficie poliédrica.
-
-
Parte que sobresae en calquera corpo de formas angulosas e afiadas.
-
Parte moi pequena de calquera cousa.
-
Persoa moi delgada.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provisto de arestas, como as glumas e glumelas de moitas gramíneas.
-
PERSOEIRO
Escritor vasco, auténtico innovador da poesía éuscara. Maldan Behera (Costa abaixo, 1960) está considerada como a súa obra mestra. Tamén tentou innovar no teatro conxugando vangarda con carácter popular. Destaca o seu libro Eta gure heriotzeko orduan (E na hora da nosa morte, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO