"Gard" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 88.

      1. Acción de salvagardar.

      2. Persoa ou cousa que serve para garantir a protección dos dereitos.

      3. Aquilo que serve como protección ou garantía fronte a un perigo ou ameaza.

      4. Protección que se dispensa a certos establecementos para poñelos á marxe da guerra, como hospitais, comunidades relixiosas, bibliotecas, arquivos, museos ou obras de arte.

    1. Escudo ou sinal que en tempos de guerra se poñía á entrada das poboacións ou na porta das casas para protexelas contra a violencia dos soldados.

    2. Documento ou sinal que se lle daba a alguén en tempos de guerra para que non fose detido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Defender ou protexer a vida, os dereitos ou os bens de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodato de Zachodniopomorskie, Polonia, situada ao S de Szczecin (70.000 h [1989]). Ten industria química e de materiais de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Destacamento dunha unidade que a precede na marcha como medio de seguridade.

    2. Movemento cultural ou artístico que ten unha tendencia novidosa e avanzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Or­ganización política arredista liderada por Álvaro de Las Casas. Deuse a coñecer oficialmente o 25 de xullo de 1933 coa publicación do seu voceiro Mais! A súa ideoloxía coincidía case totalmente coa do Partido Galeguista, agás na súa defensa da se­­paración de España. Non tiña un programa concreto nin unha estrutura organizativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico co que se coñece un conxunto de correntes estéticas que evidencian a crise das artes no mundo occidental a comezos do s XX. Os primeiros sinais da crise localízanse nos artistas do impresionismo e do simbolismo. Os aspectos máis notables desta crise foron: o rexeitamento dos esquemas culturais elaborados pola burguesía na Belle Époque; o intento de destrución da arte no sentido tradicional; a procura de novas formas expresivas; a asimilación de culturas afastadas; o inconformismo social; a incorporación das novas formas da sociedade industrial á creación artística e o uso de métodos de traballo freudianos. Os movementos de vangarda, iniciados cara ao ano 1905, acadaron a máxima violencia entre os anos 1916 e 1925, e entraron en crise cara á década de 1930, polo menos como fenómenos dominantes. Xa na década de 1960 se produciu un novo movemento de destrución e de experimentación artística relacionable co modern style e con certas formas da cultura pop (carteis,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao vangardismo ou á vangarda.

    2. Partidario do vangardismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei sasánida de Persia (632-651), neto de Cosroes II. Acadou o trono de neno e inmediatamente se iniciou a invasión árabe. O seus exércitos foron derrotados en Nehavend (642) e foi asasinado en Merv (actual Mary, Turkmenistán).

    VER O DETALLE DO TERMO