"ICE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 774.
-
-
Punto de intersección das medianas dun triángulo.
-
Centro de gravidade.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e xornalista inglés, fillo de lord Revelstoke. Estudiou en Eton e no Trinity College. Ingresou no corpo diplomático (1898). Escribiu poesía, novela, ensaio e crítica. Foi un narrador sensible e suxerinte a través de episodios sinxelos. Entre as súas obras como novelista destacan: Passign by (Aves de paso, 1921), Daphne adeane (1926), Comfortless memory (Recordos inquedantes, 1928) e The lonely lady of Dulwich (A solitaria señora de Dulwich, 1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no concello de Tomiño. É un templo románico que formou parte do desaparecido mosteiro de San Salvador de Barrantes. Documentado desde 1138, a igrexa pasou á xurisdición do cabido da Catedral de Tui en 1435 por mor da falta de monxes. A primitiva nave foi transformada e ampliada. Consérvase a ábsida, rectangular no interior e semicircular no exterior, cuberta cunha bóveda de cuarto de esfera, mentres que o presbisterio presenta unha bóveda de canón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Publicou as obras Poema de amor y de inquietud (1921), Rosas negras. Otros poemas (1927), Voces interiores. Otros poemas (1927) e Rimas descriptivas. Lugo, aspectos y semblanzas (1928). Tamén é autor da zarzuela en tres actos Amor na cume, representada no teatro Tamberlick de Vigo no ano 1928.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político francés. Individualista refinado, interesado polo subsconsciente e o instinto, integrada polas novelas Culte du moi (Culto do eu): Sous l’oeil des Barbares (Baixo a mirada dos bárbaros, 1888), Un homme libre (Un home libre, 1889) e Le jardin de Bèrenice (O xardín de Bèrenice, 1891). Fundou en 1894 o xornal nacionalista La Cocarde. Participou nas loitas políticas da época; elixido deputado por París (1906), evoluíu cara a un nacionalismo sentimental. Publicou a triloxía Le Roman de l’energie nationale (A novela da enerxía nacional): Les déracinés (Os desterrados, 1897); L’appel au soldat (A chamada ao soldado, 1900); Leurs figures (As súas figuras, 1902). Outras obras da súa autoría son: Au service de l’Allemagne (Ó servizo de Alemaña, 1905), Colette Baudoche (1909) e La colline inspirée (O outeiro inspirado, 1913). Sobre a Primeira Guerra Mundial publicou...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que pertence á clase dos basidiomicetos.
-
Fungo pertencente á clase dos basidiomicetos.
-
Clase de fungos caracterizada pola formación de basidiosporas, actualmente substituída por tres clases: fragmobasidiomicetos, homobasidiomicetos e teliomicetos, englobadas baixo a subdivisión basidiomicotina.
-
-
PERSOEIRO
Polígrafo. Publicou un Dicionario histórico enciclopédico (1828-1833), un Tratado de declamación ou arte dramática (1833) e unha Historia dos templarios (1834). Foi membro da Academia de Boas Letras (1835).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo italiano. Analista e crítico do idealismo de Gentile e Croce, e do subxectivismo historicista, orientouse cara a un espiritualismo personalista e unha axioloxía de valores absolutos. Publicou Moralità e storia nella prospettiva spiritualistica (Moralidade e historia na perspectiva espiritualista 1953), I valori fra la metafisica e la storia (Os valores para a metafísica e a historia, 1957) e Economia, diretto, morale (Economía, dereito, moral, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bautizo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa de xeo formada sobre as augas dunha badía e que é o suficientemente grosa para imposibilitar a navegación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa alimentaria norteamericana fundada en Chicago (Illinois) en 1924 co nome de Beatrice Creamery Company, modificado polo actual no ano 1946. Destaca especialmente no campo dos produtos lácteos e na fabricación de artigos de pel (Samsonite). En España participa na Conservera Campofrío S A (Burgos) e na fábrica de xeados Marisa, que comprou en 1979. En 1990 foi absorbida por Conagra Avicultura S A.
-
-
Relativo ou pertencente aos bébrices.
-
Individuo pertencente ao pobo bébrice.
-
Pobo celta establecido durante a primeira Idade do Ferro en Occitania, entre o Pireneo e as Cevenes. Semella estar emparentado cos beríbracos do levante peninsular, dos vales altos do Xúquer e o Turia.
-
Pobo celta de posible orixe tracia, mencionado por Silio Itálico, que habitaba na Bitinia. A súa historia, de todos os xeitos, queda envolta na tradición lendaria e popular.
-
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Nas súas novelas móstrase observador atento, cun gran sentido da ironía. Entre as súas obras destacan: Jérôme, 60° latitude Nord (Jérôme, 60° latitude Norte, Premio Goncourt 1927), e Le voyage de Jérôme aux États Units (A viaxe de Jérôme aos Estados Unidos, 1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bendicir.
-
PERSOEIRO
Aviador francés. Xuntamente con Dieudonné Costes fixo a primeira conexión aérea París-Nova York, os días 1 e 2 de setembro de 1930.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático de Filoloxía Románica nas universidades de Cádiz e Barcelona. Especialista no mundo da canción cortés e da literatura lírica galego-portuguesa, os seus estudios sobre lírica medieval románica ocupan unha parte fundamental do seu labor investigador. No ámbito da poesía galego-portuguesa, a súa interpretación dos textos permitiu ampliar o mapa xeográfico-histórico desta escola, como se reflicte nas publicacións aparecidas en prestixiosas revistas baixo o título xenérico Tipos y temas trovadorescos. Así mesmo, contribuíu a despexar incógnitas sobre a datación de textos fundamentais, de trobadores como Pero da Ponte ou Afonso X, achegando datos sobre a lírica peninsular e a transpirenaica. Subliñou o carácter simbólico da cantiga de amigo no estudo O cervo do monte a augua volvia: del simbolismo naturalista en la cantiga de amigo (1984) e, o conceptual da de amor, na monografía A cantiga de amor (1995). En Antología de la poesía gallego-portuguesa...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Actividade de quen axuda, xeralmente con medios económicos ou materiais, aos que non dispoñen de medios dabondo para cubrir necesidades intelectuais ou materiais básicas.
-
Organización que ten como obxectivo a protección e o auxilio dos desvalidos mediante a asistencia médica, cos seus establecementos de albergue, etc.
-
Selo especial emitido para fins caritativos ou benéficos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga colonia grega que corresponde á actual Bengasi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino procedente da forma macedonia do grego Pherenike (Bερενίκη), composto de ϕ έρω ‘levar’ e νίκη ‘vitoria’; xa que logo, ‘a que leva á vitoria’. Entre as princesas ptolomeas que levaron este nome destaca Berenice II, filla do Rei exipcio Ptolomeo Filadelfo (s III a C), quen ofreceu a súa cabeleira a Afrodita para que o seu marido saíse incólume do campo de batalla. Así foi como a deusa converteu esta ofrenda na constelación que leva o seu nome. Chamábase Berenice tamén a filla de Herodes Agripa I. Tito, conquistador de Xerusalén no ano 70, prendado da beleza da moza, escapou con ela a Roma aínda que non chegarían a casar por medo aos romanos. A historia deste amor frustrado inspirou a famosa traxedia de Racine no 1670.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Princesa xudía, filla de Herodes Agripa I. Casou co seu tío Herodes II de Calcis.