"Ith" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 117.

  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz. De nome Édith Giovanna Gassion, foi descuberta por M. Chevalier e converteuse nunha célebre chansonneuse. Cun estilo lírico e roto, tras a Segunda Guerra Mundial foi a musa dos poetas e intelectuais do París da época. Das súas cancións, en que reflicte as traxedias da súa propia vida, cómpre destacar “Mon légionnaire”, “Non, je ne regrette rien”, “La vie en rose” e “Les amants de Paris”. Protagonizou algúns filmes (Étoile sans lumière, 1945) e recolleu a súa biografía no libro Au bal du chance.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das esclerodermatáceas, que presentan o carpóforo globoso, case sen pé. A cuberta externa é de cor escura, moi delgada e satinada, e o interior é de cor amarela ou parda e está formado por unhas estruturas semellantes aos chícharos. Viven en piñeirais, carballeiras ou en eucaliptais. Empregouse para tinguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de homínidos primitivos, englobado actualmente dentro das subespecies Homo erectus erectus e Homo erectus pekinensis. Viviu hai aproximadamente un millón de anos, na primeira metade do Plistoceno, ten caracteres propios dos simios, como cranio estreito, fronte moi inclinada cara a atrás, mandíbula robusta, queixo dirixido cara a atrás e diastema entre incisivos e caninos da mandíbula superior, pouca capacidade cranial e arcadas supraorbitais prominentes. Foron atopados restos en Xava e en China. OBS: Tamén se denomina home de Pequín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates, da familia dos cébidos, que presentan unha lonxitude duns 80 cm, dos que a lonxitude da cola representa a metade. Aliméntanse de froita, insectos e mel, e habitan na Güiana e nunha parte de Brasil. A especie P. pithecia coñécese co nome de saki.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de antropoides fósiles que se considera unha forma ancestral dos antropoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates fósiles, descrito por G. Edward Lewis en 1934, incluídos en sedimentos do Mioceno Superior ou do Plioceno Inferior, cunha antigüidade duns 12-15 millóns de anos, atopados en India, Alemaña, Kenya e China. Enlazan a liña dos pónxidos coa dos primeiros homínidos. Morfoloxicamente presentaban carácteres como a redución dos caninos e dos incisivos, a forma parabólica do arco dental e a posibilidade de camiñar erecto, que o entroncarían coa liña do australopiteco. Considerado por algúns como unha forma xemelga do Sivapithecus, está situado na liña evolutiva que conduce aos orangutáns, aínda que antes se pensaba que estaba na liña que conducía aos homínidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates catarrinos, da familia dos cercopitecidos, coa cabeza pequena, cara aplanada e nariz chato, pelame denso, suave e de cores vivas, sobre todo laranxa, amarelada ou doutras tonalidades. De costumes arborícolas e vexetarianos, habitan en zonas montañosas do NL de China, Tibet e Tonquín, ata os 3.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa alemá. Beneditina de Gandersheim, cultivou o estudo dos clásicos, que plasmou en numerosas composicións poéticas en latín, publicadas por Conrad Celtis en 1501.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Dos seus filmes destacan Romeo and Juliet (1936), Marie Antoinette (1938) e Her Cardboard Lover (1942). Gañou o Oscar á mellor actriz polo seu papel en The Divorcee (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento sintético para a preparación de aneis ciclopropánicos, que foi introducido no ano 1959 por H.E. Simmons e R.D. Smith e que consiste no tratamento dunha olefina disolta en éter con diiodometano en presenza do par metálico cinc-cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga provincia de Laos, existente ata 1975. A capital era Muan Không.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora inglesa. A súa obra foi un intento constante de renovación, que reivindicou con Façade (1922). Denominou a súa poesía “Patterns and Sounds” e, movéndose dentro do simbolismo, outorgoulle un valor primordial á semántica, como en Gold Coast Customs (1929). Destacan os seus escritos referidos aos bombardeos da Segunda Guerra Mundial, Still Falls the Rain, Street Songs (1942) e The Shadow of Cain (1947). Publicou Fanfare for Elizabeth (1946), The English Eccentrics (1933) e a súa única novela I Live under a Black Sun (1937). Recibiu o título de Dame Commander (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates fósiles que está considerado por algúns autores como unha forma xemelga do xénero Ramapithecus e está situado na liña evolutiva que conduce aos orangutáns. Viviu a finais do Mioceno e era tanto de vida arbórea como terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista escocés. Punto de partida da escola clásica, escribiu Inquiry Into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776). A obra componse de cinco libros. O primeiro comeza coa división do traballo e continúa cos problemas do valor e o prezo. Non estableceu con claridade teoría ningunha de valor, senón que examinou as diversas partes do prezo das mercadorías, é dicir, os salarios, os beneficios e a renda da terra. O prezo fórmase no mercado, que tende a un equilibrio automático, entre demanda e oferta. É o que quere ilustrar a imaxe da man invisible. O segundo libro estuda a natureza e o proceso de acumulación do capital. A finalidade deste é conservar e aumentar o stock de bens que serven para o consumo inmediato da poboación. O traballo anual dun país é o fondo que lle proporcionan estes bens; distingue un traballo produtivo, que dá lugar a mercadorías físicas, e un traballo improdutivo, que non ten esta característica. O libro terceiro, de contido histórico,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En 1933 construíu as primeiras esculturas de ferro soldado baixo a influencia de Picasso e J.González. Das obras de tendencia social (1937-1940), pasou a traballar estruturas primarias. Fixo grandes cubos de aceiro inoxidable e esculturas de ferro de dimensións urbanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante de jazz. Coñecida como Bessie Smith, en 1928 formou o seu propio conxunto, Midnight Steppers. Considerada a intérprete de blues máis destacada do período clásico do jazz, colaborou con J. P. Johnson, L. Armstrong e F. Henderson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica canadense. Coñecida como Mary Pickford, fundou en 1919, xunto con Charles Chaplin, David W. Griffith e Douglas Fairbanks, a produtora United Artists. Foi protagonista de diversos filmes, como The Little Teacher (1909), Coquette (1929), pola que recibiu un Oscar; e Secrets (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbiólogo. Estudou medicina nas universidades de Illinois, California e Johns Hopkins, e foi profesor das universidades de Michigan e Johns Hopkins. En 1978 recibiu, xunto W. Arber e D. Nathans, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polos traballos sobre os enzimas de restrición e as súas aplicacións nos problemas de xenética molecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político zimbabwés. En 1965 proclamou unilateralmente a independencia de Rhodesia. Implantou un réxime de segregación racial que provocou o illamento internacional de Rhodesia e unha sanguenta guerra de guerrillas. Despois das eleccións libres de 1980, foi membro do Parlamento, ata que en 1987 foi suspendido como parlamentario pola súa posición a favor do apartheid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fundador da igrexa mormona. Escribiu o Book of Mormon (1830), que contiña unha historia de América desde a súa colonización por xudeus da época da torre de Babel ata a predicación do Evanxeo polo mesmo Xesús Cristo resucitado e a transcrición destes feitos polo profeta Mormón ao redor de 385. Organizou unha igrexa que espera a aparición da Nova Xerusalén en Kirtland (Ohio). Perseguido e expulsado, estableceuse cos seus seguidores en Nauvoo (Illinois) en 1840. Foi aprisionado, co seu irmán, e linchado.

    VER O DETALLE DO TERMO