"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Gramático e pedagogo. Graduouse en Teoloxía na Universitat de Gandia. Organizou o ensino da gramática castelá como base para o estudo da latina. Como pedagogo estableceu un método de ensino para a escola do hospicio de Barcelona e escribiu, ademais de obras didácticas, un Plan de educación primaria (inédito) e un Plan de educación o método para aprender la lengua latina sin las reglas del arte (1804). Así mesmo, é autor dunha serie de tratados de gramática latina e, sobre todo, castelá, da que renovou e impulsou o estudio; o máis importante é a Gramática filosófica y razonada de la lengua castellana. Escribiu a primeira gramática moderna do catalán: Gramàtica i apologia de la llengua catalana, na que traballou entre 1810 e 1814.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político chileno. No ano 1864, cando abandonou a carreira eclesiástica para dedicarse á política, afiliouse ao partido liberal. A partir do ano 1870 foi deputado en diferentes ocasións e, dende 1882 ata 1886, ocupou o cargo de ministro no gabinete do Presidente Domingo Santa María. Cando asumiu a Presidencia do país, no ano 1886, promoveu a educación pública e realizou numerosas obras públicas. En 1891, logo de oito meses de guerra civil, abandonou o cargo e suicidouse pouco despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político portugués. Creou en 1973 o semanario Expresso, do que foi director ata 1980. Foi un dos fundadores do Partido Popular Democrático, chamado posteriormente Partido Social-Demócrata. Xefe de goberno (1981-1983) trala morte de Sá Carneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Catedrático de Física Teórica e Experimental nas universidades de Salamanca (1933-1941) e Madrid (1941-1963). Traballou no campo das radiocomunicacións e na física doutras enerxías, e foi un gran divulgador da radioastronomía e da astronáutica en diferentes revistas e enciclopedias. En 1941 creou a sección de Electricidade do Instituto de Física Alonso de Santa Cruz, do CSIC. Foi xefe do departamento de Física do Instituto Torres Quevedo, director do Instituto Nacional de Electrónica (1949-1952) e do Alonso de Santa Cruz (1965), e presidente de honor do Centro de Investigaciones Físicas L. Torres Quevedo. Como académico, formou parte da Reial Acadèmia de Ciències i Arts de Barcelona (1948) e da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e político. Foi alcalde de Nogueira de Ramuín dende o ano 1976 ata 1995, ano en que se presentou na candidatura á cidade de Ourense; así mesmo, é presidente da Deputación de Ourense dende 1990. Fundou o partido Centristas de Galicia, do que foi secretario xeral, que posteriormente se integrou no Partido Popular, onde ocupa o cargo de presidente provincial dende 1992; ademais, é membro da executiva rexional do PP e forma parte da comisión permanente do PP español e da súa Xunta Directiva Nacional. Entre os anos 1996 e 2000 foi senador pola circunscrición de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada no ano 1847 por Manuel Pérez Sáenz en Santiago de Compostela. Trala morte do seu fundador modificou en varias ocasións a súa denominación: Casa de Banca de Hijos de Pérez Sáenz (1885-1901), Olimpio Pérez (1902-1909), Olimpio Pérez e Hijos (1910-1915) e Hijos de Olimpio Pérez (1916-1957). No ano 1957, ao converterse en sociedade anónima, cambiou o seu nome polo de Banco de Hijos de Olimpio Pérez. No ano 1964 absorbeu o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid, adoptando o nome desa entidade catalana. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego.
-
PERSOEIRO
Naturalista e explorador. Acompañou a Cook na súa primeira viaxe no Endeavour (1768-1771), durante a que estudiou a fauna de Australia e de Nova Zelanda. Participou noutras expedicións, entre as que cómpre salientar a que fixo a Islandia (1772). Foi presidente da Royal Society en 1778.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi bautizado o 20.3.1642 na igrexa parroquial de Santiago de Puente la Reina (Navarra), onde, probablemente como neno de coro, foi discípulo de Simón Huarte Arrizabalaga, mestre de capela de Bilbao. En 1680 exerceu en Madrid como mestre da capela do convento da Encarnación de Madrid. Estudiou composición cun dos mellores mestres da España da época, Matías Ruíz, e converteuse en frade da orde da Santísima Trindade. Foi nomeado mestre de capela da Catedral de Santiago de Compostela e recibido como mestre o 31.8.1680, pero non puido tomar posesión da súa praza ata o 10.5.1681. Xubilouse o 1 de agosto de 1710. Como compositor é sen dúbida un dos maiores representantes do Barroco musical español e, certamente, o maior de Galicia. O seu estilo é o característico concertante, que mellor define a esencia musical do Barroco, baseado no contrapunto de concierto e na policoralidade, que nas súas obras poden chegar ata os cinco coros. A escritura é vogal e cando aparecen...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prehistoriador e etnógrafo vasco. Sacerdote, foi un profundo coñecedor da cultura e do pobo vascos e un dos especialistas máis destacados na Prehistoria e Etnografía dese país. Fundou en 1921 o Laboratorio de Euzko-folklore. Exiliado e Francia en 1936, fundou o Instituto Vasco de Investigacións (1946) e a revista Ikuska. Foi profesor da Universidade de Navarra e membro da Sociedade Internacional de Antropoloxía e Etnoloxía. É autor de La religión de los ancianos vascos (1923), Antropología de la población vasca (1947), El hombre prehistórico en el País Vasco (1953 e 1979), El mundo en la mente popular vasca (1960 -1961), Mitología vasca (1960), La cueva de Ekain y sus figuras rupestres (1969), El hombre prehistórico en el País Vasco (1979), Historia general del País Vasco (1980)e Brujería y brujas (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago, doutor en Filoloxía Inglesa e licenciado en Filosofía e Letras. Ademais de exercer a súa actividade docente escribiu: Aplicación de un método dinámico a siete poemas de amor de Auden, In mortal Shakespeare. Radical readines, Paradise lost: The Word, the words, the world, Individuo, orden y mundo moderno, e Arte, sociedad y pensamiento en ‘The nonnes preestes tale’.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico de animación norteamericano. Comezou na MGM en 1937 e moi pronto destacou no cine de animación xunto a William Hanna, creando os populares Tom e Jerry. Realizou máis de cen filmes tanto na MGM coma na súa propia produtora Hanna-Barbera, dirixida especialmente á televisión. Destacan as súas curtametraxes Yankee doodle mouse (1943), Professor Tom (O profesor Tom, 1948), Mouse for sale (Rato para vender, 1955), Life with Loopy (A vida con Loopy, 1960) e Just a Wolf at heart (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario hostaleiro. É técnico superior en Relacións Públicas. Foi vicepresidente da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA), fundador e presidente da Asociación de Empresarios de Hospedaje de la Provincia de Pontevedra (ASEHOSPO) e membro da xunta directiva da Federación Española de Hoteles (HAI). Escribiu diversos artigos vinculados ao mundo do turismo nas revistas Informe Gallego e El Pueblo Gallego.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático en Medicina. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse coa tese Las variaciones atávicas y las detenciones en el desarrollo, en el maxilar superior de los locos. En 1927 acadou a cátedra de Anatomía da Universidad de Salamanca e posteriormente trasladouse á de València, universidade onde ocupou os cargos de decano da facultade de Medicina (1945-1964) e reitor (1966-1972). Pioneiro na especialidade de neurocirurxía en España, foi o primeiro presidente da Sociedad Luso-Española de Neurocirugía e membro da British Society of Neurological Surgeons, Société Française de Neurochirurgie e Societá Italiana de Neirochirurgia, entre outras institucións científicas. Descubriu e desenvolveu un método para rexistrar as modificacións circulatorias intercraneais a través do cranio intacto que recibiu o nome de palencefalografía....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, director e musicólogo húngaro. Realizou estudios na Academia de Budapest, sendo discípulo de Zoltán Kodály e foi posteriormente mestre nesta mesma institución. Director de corais, a súa produción comprende na maior parte pezas corais e estudios sobre Kodály e Liszt, entre outros compositores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tema literario que exemplifica a intercomunicación cultural entre Oriente e Occidente. Co título de Salita Vistava existiu unha lenda india, escrita en sánscrito, que trataba sobre a vida de Buda; este, nun determinado episodio, tiña catro encontros (cun ancián, cun doente, cun morto e cun asceta) e deducía as consecuencias morais. A lenda, a través dunhas traducións xeorxianas, chegou á literatura grega. O protagonista é agora Josafat, fillo do Rei Abenner, que, educado no luxo e no pracer, a través destes encontros coñece a realidade do sufrimento e da morte, e grazas ás explicacións do asceta, personaxe do último encontro, convértese ao Cristianismo.
-
PERSOEIRO
Compositor e director inglés. Promoveu a música coral en Inglaterra, fundando coros e compoñendo numerosos servicios, himnos e cantos litúrxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e pedagogo. Cursou estudios de Filosofía e Letras e incorporouse á ILE (Institución Libre de Enseñanza). Durante a Segunda República ocupou diversos cargos nas Cortes. Apoiou as teses de Azaña para laicizar o ensino e militou no Partido Radical-Socialista. En 1933 foi nomeado ministro de Instrución Pública e ingresou no partido Izquierda Republicana. Ao rematar a Guerra Civil exiliouse en México.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e profesor residente en Barcelona. Estudiou Náutica e Maxisterio; dedícase á docencia na localidade de Igualada. É colaborador da Red de Prensa Catalana e de diversas revistas nacionais. Publicou Río de asfalto (1966) e Generación 66, novela de temática social.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Oftálmologo, fillo de Ignasi Barraquer. Creou en 1968 o Instituto Barraquer de Bogotá (Colombia) e foi o descubridor dunha nova técnica clínica para modificar a curvatura da córnea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi un dos iniciadores da escola oftalmolóxica moderna en España. Fundou un dispensario no Hospital de la Santa Creu (1879) e foi o primeiro catedrático de Oftalmoloxía da facultade de Medicina de Barcelona (1914). Entre os seus traballos cómpre mencionar os dedicados á histopatoloxía ocular.
VER O DETALLE DO TERMO