"Lomé" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 156.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e político. Bispo de Condom (1760) e arcebispo de Toulouse (1763). En 1787, na asemblea de notables, criticou asperamente a xestión financeira de Calonne, ao que substituíu como ministro de finanzas. Non obstante , continuou coa liña do seu predecesor e en 1788 tivo que convocar os Estados Xerais. Dimitiu ese mesmo ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertecente ao lomento.
-
Que é semellante ao lomento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas rodofíceas, da familia das lomentariáceas, que presenta cor vermella e que en Galicia está representado pola especie L. articulata, que vive nas rochas ou sobre outras algas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Legume ou sílicua dividida en fragmentos monospermos, separados entre si por estreitamentos.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Candeda e Domiz (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.181 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do ril constituída por unha aglomeración de capilares arteriais envoltos pola cápsula de Bowman. É o lugar onde se forman os ouriños primitivos por ultrafiltración do plasma.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor. Coñecido como Michelozzo, foi discípulo de F. Brunelleschi. Traballou no convento de San Marco (1437-1452) e, protexido por Cosme de Medici o Vello, iniciou (1444) a construción do Palazzo Medici-Ricardi, ambos os dous en Florencia. Decorou as vilas de Careggi (1431) e Cafaggiolo (1451), preto de Florencia e en 1460 chegou a Milán, onde deu a coñecer o estilo florentino combinado con elementos decorativos lombardos, como na capela Portinari da igrexa de San Eustorgio (1460), en Milán. Como escultor foi discípulo e colaborador de L. Ghiberti e Donatello e realizou o Monumento Arangazzi na catedral de Montepulciano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herniación da medula espiñal e das súas meninxes a través dunha espiña bífida
-
PERSOEIRO
Militar e político. Exiliado en Chile, Bolivia e Perú, en 1852 regresou a Bos Aires, onde se uniu a Justo José de Urquiza contra a ditadura do gobernador Juan Manuel de Rosas (1829-1832 e 1835-1852). Nomeado ministro de Guerra da provincia de Bos Aires (1853), rexeitou o plano federal de Urquiza, que pretendía unir a provincia á República Arxentina e, enfrontados abertamente, conseguiu derrotalo na Batalla de Pavón (1861). Nomeado presidente da República (1862-1868), baixo o seu mandato entrou na Triple Alianza contra Paraguay (1865). Fundador do xornal bonaerense La Nación (1870), en 1874 protagonizou un alzamento contra Nicolás Avellaneda, pero foi derrotado. Publicou La Historia de Belgrano y de la independencia argentina (1876-1877) e Historia de San Martín y de la emancipación sudamericana (1889-1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi cóengo e xuíz do Fuero (1550) en Mondoñedo. Da súa produción destaca Descripción del Reino de Galicia y de las cosas notables en él (1550), dividido en cinco partes que recollen datos xeográficos, históricos, artísticos, ditos populares, tradicións e lendas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formouse en Venecia no círculo dos Bellini e estableceuse arredor de 1480 en Vicenza, onde fundou unha escola de pintura. Foi autor dunha Madonna in trono (1483), dunha Sacra conversazione e dunha Pietà (1500), así como de numerosos retablos de altar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor barroco. Está considerado un dos máis destacados representantes de pintura relixiosa española. Orfo desde os nove anos, iniciou a súa formación cun parente da súa nai, Juan del Castillo. A pegada do seu mestre deixouse sentir especialmente na primeira etapa da súa pintura, caracterizada polo naturalismo (Virgen del Rosario con Santo Domingo, para o pazo arcebispal de Sevilla), pero tamén recibiu influencias de Roelas, Francisco de Herrera el Viejo e de Zurbarán, que se manifestaron no emprego do claroscuro e no modelado das figuras, aínda con certa rixidez (San Diego dando de comer a los pobres, 1646). O seu interese polos tipos populares exemplificouse nas series de galegas (Vieja hilando ou Gallegos en la ventana) e nos cadros de nenos (Niños comiendo melón y uvas (1650) ou Muchachos expulgándose), en que representaba rapaces humildes inmersos nunhas escenas cheas de ledicia e xovialidade, en que comezou a empregar contornos flexibles e volumes brandos. En 1656 pintou Visión de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de análise química cuantitativa que se basea na medida da intensidade da luz que é dispersada ou reflectida polas partículas presentes nunha suspensión, intensidade que é función da concentración da especie química responsable da turbidez, sempre que sexan constantes as condicións de formación das partículas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á nefelometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega en nefelometría que consta dunha fonte luminosa, unha cela para a mostra e un detector fotoeléctrico.
-
PERSOEIRO
Cronista e xurisconsulto. Foi xuíz da Corte de Messina desde 1273, procurador da Sicilia oriental e avogado do fisco en Palermo. Continuou na Corte ata 1291. Escribiu unha historia de Sicilia, hoxe perdida, en hexámetros, que comprendía desde as Vésperas Sicilianas ata 1293.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Seguidor de Vecchietta, traballou preferentemente en Siena, onde ata 1475 pintou asociado co F. di Giorgio Martini. O tema case único da súa produción foi a Virxe co Neno. Como escultor fixo un San Bernardino en Borgo a Mozzano, e unha Santa Caterina no oratorio da santa, en Siena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras portugués. Traballou na zona de Ourense e caracterizouse polo bo traballo do granito e pola plasticidade e a presenza da decoración naturalista nas súas obras. Traballou para o cóengo da catedral de Ourense cara a 1520, realizou a sancristía do mosteiro de Santa María a Real de Xunqueira de Ambía e construíu a igrexa de Santo Estevo de Sandiás, onde se observa a evolución do seu estilo desde o gótico tardío cara ao renacentismo ornamental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Coñecido como Tifi Odasi, está considerado o pai da poesía macarrónica. Escribiu o poema Macharonea en 1490, que se imprimiu pouco tempo despois da súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao embigo e ao mesenterio.
-
Estrutura embrionaria que comunica o intestino medio co saco vitelino.
-