"Lot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 289.

  • Xénero de herbáceas carnívoras (o único da familia das cefalotáceas) propio de Australia. Presenta flores hexámeras dispostas en panículas e follas en roseta, as superiores lanceoladas e as inferiores transformadas en ascidios, onde capturan e dixiren pequenos invertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arpista. Coñecida artisticamente como Esmeralda Cervantes, estudiou en Barcelona, París e Viena. Realizou unha brillante carreira como concertista por Europa e América do Sur. Fundou en Barcelona unha Academia de Ciencias, Artes e Oficios (1885-1887) dedicada á formación da muller. É autora da obra Historia del arpa (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cebola de Ascalón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe cinematográfico creado e interpretado polo actor Charles Spencer Chaplin. Vestido cunha indumentaria que chegou a ser característica (sombreiro forte, chaqueta estreita, pantalóns anchos, zapatos estragados, caxato de bambú, etc), é o prototipo de home marxinado, cunha rica e completa gama de valores humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Exerceu como profesor de arte en diversas universidades norteamericanas (1926-1949) e en Honolulu (1949-1966). Influído polas propostas de artistas como Rivera ou Orozco, destacou pola súa obra muralista, da que deixou exemplos tanto en México (mural da Escola preparatoria Matanza del gran templo) coma nos EE UU. A súa obra amósase no Museo de Arte Moderno de Nova York ou na Rockefeller Collection.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Carolina do Norte, nos EE UU (441.297 h [1996]). Constitúe un importante núcleo industrial, téxtil (baseado principalmente no algodón), químico, siderúrxico, de maquinaria e de equipos eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sobremesa ou entremés a base de pan, biscoito ou galletas, e froita.

    2. Calquera alimento de sobremesa presentado envolto en biscoito ou en pasta fina.

    3. ariedade que se elabora con salsa bavaresa espesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo palacio real de Berlín. A súa construción iniciouse en 1695 por Arnold Nering e as obras continuounas Johann Friedrich Eosander von Goethe entre 1701 e 1713, quen o coroou cunha cúpula esvelta. É probable que Andreas Schlüter interviñera na realización da súa parte central. Entre 1740 e 1746 Georg Wenzeslaus von Knobelsdorff ampliouno, e entre 1748 e 1790 Karl Gotthard Langhans construíu o teatro. Durante a Segunda Guerra Mundial sufriu un incendio. Restaurado posteriormente, é sede de distintos museos. Deu nome a un antigo concello e actual barrio de Berlín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia á oscilación do humor entre a euforia e a depresión. Adoita aparecer no biotipo pícnico, en persoas sociables e de sentido práctico, que se comunican facilmente co mundo. Cando se extrema pode desembocar na psicose maníaco-depresiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á ciclotimia.

    2. Aplícase á persoa que presenta ciclotimia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acelerador de partículas circular de resonancia, no que unha partícula emitida por unha fonte central se curva por efecto dun campo magnético constante. Ideárono E. O. Lawrence e M. S. Livingston en 1932. Consiste en dous electrodos baleiros de forma semicilíndrica (chamados des), que crean un campo eléctrico E de alta frecuencia entre eles, e todo o conxunto atravesado perpendicularmente por un campo magnético B constante. No centro do cilindro que forman os dous electrodos des, hai unha fonte de partículas ou ións que se aceleran linealmente e describen unha traxectoria espiral por mor do campo magnético transversal. A frecuencia de rotación das partículas denomínase frecuencia de ciclotrón da partícula e vén definida pola ecuación v=qB/2πm, onde q e m son a carga e a masa, respectivamente, e B é o valor da indución magnética. O ciclotrón emprégase para acelerar partículas pesadas,...

    2. Radiación electromagnética emitida por unha partícula cargada que se move nun campo magnético cunha velocidade non relativista. É o caso particular da radiación do sincrotrón para baixas velocidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao ciclotrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica do turismo con bicicleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, crítico de arte e compositor. O seu universo poético participou de vellas culturas e ritos máxicos. Membro do grupo Dau al Set, exerceu un importante labor no eido da crítica artística. Escribiu, entre outros estudios, Introdución al surrealismo (1953), Dicionario de símbolos (1958), Significación de la pintura de Tàpies (1962), Pintura catalá contemporánea (1961) e El espíritu abstracto desde la Prehistoria hasta la Edad Media (1966). Compuxo música, escribiu numerosos artigos e un libro sobre Stravinskij (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei merovinxio (511-561) e franco (558-561), fillo de Clodoveo I. No ano 534 participou na conquista de Borgoña e no 558 conseguiu unificar o reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos francos (613-629). Fillo e sucesor (584) de Khilderico I e de Fredegunda, quen gobernara durante a súa minoría de idade. Tomou Austrasia ao ser chamado polos inimigos da Raíña Bruniquilda. Desembarazouse dos catro fillos de Teodorico II e converteuse en rei de todos os francos (613).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador. Cofundador do estudo PER (1964). Asociado con Òscar Tusquets ata 1984, remodelou o Palau de la Música Catalana (1982). Xunto a Ignacio Paricio Ansuátegui, realizou as instalacións da Vila Olímpica de Barcelona (1989-1992). Recibiu o Premio FAD de interiorismo en 1965 e 1971, e o de arquitectura en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do nome Clotilde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino de orixe xermánica, latinizado en Chlotichilda (no s V), logo en Clodehildis e, de aí, as formas Chlothildis e Clothildis, compostas de hlôda ou hluda ‘célebre, famoso’ e hild ‘batalla, combate’. Este antropónimo presenta a variante Clotilda. Santa Clotilde celébrase o 3 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa burgundia (filla de Khilperico I e sobriña de Gondebaldo). Casou co rei franco Clodoveo I e converteuno á fe cristiá. Logo de quedar viúva, fundou un mosteiro de relixiosas en Andely-sur-Seine e retirouse a Tours, onda a tumba de san Martiño. Na iconografía represéntase con coroa e cetro (símbolo da súa realeza), un escudo de armas con tres flores de lis. A súa festa celébrase o 3 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO