"Meri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 322.

  • PERSOEIRO

    Militar e político. Nomeado ministro da Guerra (1824), dirixiu unha represión política antiliberal tan dura que lle valeu a destitución (1825). Foi capitán xeneral das Balears (1828-1833). Interveu nunha conspiración carlista (1834). Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Profesor na Facultade de Belas Artes de San Carlos, na Universidade Politécnica de València. Comezou a súa andaina artística participando nunha exposición colectiva no Mail Art Postmuseum de Estocolmo (1985). Durante a década dos oitenta recibiu varias bolsas para completar a súa formación. Durante a súa estadía en Nova York en 1994, empeza a desenvolver proxectos de pintura específica en relación cun lugar, sempre centrados nas múltiples relacións existentes entre a pintura e a fotografía. Desde os anos 80 realizou 24 exposicións individuais e participou en máis de 200 colectivas en todo o mundo. As súas obras estás en 33 museos e institucións, ademais de en numerosas coleccións privadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria, de carácter comercial, constituída en Madrid no ano 1900 por A. Basagoiti con capital repatriado de Cuba, México e Porto Rico, para fomentar o intercambio entre España e América Latina. Foi o primeiro banco español que puxo en práctica o modelo comercial de banca e captación de contas correntes, desconto comercial e importante rede de oficinas. O seu carácter comercial quedou subliñado no Pacto das Jarillas (1944) co Banco Urquijo, no cal o intercambio de accións acentuaba o carácter comercial e industrial dun e doutro respectivamente. No 1982, a petición do Banco de España, fíxose cargo da xestión do Banco Urquijo e de Bankunión, e adquiriu o control do seu accionariado. No ano 1991 fusionouse co Banco Central, que foi a entidade absorbente, dando lugar ao Banco Central Hispano (BCH).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade económica con sede en Washington, dependente da Organización de Estados Americanos, que o fundaron o 31 de decembro de 1959 como organismo financeiro independente, aínda que na práctica está controlado polo goberno dos EE UU. Os seus obxectivos son captar fondos e investimentos para o fomento da economía de mercado nos países do Caribe e de América central e do sur, coa finalidade de orientar a política de desenvolvemento económico dos países membros. Ademais dos fundadores (21 estados de América Latina e os EE UU), posteriormente se integrou nel Canadá, Alemaña, Reino Unido, Francia, Italia, España e Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria creada no ano 1979. Ten a súa orixe na Soler, Torra y Compañía. Casa de banca, que no 1965 pasou a denominarse Banco Comercial para América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria estadounidense constituída en San Francisco no ano 1904 co nome de Banco de Italia; este feito revelaba a orixe do capital, baseado no aforro dos inmigrantes transalpinos. Rapidamente iniciou unha expansión por todo o ámbito estatal. No ano 1930 fusionouse co Banco de América de California para formar a entidade actual. Entrou no mercado español da man do Banco de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante. Colaborou en diversas revistas e xornais. Foi asesor artístico do concello da Coruña. Membro da Real Academia de Belas Artes da Coruña, en 1962 ingresou na Real Academia Galega cun discurso titulado: “Breves divagaciones sobre el arte en relación con algunos pueblos y épocas de la antigüedad que lo crearon”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador provenzal autor de quince composicións, das que destacan, dez cantigas de amor, un poema á Virxe e un pranto pola morte de Nuño Sánchez, conde do Rosellón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acadou mérito ou que é digno de honor polos seus servicios.

    2. garda civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos benimeríns.

    2. Individuo pertencente á dinastía benimerín.

    3. Dinastía bérber do grupo Zenāta, chamado tamén marínida, que substituíu os almohades no dominio do norte de África (1269-1465). A época de máximo esplendor foi a dos reinados de Albūl-Hassan (1338-1348) e de Abū’ Inaān (1349-1358), despois da que comezou a decadencia. Realizaron numerosas incursións na Península enfrontándose aos cristiáns, como na Batalla del Salado (1340) fronte aos exércitos de Afonso XI. Os benimeríns fixeron moitas edificacións, especialmente en Fez, a capital. A madrasa de Qarawiyyīn, en Fez, foi un foco de cultura no occidente islámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo bibliotecario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. Inaugurada en 1926, trátase dunha iniciativa de Gumersindo Busto. Foi recoñecida pola Real Orde do 11 de novembro de 1909. En 1910 comezou a editarse o seu Boletín. Estaba incluída no proxecto de creación dunha universidade iberoamericana en Compostela. Actualmente, o fondo consta de máis de 21.000 obras e 2.908 títulos de publicacións periódicas referentes á historia, xeografía, descricións de viaxes, medicina, dereito, dicionarios, poesía, ensaio e novela de autores americanos e españois dos ss XIX e XX. Así mesmo, posúe unha colección de exemplares de zooloxía americana, minerais e elementos da cultura material indíxena. A Biblioteca América tamén conta con máis de 1.200 medallas e moedas, 200 mapas e planos, bandeiras dos países americanos e bustos en bronce e mármore dos próceres americanos, xunto con reproducións de cadros históricos. Nun principio, os fondos foron adquiridos a través de doazóns particulares....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común que reciben os mamíferos fósiles do xénero Blastomeryx.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kraj da República Checa (11.345 km2; 697.334 h [1991]). A capital é Ceské Budĕjovice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu a finais de 1920 na Coruña. Estaba ao servizo da “Asociación Regional Hispanoamericana”. Era unha publicación orientada ao comercio entre España e América, e nun principio non tiña un contido literario. No ano 1921 foi substituída por América Galicia. A evolución desta publicación ata que se fixa o nome de Alfar foi a seguinte: Boletín de Casa América-Galicia (1920), América Galicia (1921), Revista de Casa América-Galicia (1922), Alfar (1923), Alfar (Montevideo, 1929) e Alfar (edición facsímil, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Bos Aires no ano 1910 para dar conta das novas que relacionaban a comunidade de emigrantes galegos nesa capital coa instauración da Biblioteca América na Universidade de Santiago de Compostela. Esta Biblioteca estaba subvencionada pola comunidade de emigrantes en Bos Aires. Neste boletín ía aparecendo a relación de colaboradores e benefactores entre os que figuraban importantes personalidades da época como o Sr. Busto, Juan G. Molina, Francisco R. Lazcano, Juan Montero Romalde, etc. Esta publicación, de periodicidade irregular, daba conta das noticias máis destacadas relacionadas coa Biblioteca, como a organización duns Xogos Florais en Montevideo no ano 1924 a beneficio da Biblioteca América. Aparecían nela diferentes artigos en galego, así como composicións poéticas en galego e en castelán. O contido das páxinas deste boletín estaba dividido en diferentes seccións, “Adhesiones”, “Dedicatorias”, “Bibliografía”, “Comentarios de la prensa”, “Sección numismática”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor foi fundada en Bos Aires o 5 de xaneiro de 1905. O boletín naceu con periodicidade mensual no mes de outubro de 1909 e existiu ata o seu número 307, correspondente a abril de 1935. O seu primeiro director foi V. Micuci e desde 1917 sería o presidente da Comisión de Propaganda o que tería esa responsabilidade. O contido habitual da publicación eran as noticias do Val Miñor e as viaxes e novidades da asociación, principalmente, aínda que tamén tiñan cabida nas súas páxinas artigos dedicados á pedagoxía e á educación, así como a efemérides de Galicia. A presenza do castelán era maioritaria e a literatura estaba pouco representada, cando aparecía era case sempre en castelán. Entre os colaboradores galegos destacan: Basilio Álvarez, Curros Enríquez, Julio Camba, Lustres Rivas, Roberto Blanco Torres, Armando Cotarelo, Manuel Murguía, Antón Villar Ponte, Correa Calderón, quen presentaron artigos en prosa; Guerra Junqueiro, Francisca Herrera, Barcia Caballero,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa inglesa fundada en Londres no 1902. No 1967 absorbeu a Yardley and Company Limited. Dispón de filiais e sucursais no Reino Unido, en Canadá, en Australia, en Chile, etc. Entre as súas marcas de tabaco están Benson and Hedges e Senior Service.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Destacado artesán ata o período fascista, sobreviviu posteriormente realizando filmes espectaculares de alcance internacional como Ulisse (1953) ou I briganti italiani (Os bandidos italianos, 1961). Está considerado como un dos inventores da comedia italiana dos anos trinta. Dirixiu, tamén, La riva dei Burti (A beira dos Burti, 1930), I promessi sposi (Os noivos, 1940) e Don Camillo e i giovanni d´oggi (Don Camilo e os mozos de hoxe, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos cuartos que hai nos teatros ou sitios semellantes para que os actores se vistan, se preparen ou repousen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural cubana fundada en 1959 e que ten como obxectivo o intercambio cultural con todos os países latinoamericanos, na procura dunha conciencia común. Organiza numerosas actividades de carácter cultural, publicacións e seminarios, aínda que a máis destacada é o premio literario que concede desde o ano 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO