"Nador" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 116.

    1. Que ou quen marxina.

    2. Regulador de marxes, nas máquinas de escribir.

    3. Dobre regra con escadra e móbil, articulada nun taboleiro, que serve para suxeitar o papel fotográfico na posición correcta durante a tiraxe das copias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que medita as cousas detidamente antes de tomar unha determinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ordenador que, polo pouco espazo que ocupa e polo seu baixo prezo, permite realizar e resolver aplicacións que antes precisaban dun ordenador de medida estándar ou un terminal conectado a un ordenador máis potente. Adoitan ter unha maquinaria compacta, usar linguaxes interactivas e ir acompañados de programas específicos con aplicacións, polo xeral subministradas por empresas especializadas. Normalmente están formados por unha unidade central, a memoria principal e a memoria auxiliar. Tamén posúen un sistema para rexistrar datos e programas (unidades de disco). Aínda que os primeiros modelos apareceron a principios da década de 1970, o primeiro que se considera como tal foi o PC de IBM, que apareceu en 1981. O PC evolucionou co modelo XT, que incluíu o disco duro. En 1984 apareceu o modelo AT, que incorporaba o microprocesador 80 286, con notables avances. Todos estes aparatos funcionaban co sistema operativo MS-DOS, desenvolvido por Microsoft, que é o sistema universal dos microordenadores....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (6.130 km2; 684.000 h [estim 1994]). A capital é Nador (112.450 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Testemuña, no dereito romano, que se pide para asinar e selar un testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Opoñerse a algo con violencia.

    2. Combater unha opinión ou unha sentenza.

    3. Asaltar un lugar ou un exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ordena.

    2. Dispositivo capaz de resolver problemas ao facer operacións aritméticas e lóxicas cos datos de entrada e producir datos de saída. Modernamente, os ordenadores son dixitais, cuxos sinais de voltaxe e de corrente representan sinais físicos, se ben no pasado, os ordenadores electrónicos analóxicos tiveron certa importancia en simulación. O proceso de dixitalización consiste en converter os sinais e os datos á súa representación numérica no sistema binario.
      Os precursores
      O primeiro ordenador dixital electrónico, terminado en 1939, foi deseñado polos enxeñeiros estadounidenses J. Atanasoff e C. Barry na University of Iowa. O seu prototipo pesaba 300 kg, tiña 300 tubos electrónicos e empregaba o sistema binario de numeración. Entre 1943 e 1946, os estadounidenses J. Mauchly e J. Eckert baseáronse nas ideas de Atanasoff e deseñaron o ENIAC, o primeiro programador de uso xeral, para o cálculo de traxectorias balísticas, que pesaba 30 toneladas, consumía 140 kW, ocupaba 150 m...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen orixina algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen patina ou anda sobre patíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen patrocina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario, fillo de Sabino Enrique Peinador Vela. Sucedeu ao seu pai como xerente do balneario de Mondariz en 1907. Membro do Partido Galeguista e socio protector do Seminario de Estudos Galegos, foi o artífice da constitución do concello de Mondariz-Balneario en 1924. Xunto co seu irmán, Ramón Peinador Lines, converteu a Mondariz nun importante centro da cultura galega onde se celebraban parladoiros literarios coa participación dos intelectuais da época, como a sesión de ingreso na Real Academia Galega en 1920 de Ramón Cabanillas. Subvencionou exploracións arqueolóxicas, promocionou diversas publicacións no balneario e creou un museo con pezas arqueolóxicas e etnográficas. En 1936 expropiáronlle os terreos onde se construíu, en 1954, o aeroporto de Vigo. Publicou diferentes artigos en Mondariz e La Temporada en Mondariz, colaborou na Guía turística Mondariz-Vigo-Santiago (1912) e escribiu ‘‘Vocabulario dos cesteiros de Mondariz’’, na revista Nós (1922)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e empresario. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1869), dirixiu o Balneario de Caldelas de Tui en 1871. En 1872 descubriu o manancial da Gándara, en Mondariz-Balneario, e ao ano seguinte comezou a explotalo. Coa axuda de seu irmán, Gumersindo Ramón Peinador Vela (Pontevedra?-1928), obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador. En 1873 as augas foron declaradas de utilidade pública. En 1879 abriu a primeira casa de baños e en 1898 inaugurou o Gran Hotel de Mondariz, que se converteu nun centro medicinal, cultural e artístico. Exerceu como xerente do balneario ata 1906. Proxectou un tranvía entre Mondariz e Vigo para unir o balneario coa estación de ferrocaril e con Madrid, pero só funcionou no traxecto Vigo-O Porriño. Ademais tiña unha imprenta de seu en que se editaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeroporto situado entre a zona alta da parroquia de Cabral (Vigo) e os concellos de Mos e Redondela e que dá servizo á provincia de Pontevedra, parte da provincia de Ourense e ao N de Portugal. Foi inaugurado o 25 de abril de 1954 e está clasificado como de terceira categoría e clase internacional. Ten voos a Madrid, Barcelona, Sevilla, València, Bilbao, Palma de Mallorca, Tenerife e París, que permiten unha conexión con outros aeroportos, tanto nacionais coma internacionais. En 2004 rexistrou un total de 911.975 pasaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se sustenta no aire.

    2. Aeronave moi lixeira, sen motor e con superficies sustentadoras fixas durante o voo, que se eleva aproveitando as correntes atmosféricas. Non adoitan dispoñer de tren de aterraxe (que se substitúe por patíns), nin de instrumentos de voo e adoitan ter unha envergadura de ala moi grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lancha rápida e lixeira, polo xeral con motor foraborda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao aparato, mecanismo ou dispositivo que permite orientar con facilidade e pór na posición óptima unha peza para traballala, unha ferramenta para efectuar unha operación, dúas pezas para soldalas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comete unha profanación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao músculo ou ao movemento que pon a man en pronación.

    VER O DETALLE DO TERMO