"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • Que se goberna polas súas propias leis, que ten o dereito ou a facultade de gobernarse a si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo substituínte dunha molécula cromóxena que lle favorece a cor ao variarlle a lonxitude de onda e a intensidade de absorción da rexión de absorción máxima de radiación electromagnética do cromóforo. Os auxocromos inflúen no matiz da cor segundo a súa natureza, o seu número e a súa posición na molécula cromóxena; comunican á substancia propiedades tinguidoiras e convértena de substancia coloreada en colorante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise das raíces que teñen o eixe principal moito máis desenvolvido ca os laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base de lanzamento espacial situada preto do mar de Aral a aproximadamente 400 km ao SO da cidade do mesmo nome, no Kazakhstán, a 46° de latitude N. Construída pola Unión Soviética, logo da súa desintegración e a independencia do Kazakhstán, Rusia continúa empregándoa para o lanzamento das súas naves espaciais, co consentimento do goberno kazakho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Iniciouse na pintura a través da arte académica, aínda que despois dunha estancia en París volveu a Italia convencido das virtudes da coloración impresionista e divisionista, e disposto a resolver os problemas da luz e da cor. Nas súas primeiras obras interesouse polo mundo dos obreiros e dos marxinados (A xornada do obreiro, 1904 e A tola, 1905). Asinou o Manifesto futurista (1910) con Boccioni, Severini, Carrá e Russolo. A súa primeira obra futurista importante data do ano 1912 (O paseo dun can amarrado), onde consegue o movemento pintando as fases sucesivas do camiñar. A súa arte aproxímase á abstracción e evita a barreira do Cubismo. Entre 1911 e 1912 preocupouse polo tema do movemento (Rapaza que corre polo balcón e Velocidade do automóbil). Co ciclo das Demostracións intervencionistas (1915), púxolle fin á súa época futurista e iniciou un novo período tralo manifesto da Reconstrución futurista do universo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Educouse en Oxford. Nos anos vinte iniciou a súa andaina política fundando en 1937 o Partido Maha Sinhala. Integrado despois no Partido Nacional Unido, dirixido por Senanavake, foi nomeado ministro de Sanidade e de Goberno Local (1948-1951). En 1951 dimitiu e fundou un novo movemento, o Partido Cingalés Socialista pola Liberdade. Por medio dunha fronte popular conseguiu triunfar nas eleccións de 1956 e converteuse en primeiro ministro (1956-1959). Levou a cabo unha política exterior neutralista e, no interior, favoreceu os srilankeses en detrimento das etnias minoritarias. Nun momento de axitación e crise política, foi asasinado por un bonzo extremista, Talduwec Somarana Thero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciado en Dereito Canónico e doutor en Teoloxía. Foi profesor de Teoloxía do Seminario Conciliar de Santiago de Compostela e de Relixión na Universidade Laboral da Coruña. Membro do consello de redacción e colaborador da revista Compostellanum (1967-1971) onde escribiu sobre temas de teoloxía moral (“Pecado y psicología analítica actual”, 1963; “La psicopatología de la anticoncepción”, 1965). Dende 1986 é profesor de Historia Económica na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo. No eido da investigación histórica publicou Ideología y conflito de clases. Siglos XI-XIII (1977) e El señorío de la Iglesia de Santiago de Compostela: siglos IX-XIII (1987), que foi o tema da súa tese de doutoramento. Así mesmo, colaborou en obras colectivas como Galicia, rasgos originales y perspectivas de conjunto (1981) ou Dende Galicia: Marx: Homenaxe a Marx no 1° Centenario da súa morte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista italiano. Foi o mestre de Bartolo de Sassoferrato. Sitúase máis preto dos comentaristas ca dos glosadores. Publicou: Addtiones in Novellis, De usu feodorum, Additiones in Authenticas e Disputationes variae, coñecidas só fragmentariamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística francesa fundada en Lyon (1894) por Marius Berliet. Desde 1967 quedou estreitamente vencellada á empresa Citroën. Na súa orixe fabricaba automóbiles e camións, pero desde 1939 dedicouse só a camións. En 1975 foi integrada na Renault e en 1980 desapareceu a marca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De dúas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molécula integrante dun ser vivo. Quimicamente, distínguese entre as inorgánicas (auga, gases, anións e catións) e as orgánicas (glícidos, lípidos, proteínas, ácidos nucleicos e metabolitos intermediarios).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo bioindicador que permite unha análise cuantitativa das condicións do medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao biomorfismo.

    2. Que implica ou expresa biomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación aos fenómenos físicos ou culturais de conceptos, métodos, modelos ou metáforas propios da Bioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debuxo lineal creado segundo as teorías de Richard Dawkins no programa Blind Watchmaker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arrecife coralino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo ucraíno. Foi profesor de Fisiopatoloxía nas universidades de Kiev e Saratov, e presidente da Academia de Ciencias de Ucraína. É autor de traballos para retardar o envellecemento, tratar úlceras e fracturas mediante un soro citotóxico antirreticular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo polaco. Nunha primeira etapa (dende 1752), a meirande parte das súas obras foron adaptacións de Molière. A segunda significou o inicio da comedia polaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo atómico proposto por N. H. D. Bohr en 1913 para describir o átomo de hidróxeno. Baséase na hipótese de que o átomo só pode existir nuns certos estados estacionarios, nos que o seu electrón ocupa unhas órbitas (ou niveis enerxéticos) ben definidas. A emisión e absorción de enerxía polo átomo non ten lugar de forma continua senón que se realiza de forma discreta. O modelo atómico de Bohr representa a ponte conceptual entre a Mecánica clásica e a Mecánica cuántica.

    VER O DETALLE DO TERMO