Bohr, átomo de
Bohr, átomo de
[FÍS]
Modelo atómico proposto por N. H. D. Bohr en 1913 para describir o átomo de hidróxeno. Baséase na hipótese de que o átomo só pode existir nuns certos estados estacionarios, nos que o seu electrón ocupa unhas órbitas (ou niveis enerxéticos) ben definidas. A emisión e absorción de enerxía polo átomo non ten lugar de forma continua senón que se realiza de forma discreta. O modelo atómico de Bohr representa a ponte conceptual entre a Mecánica clásica e a Mecánica cuántica.