"Orne" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 234.

      1. Relativo ou pertencente ao corno.

      2. Que presenta a mesma natureza ou a aparencia do corno.

    1. Relativo ou pertencente ás estruturas queratinizadas.

    2. Relativo ou pertencente á córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • corn(eo/i)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lanzamento directo que se produce no fútbol desde a confluencia das liñas de banda e gol. Sinálase despois de que o balón que tocou en última instancia un xogador do equipo defensor sae do terreo de xogo e supera a liña de gol. Tamén se denomina saque de esquina.

    2. penalti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de palacios situados ás beiras da Gran Canle de Venecia. Está formado polo palacio Corner della Ca Grande (1530?), obra de Sansovino; o palacio Corner-Spinelli (1500), atribuído a Muro Coduci; o palacio Corner-Mocenigo (1543), obra de Sanmicheli; e o palacio Corner della Regina (1724), de Domenico Rossi.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento aerófono de metal, de perforación cónica moi acentuada que se caracteriza por un son agudo e estridente e pode producir os catro acordes de si bemol maior. Úsase moito nas bandas militares.

      2. Persoa que toca a corneta.

    1. Bandeira ou estandarte que remata en dúas puntas e cun corte angular no medio delas, que se usaba no exército e na mariña como sinalización e insignia particular dos xefes de escuadra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Toque prolongado de corneta.

      1. Burla dirixida aos viúvos na noite do seu casamento cando volven casar. Prolóngase durante varias noites, nas que se entoan unha serie de coplas satíricas. Adoitaban acompañarse dos sons de chocallos, tixolas, cacharros vellos ou calquera instrumento improvisado. O esquema resultaba ser sempre o mesmo; a primeira copla era invariable: “Quen casou? / Bata cagada. / E con quen? / Con Mexa na Cama. / Arriba coa chocallada.” A seguinte estrofa recollía os alcumes e o momento no que se coñeceu a parella, acompañada doutras nas que se resaltaban defectos físicos ou morais da parella. En determinados lugares, os mozos que ían casar a outras parroquias ou que non respectaban os costumes antigos do lugar, tamén eran obxecto da chocallada. Unha vez que esta remataba, adoitaba celebrarse un baile o domingo pola tarde coñecido como festa dos mozos.

      2. Balbordo continuo producido por obxectos, como chocallos e cornos, para mofarse, nunha serie de noites, dunha persoa viúva que volve casar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fragmento de papel ou cartón enrolado de forma cónica que se utiliza como recipiente para cousas, como froitos secos ou lambetadas.

      2. Cantidade que contén o obxecto de papel ou cartón enrolado de forma cónica.

    1. Galleta de forma cónica que se emprega para servir xeado de maneira que se poida consumir sen necesidade de usar culler.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento aerófono de metal, de perforación lixeiramente máis cónica ca a da trompeta e que, polo tanto, produce un son menos brillante ca esta. Creouse en Francia no s XIX, cando se lle incorporan pistóns á antiga corneta de posta. Constrúese con tres afinacións diferentes: o soprano, o picolo e o contralto. A perfección técnica da actual trompeta relegouno practicamente da orquestra e normalmente só se utiliza nas bandas de música.

      2. Persoa que toca o cornetín.

    1. Molusco gasterópodo mariño de cuncha ovada, de ata 4 cm de lonxitude, a miúdo con bandas negras e amarelas, e peristoma groso e dentado. É un animal depredador que se alimenta doutros animais, incluso moluscos con cuncha. Vive en fendas das costas rochosas do mediolitoral atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das pequenas láminas óseas situadas no interior das cavidades nasais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador e debuxante holandés. Iniciou a súa andaina artística en Anveres; posteriormente se trasladou a Venecia, onde traballou con Tiziano. Instalado en Roma, creou un obradoiro no que se formou, entre outros, Agostino Carracci. Gravou obras de diferentes autores, como Raffaello Sanzio (A transfiguración) e Tintoretto (Degolación dos inocentes).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (San Petersburgo 1882 - Peredelkino, Moscova 1969) Escritor ruso. En 1903 trasladouse a Londres como correspondente, feito que lle permitiu adquirir un coñecemento profundo da literatura inglesa e americana. Tradutor de R. Kipling, M. Twain e P. Whitman, exerceu como crítico literario; posteriormente, cultivou a literatura infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a gornición ou adornos a algo.

    2. Levantar a gornición que defende algo, especialmente unha fortaleza.

    3. Desprover unha cousa das partes fundamentais para o seu funcionamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desgornecer.

    2. Aplícase ao cabalo que se representa sen arreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano. Casou coa filla de Cicerón e colaborou con César na conquista das Galias e na guerra civil contra Pompeio. Nomeado tribuno (47 a C), recibiu o consulado á morte de César. Foi encargado do goberno de Siria, e ao ser derrotado por Gaio Casio, un dos asasinos de César, suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en San Xoán do Borneiro (Cabana) nunha pequena chaira orientada cara ao interior, no límite coa comarca de Soneira-Xallas. Trátase dunha das antas máis coñecidas de Galicia, mencionada xa por Eduardo Pondal. Escavouse parcialmente entre os veráns de 1987 a 1989 nunha intervención que dirixiu Xosé María Bello Diéguez. Está composto por unha estrutura megalítica de cámara poligonal de grandes dimensións (4,20 x 2,90 m), con sete lousas chantadas e inclinadas cara ao interior e unha de cubrición. O corredor, ben diferenciado, conserva parte do seu alzado (tres laxes a cada lado), da súa cubrición (unha lousa desprazada cara á dereita das chantas) e a lousa de peche; orientado cara ao O, ten unha lonxitude de 4,10 m, unha anchura variable entre os 95 e os 140 cm e unha altura que diminúe a medida que se afasta da cámara principal, que oscila entre os 95 e os 150 cm. O túmulo, duns 24 m de diámetro e 1,80 m de altura, estaba formado por unha masa de terra escura recuberta parcialmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oleiros baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa que vai pendurada sobre a moa do muíño, e pola que cae o gran que se vai moer.

    VER O DETALLE DO TERMO