"Oza" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico estudantil editado en Santiago de Compostela a partir de xaneiro de 1909. O seu director literario foi Luis Vilardefrancos Calé. Trátase posiblemente da primeira publicación universitaria que se rexistra en Galicia. Na súa elaboración participaron Antonio F. Tafall, Manuel Lustres Rivas, Eduardo Dieste e Castelao.
-
PERSOEIRO
Cardeal e político, fillo de Íñigo López de Mendoza. Formado en leis nas universidades de Toledo e Salamanca (1446-1452), foi bispo de Calahorra (1454), Sigüenza (1467) e Sevilla (1473). Conselleiro de Enrique IV de Castela, procurou o achegamento con Portugal, a alianza cos ingleses fronte a Francia e o recoñecemento da lexitimidade de Xoana a Beltranexa como herdeira fronte á princesa Isabel. Tralo casamento de Fernando e Isabel (1469) e a obtención do capelo cardenalicio (1472) abandonou o partido da Beltranexa. Nomeado chanceler maior do selo (1473-1495), iniciou o saneamento da facenda real, apoiou as propostas de C. Colón e negociou o Tratado de Tordesillas (1494). Arcebispo de Toledo desde 1492, fundou en Valladolid o colexio de Santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cousa que produce moito pracer ou gozo intenso.
-
-
Sentir gozo por algo bo e positivo e aproveitarse do seus efectos beneficiosos.
-
Realizar o acto sexual cunha persoa.
-
Sentir ou experimentar pracer con algo.
-
Ter ou posuír algunha cousa útil, positiva ou beneficiosa. OBS: Emprégase seguido da preposición de.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido utilizado por algúns membros da liñaxe dos Mendoza, aínda que sen chegar a formar unha rama. Entre os seus membros destacaron Andrés Hurtado de Mendoza (?-1561), administrador colonial español e vicerrei de Perú (1555-1561), o seu fillo García Hurtado de Mendoza (1535-1609), militar e administrador colonial, vicerrei de Perú (1589-1596) e gobernador de Chile (1556-1558) e Diego Hurtado de Mendoza (1503-1575) diplomático, humanista, poeta e militar, posible autor de Lazarillo de Tormes.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Alex de la Iglesia, foi director artístico de Todo por la pasta (1991) de Enrique Urbizu. Realizou Mirindas Asesinas (1991), o seu primeiro corto e co que acaparou diversos premios en numerosos festivais, e os filmes Acción Mutante (1992), galardoada no Festival de Cine Fantástico de Montréal e gañadora de tres Premios Goya, El día de la Bestia (1995), que obtivo seis premios Goya e foi galardoada nos festivais de Géradmar e Bruxelas, La Comunidad (2000), que recibiu tres premios Goya, 800 Balas (2002), pola que tamén obtivo un Premio Goya, e Crimen Ferpecto (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto xaponés. Foi catedrático de enxeñería urbana na Universidade de Toquio desde 1964. Discípulo e colaborador de Kenzo Tange, intregrouse no Grupo Metabolismo e traballou no plano de desenvolvemento de Toquio. En 1970 comezou a definir unha linguaxe propia, inscrita na arquitectura posmoderna. Entre as súas obras destacan o Museo Municipal de Kitakyūshū (1972-1974), o centro cívico de Tsukuba (1982), o Museo de Arte Contemporánea de Los Angeles (1981-1986), o Palau Sant Jordi de Barcelona, inaugurado en 1990, e a Domus-Casa do Home da Coruña, inaugurada en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós de Macedonia, Grecia (3.516 km2; 150.386 h [1991]). A capital é Kozánē (31.553 h [1991]).
-
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de San Xoán de Laíño (Dodro). O seu cumio acada os 567 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Mondoñedo e arcebispo de Santiago de Compostela (1400-1445). Financiou a construción da igrexa de San Martiño de Noia (1434) e promoveu as obras na capela funeraria da catedral de Santiago de Compostela, coñecida como a Nosa Señora do Perdón ou de don Lope, que deu lugar, no s XVIII, á capela da Comuñón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fraile mercedario. Dirixiu o Colegio-Seminario de la Merced de Herencia (Cáceres) e en 1967 trasladouse a Brasil, onde foi bispo de Ceramo (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e estadista, marqués de Santillana e conde del Real de Manzanares, fillo de Diego Hurtado de Mendoza. Combateu a privanza de Álvaro de Luna e mantivo sempre fidelidade a Xoán II. A súa produción poética comprende poemas alegóricos, eruditos e cunha clara influencia italiana, como Comedieta de Ponça e Infierno de enamorados; poemas didáctico-morais, como Diálogo de Bías contra Fortuna, Doctrinal de privados e Proverbios, e tamén os 42 Sonetos fechos al itálico modo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Ousende, San Clodio e Santiago de Nespereira. As súa armas traen, en campo de ouro, unha aguia de goles, cargada dunha chave de ouro, posta en faixa, mirando cara á destra e o paletón cara a arriba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rafael Lozano Bartolozzi.
-
GALICIA
Realizador cinematográfico. Comezou como director con Retorno a Tagen Ata (1975), primeira película galega rodada no formato profesional de 35 mm. Coa súa produtora Praia Lenta Films recuperou e reeditou en 1980, en colaboración co Museo do Pobo Galego, o documental de Antonio Román El hombre y el carro (1940). Posteriormente realizou os documentais, en 16 mm, Os oleiros (1975), El castaño (1979) e Manzaneda (1979). En 1981 dedicouse á publicidade a través da súa empresa Eloy Lozano Publicidad e, en 1994, realizou a curtametraxe Entrevista, ademais de crear en 1996 o OFF (Ourense Film Festival). En 2000 comezou a rodaxe da súa primeira longametraxe, Belas dormentes (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico e político. Doutor en Farmacia pola Universidad de Madrid (1956) e director do centro de bioloxía molecular do CSIC, ocupou a carteira ministerial de Educación e Ciencia (1981-1982). En 1987 converteuse en membro do Parlamento Europeo e director xeral da UNESCO, cargo que renovou en 1993. Publicou, ademais de numerosos traballos científicos, os libros de poemas A contraviento (1985) e Terral (1997), e os ensaios Un mundo nuevo (1999) e UNESCO: un idéal en action (1996). Foi nomeado doutor honoris causa por distintas universidades, como as de Montevideo, Autónoma de Barcelona, Extremadura, València, Córdoba e Granada. En 1995 a Generalitat de Catalunya outorgoulle o premio Blanquerna.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Mendoza, Arxentina (119.681 h [1999]). É un nó de comunicación entre a Pampa e os vales andinos e é tamén a primeira cidade vinícola do país. Fundada en 1561 por Pedro del Castillo, pertenceu ao territorio de Chile ata a creación do vicerreinado do Río de La Plata (1776).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Arxentina, situada na rexión Andina, facendo fronteira con Chile (148.827 km2; 1.573.671 h [2001]). A súa capital é Mendoza. Nesta provincia localízanse as cimas (Aconcagua, 7.032 m de altitude) e os pasos (Paso de la Cumbre, 4.064 m de altitude) máis elevados dos Andes. A agricultura baséase no cultivo de vide, que representa a produción máis elevada do total de América Latina. É importante a gandaría de porcos, cabalos e vacas.