"PLA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

    1. Que está situado en dous planos.

    2. Liña na que se produce a intersección de dous planos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión coas ás dispostas paralelamente en dous planos, e unidas xeralmente por tirantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que ten por obxecto reparar unha pálpebra destruída ou deformada por unha ferida, unha contusión ou unha lesión ulcerosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mastigosoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o plano urbanístico do centro histórico da cidade italiana de Boloña, aprobado en 1969. Constituíu un fito, tanto desde o punto de vista teórico como no referente á aplicación práctica, no tratamento urbanístico dos centros históricos das grandes cidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. En 1870 trasladouse a Arxentina, onde actuou en numerosos melodramas. De volta a Barcelona (1883), ingresou no Romea para seguir coa súa carreira. Ángel Guimerà elixiuno como protagonista das súas obras Mar i cel (Mar e ceo), L’ànima morta (O espírito morto), Rei i monjo (Rei e monxe) e Terra baixa (Terra baixa). Estreou tamén obras de Frederic Soler e de Josep Pin i Soler. Nos últimos anos especializouse en papeis cómicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e viaxeiro francés, compañeiro de Friedrich Heinrich Alexander von Humboldt. En colaboración con este escribiu Plantae aequinocciales (Plantas do equinoccio, 1805-1809), onde se describe un gran número de especies e xéneros novos. Posteriormente foi superintendente do Xardín da Malmaison.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos liquenizados da subdivisión ascomicotina, de talo crustáceo e apotecios avermellados, amarelados ou negrosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de filósofos ingleses do s XVII, de tendencia relixiosa, no que primaba a moralidade máis ca o dogma e que trataba de conciliar a ética cristiá coa racionalidade filosófica e científica. Os representantes máis destacados foron Ralph Cudworth e Henry More.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Freire e arquitecto galego activo entre 1771 e 1801. Ingresou como leigo no mosteiro de San Martiño Pinario en 1771, onde construíu, seguindo as trazas de frei Manuel dos Mártires, a escaleira da igrexa. Deseñou o monumento da Semana Santa. En colaboración con Xosé Ferreiro realizou, entre 1773 e 1777, o altar da capela de Santa Escolástica, cun esquema que se repetiu nas capelas de Santa Xertrude e do Cristo da Paciencia (1784). Atribúenselle os colaterais da capela do Socorro dedicados a san Xaquín e san Xosé (1783), o da capela de san Bernaldo (1786) e a caixa da sancristía. Corrixiu o empenamento das paredes laterais do claustro do convento de Santo Agostiño usando unha máquina da súa invención premiada pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando sobre a que escribiu un tratado inédito. En 1801 foi comisionado polo arcebispo Raxoi para examinar a obra dos altares da capela do Pazo de Lestrove, realizada por Ramón Pérez Monroy. O seu estilo adscríbese ao neoclasicismo, aínda que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación practicada para corrixir a estenose do orificio palpebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica practicada sobre a porción terminal do esófago para restablecer o funcionamento normal do cardia en caso de acalasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • nucleoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na comarca do Baix Empordá (5.177 h [1996]). Está atravesado pola cubeta tectónica do val de Aro, aberta ao mar pola longa praia de Aro. A actividade turística é a base da economía municipal, pois a devandita praia constitúe un dos centros estivais máis importantes de Catalunya. O sector secundario desenvolveuse en íntima relación co turismo, con predominio das empresas de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, situada na comarca de La Plana Alta (135.729 h [1996]). Esténdese entre o mar e os últimos contrafortes do Sistema Ibérico. A parte interior do termo é montañosa aínda que cara á costa se estende unha enorme chaira, limitada ao N pola chegada da serra de Oropesa ao mar e, ao S, polo delta do río Mijares. Un posible movemento de submersión do litoral determinou a existencia dunha zona pantanosa ao longo da costa, separada do mar por unha franxa de dunas. Neste lugar hai arrozais, pero en regresión por mor da drenaxe do terreo que se está a converter en terra de horta. O 77% da superficie municipal está cultivada e nela predomina claramente o regadío, sector que xunto co da pesca conforma a súa base económica. Ademais das industrias tradicionais de cerámicas e de tecidos, destaca a construción mecánica e a industria química, así como o desenvolvemento do turismo. O núcleo urbano concentra o 90% da poboación municipal. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa da Comunitat Valenciana, con capital na cidade de Castelló de la Plana, constituída por tres partidos xudiciais e 135 municipios (6.679 km2; 456.727 h [1996]). Creada no 1822, correspondía aproximadamente á antiga gobernación do mesmo nome que incluía tamén terras aragonesas. No 1833 a nova división provincial conservou a provincia de Castelló e volveu aos límites históricos de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tradutor e xornalista. Formado en Glasgow e Londres, foi locutor da BBC, nas seccións española e galego-portuguesa, e profesor de inglés de ensino medio. Foi correspondente en Londres dos xornais Jornal de Noticias, El Pueblo Gallego e Informaciones e colaborador de Céltiga, La Noche, Faro de Vigo, A Nosa Terra e Ser. En 1931 participou na asemblea de constitución do Partido Galeguista e foi membro do Consello Permanente. Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía; ademais promoveu, xunto con Álvaro de Las Casas, a fundación da Asociación de Escritores Galegos (1936). Da súa produción destaca La saudade y el arte en los pueblos célticos (1928), a tradución dos folk-dramas, en colaboración cos irmáns Villar Ponte, Catuxa de Houlihan e O país da saudade (1935), de William Butler Yeats, o estudo “Un tema de Galicia: la saudade y la poesía (1950) e o libro de traducións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición mucilaxinosa, envolta en gasas e xeralmente quente, que se aplica sobre a pel como remedio medicinal. Pode reter gran cantidade de calor húmida e ten acción emoliente, calmante e antifloxística.

    2. Persoa feble e de saúde delicada.

    3. Persoa que resulta aburrida e molesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión central do citoplasma das cianofíceas, desprovista de láminas fotosintetizadoras, e que, polo tanto, aparece cunha cor máis clara no microscopio óptico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é cen veces maior ca outro.

    2. Cantidade cen veces maior ca outra. OBS: Xeralmente a partir do quíntuplo adoita empregarse o cuantificador seguido do substantivo veces, agás na linguaxe moi técnica ou especializada (

    VER O DETALLE DO TERMO