"Rīga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 128.

  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, cinco cunchas de vieiras de ouro, colocadas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou na represión da revolta republicana en Ferrol (1872) e ascendeu a capitán e a xeneral de Brigada. Loitou contra os carlistas e Afonso XIII concedeulle o título de conde do Grove. Escribiu Tratado de balística de las armas rayadas (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Ingresou no Colexio de Artillería en 1799 e participou na Guerra de Indepedencia. Pola súa ideloloxía liberal foi nomeado xefe político interino de Galicia e presidente da Deputación galega (1822). Director da Fábrica de Armas de Trubia e de Sargadelos, en 1828 acadou o grao de tenente coronel e foi profesor da Academia de Artillería, director da Mestranza da Coruña (1833) e gobernador da Coruña (1834). Representou a Galicia no parlamento nas lexislaturas 1837-1838 e 1840-1841. Ascendeu a brigadier en 1842 e chegou a mariscal de campo en 1848.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e aviador. Ingresou no Servicio de Aeronáutica Militar como tenente (1920), realizou os cursos na Escola Superior de Aeronáutica en París e obtivo o título de Enxeñeiro Aeronáutico. Ascendeu a comandante en 1925 e desempeñou os cargos de director da Escuela de Transformación de Cuatro Vientos e xefe de escuadrilla. Realizou unha gran viaxe ata Extremo Oriente. Saíu desde Cuatro Vientos o 5 de abril de 1926 e chegou a Manila o 13 de maio do mesmo ano. Recibiu a medalla militar individual e a Cruz Laureada de San Fernando. En 1933 inaugurouse un monumento na súa memoria, obra de Francisco Asorey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está revestido de loriga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crustáceo, da orde dos decápodos, semellante á lagosta, da que se diferenza polas patas anteriores, máis grandes, en forma de pinzas e ás veces desiguais. Caracterízase pola súa cor azul violácea, que se volve vermella intensa unha vez cocido. Debe mercarse vivo, pois unha vez morto a carne perde o seu sabor. É un dos produtos do mar que xa desde os tempos dos gregos gozou de gran prestixio gastronómico. Coñeceuse como lumbrigante desde o s XVI, pois ata entón chamábaselle cangrexo de mar. Consómese cocido, á prancha ou á brasa, acompañado por diferentes salsas, con arroz e, modernamente, combinado en ensaladas vexetais e salpicóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición poética breve, de versos heptasílabos e hendecasílabos, que riman ao gusto do poeta. Xeralmente de contido amoroso, introduciuse na Península Ibérica desde Italia no Renacemento.

      1. Canción con texto profano, case sempre a dúas voces, que contrasta e alterna con instrumentos. Apareceu en Florencia no primeiro terzo do s XIV. Destacaron G. da Cascia, Gherardello, P. de Firenze, J. da Bologna e F. Landini.

      2. Peza polifónica, a miúdo a cinco voces, de estrutura moi libre, que permite unha gran liberdade e variedade de expresións. É unha forma característica da música italiana do s XVI. Sobresaíron C. Monteverdi, L. Marencio e Gesualdo da Venosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao pé da serra de Gredos e delimitado ao S polo río Tiétar (1.755 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado en La Tierra de Arévalo e regado polo río Trabancos (1.916 h [2001]). É un centro agrícola, con cultivo de viña, trigo, legumes e patacas, ademais de posuír gandería ovina. Do seu patrimonio cultural destacan as murallas (s XIII), a igrexa de San Nicolás de Bari, de estilo románico-mudéxar, e a casa onde naceu Isabel I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Colaborou na revista La Estafeta e en Madrid Artístico. Colaborou co seu pai en El Anunciador de Pontevedra e foi redactor do diario vigués El Independiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao N do río Guadiana e regado polo seu afluente, o Ruecas (2.115 h [2001]). É un termo agrícola con industria da cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao madrigal.

    2. Que ten carácter amoroso e galante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen compón ou canta madrigais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compoñer ou cantar madrigais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagoga. Licenciada en Pedagoxía (1957), participou na creación da escola Talitha (1956), e en 1965 fundou a Escola de Mestres Rosa Sensat. Traballou na aprendizaxe da lectura e editou a obra Quadres de fonologia per a l aprenentatge de la lectura i l escriptura catalá (1974), en colaboración con J. M. Cormand (versión castelá, 1975). Foi concelleira de Barcelona, asumindo responsabilidades de educación e cultura, e impulsou o Instituto Municipal d Educació de Barcelona, e senadora en dúas lexislaturas polo PSC-PSOE. Desde maio de 2004 preside o Consejo Escolar del Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. A súa obra caracterízase por unha hábil construción do relato, ao que lle imprime certas doses de humor, e onde a cidade figura como lugar natural escollido polo autor para profundizar nas formas de vida doutras épocas e doutras sociedades. A urbe, como personaxe literaria, é o marco do seu propio desenvolvemento, marcado polos conflitos sociais. En catalán é autor das pezas teatrais Restauració (1990) e Els llims o la visitació de la felicitat (1997). Da súa produción destacan as novelas La verdad sobre el caso Savolta (1975, Premio de la Crítica), El misterio de la cripta embrujada (1978), El laberinto de las aceitunas (1982), La ciudad de los prodigios (1986, Premio Ciutat de Barcelona), La isla inaudita (1989), Sin noticias de Gurb (1990), El año del diluvio (1992), Una comedia ligera (1996), La aventura del tocador de señoras (2001) e El último trayecto de Horacio Dos (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Divindade da mitoloxía celta que forma parte da tríade do mesmo nome.

    2. Tríade da mitoloxía celta composta polas deusas Nemain, Macha e Badbh, que son tres aspectos diferentes de Morrigan como divindade. Está relacionada cos Tuatha Dé Danann e representa a guerra, o destino, a morte, a fertilidade e o amor carnal. Pode adoptar diferentes aspectos, pero adoita presentarse coa forma dun corvo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre a de Salgueiros e a do Rubio, na parroquia de Barizo (Malpica de Bergantiños).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de estar obrigado alguén a facer algo.

    2. Aquilo que alguén debe facer.

    3. Favor que se debe a alguén en correspondencia por algún beneficio que se obtivo.

    4. Documento en virtude do que unha persoa pode esixir algo a outra.

      1. Deber xurídico de calquera clase.

      2. Situación xurídica en que o acredor ten un dereito de crédito que lle permite esixir ao debedor unha determinada conduta de contido patrimonial, que consiste en facer, deixar de facer ou librar algunha cousa. As obrigas teñen orixe nas disposicións da lei, no acordo dos interesados, nos delitos e nas actuacións neglixentes ou imprudentes. En caso de incumprimento do deber por parte do debedor, este responde co seu patrimonio, pero non coa súa persoa. As obrigas que nacen do pacto entre as partes reciben o nome de contrato. Hai obrigas das que non se pode esixir o cumprimento coactivamente, pero que son moralmente esixibles e poden producir consecuencias xurídicas: obrigas naturais como pagar os xuros non pactados expresamente. Entre as máis importantes están a obriga alternativa, en que existen dúas ou máis prestacións pero só é necesario que o debedor cumpra unha; a obriga específica, en que a prestación ten como obxectivo unha cousa ou un servizo concreto...

    5. Título que representa unha parte do capital que pide prestado unha sociedade financeira, industrial ou comercial. Este crédito toma a forma de préstamo a longo prazo, e as obrigas como representación dunha parte alícuota deste poden ser negociadas en bolsa. As características que as diferencian das accións son fundamentalmente o feito de percibir uns xuros fixos e a calidade acredora á que acceden os posuidores de obrigas. O atractivo principal das obrigas no mercado de capital é a seguridade e a certeza da súa retribución. Adóitase emitir obrigas con cláusulas específicas que prevén primas suplementarias ou a variación do índice xeral de prezos, así como a das denominadas obrigas convertibles en accións. OBS: Tamén se denomina obrigación.

    6. Título ou valor en que se fai constar a promesa de pagar unha certa cantidade de cartos á persoa que resulte ser o seu posuidor lexítimo, nun determinado vencemento.

    7. Instrumento financeiro, que é emitido a desconto sobre o seu importe nominal, normalmente mediante poxa, por grandes empresas non financeiras e que non ten por finalidade a obtención de fondos para a tesouraría. A emisión pode ser feita directamente pola empresa ou a través dun establecemento financeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO