"RAI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 377.
-
PERSOEIRO
Escritor. Dentro dun realismo preocupado pola técnica e o estilo, publicou, entre outras obras, os contos Lima, hora cero (1954) e Kikuyo (1955), e a novela No una, sino muchas muertes (1958), iniciadora do realismo urbano en Perú.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano consultivo da Comunidade Autónoma de Galicia adscrito á consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, está integrado por representantes das organizacións sindicais de traballadores e do empresariado e ten competencias en materia de dereito laboral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode contraer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de contraer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adorno situado nunha fachada que adopta a forma de escamas en oco.
-
-
Acción e efecto de contraindicar.
-
Circunstancia que impide a aplicación dun tratamento determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de contraindicar.
-
-
Recomendar a abstención dunha cousa determinada por resultar prexudicial, contraproducente ou perigosa.
-
Facer algo que outra cousa resulte perigosa ou contraproducente.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación cultural en galego editada pola agrupación coral do mesmo nome en Bos Aires durante o ano 1958. Subtitulouse “No seu quinto ano de eisistencia” e contaba cun consello de redacción formado por Manuel Cordeiro, Evelio Iglesias e César Quiroga. Incluíu colaboracións de Xosé Neira Vilas, Alberto Vilanova, Leandro Carré Alvarellos e Antón Santamarina, entre outros. Á parte dos traballos literarios, inseriu notas sobre cultura galega en xeral, acompañadas dalgunhas imaxes de persoeiros galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña co escultor Xosé Xoán e na Escola de Belles Arts de Barcelona (1960) con Montagut e Vélez. En 1967 trasladouse a Xenebra. De regreso a Galicia instalouse na súa vila natal e converteu a súa casa no Museo Víctor Corral. Traballou con diferentes materiais, como a madeira, a pedra de gran, o mármore, o bronce, o marfil ou o barro. A súa obra, síntese de realismo e idealismo, abrangue relevos e esculturas de vulto redondo cun amplo repertorio temático. Cultivou tamén a pintura, principalmente a acuarela, e a poesía. Entre as súas obras destacan A Virxe do Rosario (1971), labrada no interior dun castiñeiro; A fonte dos nenos (1975), A creación, O gaiteiro, María-Belén con boneca e flor, Eva, Xustiza (1993), Árbore xenealóxica arquitectónica (1998) e Os namorados (1998). Ademais, realizou esculturas de carácter público, como o Monumento en...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Frecha areosa da foz do río Landro, situada no fondo da ría de Viveiro pola súa beira occidental, no litoral da parroquia de Covas (concello de Viveiro).
-
PERSOEIRO
Fotógrafo escocés. Destacou polos retratos de coñecidos persoeiros ingleses que preparou cun estilo semellante ao da pintura impresionista. Ademais, realizou en 1890 copias pigmentadas dos antigos negativos de David Octavius Hill, coñecidos como fotogravados. No ano 1900, a Royal Photographic Society de Londres ofreceu unha retrospectiva da súa obra. Individualmente, expuxo en diferentes cidades de Europa e EE UU como París, Londres ou Nova York. Publicou Venice and Lombardy: A Series of Original Photographs (Venecia e Lombardia: series de fotografías orixinais, 1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena, escenógrafo e teórico teatral. Formouse baixo a tutela de Henry Irving, un dos directores máis influentes da Inglaterra de finais do s XIX. Entre os seus traballos máis coñecidos están as realizacións escenográficas que realizou para Otto Brahm e Eleanora Duse, ou para o Teatro de Arte de Moscova, onde traballou como director nunha produción de Hamlet en 1912. Foi un dos máis importantes promotores do movemento antinaturalista e simbolista, que apostou por un teatro que, renunciando á palabra, explorase todas as posibilidades do espacio, do movemento, da luz e de elementos escenográficos móbiles, para converter o actor nunha supermarioneta ao servizo do espectáculo integral. As súas propostas, recollidas no libro On The Art of the Theatre (A arte do Teatro, 1905) e nos números da revista The Mask (1908-1929), que el redactaba case na súa totalidade, tiveron unha considerable influencia en directores e dramaturgos, como Max Reinhardt, Rafael Dieste ou Bob Wilson.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, Reino Unido (388 km2; 77.200 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do jude ṭ de Dolj, Romanía, situada na marxe dereita do río Jiu (314.920 h [estim 1999]). É unha rica zona agrícola que produce principalmente cereais e hortalizas, ademais de ser o centro comercial máis importante ao O de Bucarest. As principais industrias son as mecánicas, as téxtiles e as de fertilizantes. Tamén destaca polo seu carácter administrativo e cultural. A antigüidade do seu poboamento remóntase ás épocas grega e romana. Entre os ss XV e XVIII foi residencia dos gobernadores militares. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar a igrexa de san Dumitru e os mosteiros de Cosuna e Jitianu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do apelido galego Currás.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Estudiou na Académie Carrière (1898-1899) e na Académie Julian (1904). Traballou con Vlaminck (1899), con quen descubriu a arte negra. Pintou con cores puras e vivas, con trazos fragmentarios e cunha composición monumental. No Salon d’Automne de 1905, onde se concretou o fauvismo, presentou obras como Vue de Collioure (Vista de Collioure, 1905). Influído por Cézanne e o cubismo (1907), abandonou o fauvismo; entre as obras deste período destacan Baigneuses (Bañistas, 1908) e Vue de Cadaqués (Vista de Cadaqués, 1910). Trala Primeira Guerra Mundial encamiñouse cara a unha figuración clásica e pintou paisaxes, retratos, bodegóns e nus como La beau modèle (A bela modelo, 1923). Realizou decoracións teatrais entre as que destacan as dos Ballets Russes (Ballets rusos, 1919) de D’agilev.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arrancar unha planta coa raíz.
-
-
Acción e efecto de desarraigar.
-
Estado da persoa que non sente apego polo lugar ou a sociedade á que pertence.
-