"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumefacción das glándulas do pescozo, que se pode converter en chaga ao rebentar.
-
-
Acción de discutir dun xeito violento, incluso cunha pequena rifa.
-
Trámite de diálogo entre os avogados ou representantes das partes en litixio nos procesos e nas causas criminais.
-
Na Idade Media, cuestión ou reclamación, tanto en contenda como extraxudicialmente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disputar dun xeito intenso e, ás veces esaxerado, por algo.
-
PERSOEIRO
Cuarto marqués de Villafranca del Bierzo debido á morte sen sucesión do seu irmán Fadrique (1569). Segundo fillo de Pedro Álvarez de Toledo y de Zúñiga. Educado en Nápoles, no 1535 foi nomeado Xeneral das Galeras de Nápoles. No 1554 dominou a insurrección de Siena e loitou en Flandres. Lugartenente Xeneral de Catalunya (1558-1564), enfrontouse ás incursións turcas na costa e ao bandoleirismo. Fomentou a actividade dos estaleiros de Barcelona. No 1564 Filipe II nomeouno Capitán Xeneral da Mar Océana e conquistou o penedo de Vélez de la Gomera. Vicerrei de Sicilia (1565-1566), recibiu os títulos de duque de Fernandina e de Príncipe de Montalbano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e político. Sexto marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano, títulos que herdou á morte do seu pai, Pedro Álvarez de Toledo-Osorio y Colonna (1627). Distinguiuse na loita contra os piratas turcos e bérberes, converténdose decontado en Capitán das Galeras de Filipe III. No ano 1635, xunto con Álvaro de Bazán, apoderouse das illas de Lerins, na costa da Provenza. Máis tarde interveu na recuperación de Salsas (1639-1640), que ficaba en mans francesas. Ao comezar a Guerra dos Segadors procurou axudar á causa de Filipe IV: bloqueou Barcelona por mar e impediu con reforzos que Tarragona caese en mans das forzas catalano-francesas que a estaban a asediar. Malia os seus éxitos, foi preso polo Conde-duque de Olivares. Liberado ao caer en desgraza Olivares (1643), foi rehabilitado e dirixiu as operacións marítimas do resto da guerra. Foi membro do Consello de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e animador teatral coñecido como Paco Mivida, é célebre polas súas letras para as comparsas do Entroido, polos seus propósitos, cos que ten recibido diversos premios, e polas súas aparicións en diversos programas da Televisión de Galicia, como O mellor.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Estadista arxentino, neto de Carlos María de Alvear. Membro da Unión Cívica Radical (1890), participou nas revolucións de 1890, 1893 e 1905. Substituíu a Yrigoyen na presidencia (1922-1928) e seguiu unha política máis moderada. Dende o derrocamento de Yrigoyen (1931), exerceu o liderato do Partido Radical.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito destinado a recoller a auga dos ríos e pozos que logo será empregada para regar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Código empregado para representar todos os caracteres alfanuméricos, signos de puntuación e outros caracteres de control, por medio de 8 díxitos binarios. A táboa, empregada nos ordenadores persoais, dispón de 256 caracteres.
-
PERSOEIRO
Sindicalista. Vencellado dende moi novo á CNT, Amil tivo unha intervención sinalada no movemento libertario tanto en Galicia como no resto do Estado. Carpinteiro de profesión, asesor dos sindicatos da súa cidade natal no primeiro bienio republicano e, así mesmo, membro da FAI, pasou a residir na Coruña pouco antes da folga xeral convocada o 8 de Nadal de 1933 en todo o territorio español pola CNT, e na que participou activamente. Encadeado días despois, os malos tratos recibidos non fixeron máis que aumentar o seu prestixio entre os seus camaradas, de tal xeito que, ata o 18 de xullo de 1936, formou parte en máis dunha ocasión do Comité da CRG. Cando comezou a guerra, reapareceu en Madrid; alí ocupou o secretariado da Federación Nacional del Transporte, así como diversos postos de responsabilidade no Exército da Rexión Centro e no Comité Nacional da CNT. Nos últimos días da contenda, atopámolo no Comité de Defensa da Rexión Centro que vai destituír o goberno Negrín, para asumir logo as...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral cartaxinés, pai do célebre Aníbal (ou Haníbal). Participou na Primeira Guerra Púnica e dirixiu a represión dos mercenarios que se sublevaron contra Cartago. Levou a cabo a conquista do sector meridional da Península Ibérica que foi organizada por Cartago co fin de compensar a perda de Sicilia. Fundou a base de Akra Leuké. Morreu durante o asedio á cidade de Eliké, tradicionalmente identificada con Elx a mans do xefe íbero Orisón. Foi substituído polo seu xenro Asdrúbal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador latino. Como militar loita contra os alamanos e os persas. Escribe a Rerum gestarum, a historia de Roma entre os anos 96-378, dos que só se conservan os 16 últimos dos 31 libros, que abranguen desde o Emperador Constantino ata Valentiniano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de antílopes de pequeno tamaño da familia dos bóvidos ao que pertence o dibatag.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Profesor de Matemáticas, Física Experimental e Belas Artes do s XVIII. Tamén foi presidente da Academia da Real Universidade Compostelá. Publicou as seguintes obras: Idea sucinta de la vida del glorioso San Roque escrita en italiano por un devoto (Santiago, 1770 e 1830), Construción gramatical de los himnos eclesiásticos, dividida en siete libros por el orden del Breviario Romano (Santiago, 1771) e De las venturas de España la de Galicia es la mejor (Santiago, 1773). A este último púxolle música o mestre de capela da catedral, Bruno Chiodi, e foi cantado pola mesma capela na festa do Apóstolo do ano xubilar de 1773.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada procedente do grego que se emprega na composición de palabras co significado de ‘anárquía’ ou ‘anarquismo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
comunismo libertario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que atribúe aos sindicatos un papel fundamental na reivindicación laboral obreira e na loita pola consecución da revolución social. A fusión do pensamento bakuninista e a acción societaria por medio dos sindicatos obreiros creou un primeiro movemento anarcosindicalista, especialmente forte na Península Ibérica. Pero foi coa CGT francesa (1895) cando deu un gran salto e perfilou as características esenciais da súa doutrina: apoliticismo, acción directa e folga xeral para conseguir a instauración dunha sociedade sen clases. O anarcosindicalismo tomou parte das ideas de Marx, no que se refire á loita de clases e á organización independiente do proletariado, pero rexeitaba a creación dun partido político obreiro; do anarquismo, recolleu a negación da acción parlamentaria; de Georges Sorel, a teoría da folga xeral e a negativa a considerar a folga xeral como unha simple abstención do traballo ou como manifestación de masas. Estes principios foron recollidos na carta de Amiens (1906),...
-
-
Relativo ou pertencente ao anarcosindicalismo.
-
Partidario do anarcosindicalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infiltración xeneralizada de líquido plasmático no tecido celular subcutáneo e nas serosas; provoca unha inflamación de todo o corpo.