"RIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 390.

  • Que ten forma de corimbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflorescencia na que os pedúnculos florais nacen a distintas alturas do talo e as flores acadan o mesmo nivel. Un caso de corimbo é a inflorescencia da pereira.

    2. Motivo decorativo que adopta esta forma. Emprégase principalmente na decoración de vasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semellante a un corimbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación antibacteriana dun amplo espectro de acción, formada por sulfametoxazol e trimetoprim en proporción fixa 1:5. Emprégase no tratamento de infeccións urinarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. iolación grave da lei moral, civil ou relixiosa, que consiste en matar unha persoa.

      1. Infracción punible de carácter grave. No ordenamento penal só existen delitos e faltas, e o crime non se inclúe como unha categoría xurídica.

      2. crime contra a humanidade

        Delito contra os dereitos fundamentais da humanidade, establecido no Estatuto do Tribunal Internacional de Nuremberg de 1945. Inclúe o xenocidio, o sometemento á escravitude, a deportación forzosa e outros actos inhumanos cometidos contra a poboación civil e aqueles que van contra a ética médica, como a experimentación en seres humanos ou a eutanasia. A Convención sobre a Imprescriptibilidade dos Crimes de Guerra e dos Crimes de Lesa Humanidade, adoptada en 1968, desenvolveu os principios de Nuremberg e explicitou a noción de imprescriptibilidade. A ONU creou en 1995 os tribunais penais internacionais para xulgar os crimes contra a humanidade cometidos en Rwanda e na antiga Iugoslavia. En España, o Código Penal de 1995 recolle este tipo de crimes nos seus artigos 605 a 616.

      3. crime de guerra

        Acción que viola o contido das leis, dos acordos e dos costumes das contendas bélicas. Comprende o asasinato, os malos tratos aos prisioneiros, a execución de reféns, a pillaxe de bens e a destrución e devastación de poboación non xustificadas polas necesidades militares. Esta figura delitiva provén dos acordos asinados na Convención de Xenebra de 1864 sobre feridos e enfermos en campaña. Os catro convenios de Xenebra asinados en 1864, 1906, 1929 e 1949 confórmanse como as normas efectivas que regulamentan a represión dos crimes de guerra. Estes convenios impóñenlles aos estados que tiveron ou teñen parte nun conflito armado a obrigación de castigar coas súas leis penais internas as infraccións graves producidas durante un conflito armado.

      4. crime de lesa maxestade

        delito de lesa maxestade.

    2. Falta ou prexuízo considerado grave, aínda que non é castigado porque as súas consecuencias non comprenden directamente o ámbito xudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por F. M. Dostojevskij na revista O Mensaxeiro Ruso en 1866. Organizada en seis partes e un epílogo, é unha obra de profunda análise psicolóxica e unha das pezas máis representativas do autor e da literatura rusa. A historia de Raskolnikov mostra a inutilidade da protesta individual contra un medio social perverso. Nun mundo de miseria desesperada, Raskolnikov pensa que está por riba das leis humanas e mata unha vella usureira. O verdadeiro motivo do crime, sen embargo, é o afán por demostrarse a el mesmo que pertence a unha clase de homes superiores e non á dos homes vulgares. As ideas individualistas de Raskolnikov caen vencidas pola moral e o ambiente; o heroe séntese obrigado a liberarse da xustiza. A pobreza sen esperanza e a opresión social son as verdadeiras protagonistas da novela. Os personaxes buscan unha saída inexistente: Raskolnikov, a través da violencia; Sonia, co sacrificio; e Marmeladov, co wodka. A moral desta novela é negativa: o home non ten...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Carlos González Reigosa en 1984, que acadou o Premio Xerais de Novela no mesmo ano. É a primeira incursión da narrativa galega no xénero policial, onde a trama xira ao redor da contradición aparente que suxire o título, construído a partir da afirmación implícita do crime como feito inconcibible na cidade santa de Compostela. Narra a investigación do detective Nivardo Castro para descubrir o asasino do construtor Aurelio Xieiro por encargo de Teresa, amante de Aurelio, que pretende demostrar a implicación no crime do seu home e antigo socio do morto, Terencio Rancaño. Conforme avanza a acción a trama complícase, aparecen novos sospeitosos e desemboca no descubrimento dos asasinos, dous personaxes en principio marxinais na novela. A característica fundamental da obra é a incorporación de elementos alleos á narración policial clásica, isto é, o papel de peregrino asumido polo detective como fío condutor e a súa peculiar relación coa cidade, na que desexa integrarse a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península de Europa suroriental, proclamada, despois da disolución da URSS, república autónoma dentro da estrutura administrativa de Ucraína, á que está unida polo istmo de Perekop (27.000 km2; 2.164.000 h [estim 1998]). A súa capital é Simferopol’.
    Xeografía
    Rodeada polo Mar Negro e o de Azov, no seu relevo distínguense tres rexións: ao N e ao centro, unha chaira dominada pola árida estepa; ao S e seguindo a liña da costa, unha cordilleira de pregamento alpino, as montañas de Crimea; e, finalmente, unha franxa costeira estreita, protexida dos ventos fríos do N. A economía é esencialmente agrícola (cultivo de árbores froiteiras, tabaco, trigo e avea) e gandeira (vacún e lanar). A escasa industria céntrase na elaboración de produtos químicos, fariñas e fertilizantes. O turismo, ademais, é un dos recursos económicos máis importantes. Os centros turísticos da costa meridional, Yalta, Sebastopol (356.000 h [1998]) e Feodosiya, xunto con Yevpatoriya,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico que tivo lugar na península de Crimea entre Rusia e a coalición formada por Turquía, Francia, Reino Unido e, posteriormente, Sardeña (1855). Iniciouse o 23 de setembro de 1853 coa invasión dos principados turcos do Danubio por parte de Nicolao I de Rusia. En 1854 as forzas aliadas iniciaron o asedio a Sebastopol, cuartel xeral da flota rusa, que caeu en 1855, e que deu paso ás negociacións de paz. O congreso, iniciado en París o 25 de febreiro de 1856, culminou co tratado de paz do 30 de marzo de 1856, que supuxo a perda de territorios e influencia rusa na zona e o protectorado europeo sobre os turcos cristiáns. En España, esta contenda repercutiu nunha reactivación intensa da economía, ao quedar bloqueada a saída de cereais rusos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do nome Clemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao crime, especialmente aplícado á acción, lei ou institución destinada a perseguir e castigar os crimes e os actos delitivos.

    2. Que constitúe un crime.

    3. Quen cometeu un crime.

    4. Que ten moi malas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de criminal.

    2. Circunstancia de acontecer accións criminais.

    3. Proporcionalidade estatística que resulta da cantidade de crimes cometidos en razón da poboación, do tempo e do espacio determinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Avogado que preferentemente realiza a súa profesión en asuntos relacionados coa materia criminal.

    2. Oficial ou auxiliar da administración de Xustiza que intervén no procedemento penal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en criminoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que ten por obxecto o estudo das causas de criminalidade, a etioloxía do delito, o coñecemento das súas formas de aparición e desenvolvemento como fenómeno individual e social, e o establecemento dos medios para prevelo. O estudo do delincuente e do delito desenvolveuse a partir da socioloxía positivista, que individualiza o crime como un fenómeno personalizado. Estas teses desenvolvéronse en tres vertentes: a escola sociolóxica francesa, a escola sociolóxica alemá de Von Liszt e a escola positiva italiana de Césare Lombroso. As principais correntes da criminoloxía agrúparonse en dúas grandes liñas investigadoras: unha que vinculaba o feito delitivo á personalidade do delincuente; e a socioloxía criminal, que lle outorgaba ao medio social un papel preponderante na xeración do feito delitivo. Trala Segunda Guerra Mundial a criminoloxía superou a anterior dualidade ao entender que o feito delitivo é o resultado da conxunción dunha serie variada de factores de diversa índole que operan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á criminoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que constitúe ou comporta crime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus-río de Sicilia. Transformado en oso ou can, posuíu a troiana Exesta ou Sexesta e enxendrou a Acestes, fundador da cidade de Sexesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten catro membros.

    VER O DETALLE DO TERMO