"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
CIDADES
Cidade do estado de Texas, Estados Unidos, situada entre Fort Worth e Dallas (261.721 h [estim 1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cidade-condado do estado de Virxinia, nos EE UU, situada ao SO de Washington DC, ao longo do río Potomac (170.936 h [estim 1990]). Sede do Arlington National Cemetery e do Pentágono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido no 1672 ao político inglés Henry Bennet.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico, xornalista e crítico. É autor de numerosos melodramas que tiveron grande éxito entre o gran público. Lanzou ás pantallas a actores como James Mason, Stewart Granger e Margaret Lockwood. A partir de 1955 dedicouse á televisión. Dirixiu, entre outras: The night has eyes (A noite ten ollos, 1942), Love story (Historia de amor, 1944), Idol of Paris (Ídolo de París, 1948), See how they run (Olla como corren, 1955) e Miss Tulip stays the night (A señorita Tulip detén a noite, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Escritor. Autor de novelas como El juguete rabioso (1926) e Los siete locos (1929), contos e pezas teatrais como 300 millones (1932). Como periodista foi autor de numerosas crónicas, algunhas delas recollidas baixo o título Aguafuertes porteñas (1933), nas que describiu, con estilo caótico e vigoroso, personaxes a miúdo grotescos desde unha perspectiva individualista e masoquista. Enviado en 1934 a España, publicou no diario arxentino La Nación a colección de crónicas logo recollidas en Aguafuertes españolas (1936) e Aguafuertes gallegas (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo. Escribiu en linguaxe coloquial comedias, a miúdo melodramáticas, froito da observación dos ambientes populares. Da súa produción próxima á Xeración do 98, destacan, entre outras: El santo de la Isidra (1898), La señorita de Trévelez (1916), Los caciques (1919), Es mi hombre (1921), El señor Adrián el primo (1928) e La condesa está triste (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Discípulo de Zuazo e vencellado ideoloxicamente ao grupo madrileño do GATEPAC. As súas obras, entre as que destaca o hipódromo da Zarzuela, sitúanse no racionalismo arquitectónico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor austríaco. Serviuse de todos os estilos literarios coa finalidade de provocar o lector. Da súa ampla obra cómpre destacar Gedichte über die Liebe und über die Lasterhaftigkeit (Poesías sobre o amor e sobre a inmortalidade, 1975) e Grammatik der Rosen (Gramática das rosas, 1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático e historiador grego. Viviu parte da súa vida na Turdetania. Escribiu un tratado de cuestións gramaticais e outro de historia de Bitinia e Turdetania, dos que só se conservan fragmentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben diversas reunións extraoficiais de deputados e senadores que tiveron lugar en Barcelona e Madrid entre xullo e outubro de 1917. Foi unha resposta á crise producida pola fin da Primeira Guerra Mundial, o aumento da desocupación, o triunfo da Revolución Rusa, o descontento das forzas armadas ante a arbitrariedade que dominaba no funcionamento interno e que deu lugar ás xuntas militares de defensa, e a presión, dos nacionalistas cataláns, dos republicanos e dalgúns monárquicos para romper o sistema de quendas no poder e acadar reformas políticas, económicas e sociais. O encarceramento dos dirixentes das xuntas militares fixo caer o goberno de García Prieto (10 de xuño). O poder pasou a mans do conservador Dato, quen, faltándolle a maioría, pechou as Cortes, suspendeu as garantías constitucionais e instaurou a censura de prensa. Baixo a iniciativa da Lliga Rexionalista, o 5 de xullo celebrouse en Barcelona unha asemblea de senadores e deputados de Catalunya á que asistiron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo constituído o 25 de xullo de 1977 polos deputados e senadores electos das circunscricións de Galicia nas eleccións ás Cortes Constituíntes celebradas en xuño de 1977. Presidida por Antonio Rosón Pérez, elaborou o proxecto do réxime de preautonomía, aprobado por unanimidade dos seus membros, que lle entregaron ao Presidente do Goberno, Adolfo Suárez González, o 27 de outubro de 1977. O 16 de decembro de 1978, a Asemblea de Parlamentarios acordou nomear unha comisión de dezaseis persoas para redactar o anteproxecto do Estatuto de Autonomía para Galicia. O 5 de maio de 1979, a Asemblea constituíu unha comisión de nove persoas encargada de elaborar o proxecto definitivo sobre a base do anteproxecto anterior. O 25 de xuño de 1979 a Comisión dos nove entregoulle á Asemblea o seu Proxecto de Estatuto, que foi aprobado por unanimidade e entregado ao Presidente das Cortes Españolas o 28 de xuño dese ano, no cabodano do plebiscito de 1936. O 25 de setembro de 1979 nomeouse unha comisión encargada...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consello de Europa.
-
PERSOEIRO
Prateiro e arquitecto inglés. Discípulo de John Ruskin e William Morris. Fundou a Guil and School of Handicraft (1887) e a sociedade Arts and Crafts (1888). Foi un dos primeiros en facer notar os perigos do maquinismo para a creación artística. Participou nas exposicións de Bruxelas (1894) e Turín (1902) con obras que, fronte á exuberancia do Modernismo, se consideran precursoras do deseño industrial pola súa lixeireza e sobriedade. Entre as súas obras teóricas cómpre citar A Few Chapters on Workshop Reconstrution and Citizenship (Algúns capítulos sobre a reconstrución industrial e cidadá, 1894), An Endeavour Towards the Teaching of John Ruskin and William Morris (Consideracións sobre o maxisterio de John Ruskin e William Morris, 1901), Should We Stop Teaching Art? (Deberiamos deixar de ensinar a arte?, 1911). Entre as súas obras salientan as casas no Chelsea Embankement (1894), e a súa en Cheyne Walk (1904); os seus obxectos de prata consérvanse no Victoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta sueco. Comezou escribindo poesía amorosa e elexíaca, que evolucionou cara a un humanismo cristián.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lexicógrafo vasco. Apoloxista case místico da lingua, a súa literatura desenvólvese durante a época romántica do renacemento literario, e tivo seguidores nos séculos XIX e XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bable.
-
PERSOEIRO
Hispanista francés. Profesor da Universidade de París e director do Instituto de Estudios Hispánicos. Entre as súas obras destacan Histoire du théâtre espagnol (Historia do teatro español, 1965) e L’Espagne au siècle d’or (España no século de ouro, 1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico austríaco. Investigou as terras raras e descompuxo o didimio nos seus compoñentes neodimio e praseodimio. Paralelamente ao químico Urbain, separou as mesturas de lutecio e de iterbio. Ideou, para a iluminación de gas, a camisa de óxido de torio e introduciu o filamento de osmio e de tungsteno nas lámpadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal napoleónico. De orixe humilde, alistouse no exército revolucionario en 1792 e ao cabo dun ano ascendeu a xeneral. Loitou nos Pireneos Orientais contra os exércitos españois de Carlos IV (1793) e contra os austríacos en Italia (1796). Colaborou no golpe de estado do 18 de frutidor do ano V (4.8.1797). En 1804 Napoleón nomeouno mariscal e, en 1806, duque de Castiglione. En 1810, despois de tomar Girona, foi nomeado gobernador xeral de Catalunya (xaneiro-maio de 1810).
VER O DETALLE DO TERMO