"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
REXIÓNS
Rexión de Francia, que comprende os departamentos do Eure e Sena Marítimo (12.317 km2; 1.776.980 h [estim 1995]). A capital é Rouen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta israelí. É autor de poemas moi populares polas súas interpretacións polémicas de acontecementos políticos e sociais. Obtivo o Premio Bialik 1958, coa obra Ir ha-yonà (A cidade da pomba), que explica a historia do pobo xudeu a partir da dualidade destrución-renacemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de obtención de metais a partir dos seus óxidos ou sulfuros, por acción do aluminio. O procedemento, posto a punto por Hans Goldschmidt (1894), fundaméntase na maior afinidade que presenta o aluminio polo osíxeno e o xofre, o que lle permite liberar o metal da súa combinación. A reacción realízase dispoñendo nun crisol refractario a mestura de óxido e de aluminio en po e, por riba dela, o iniciador, constituído por unha pequena cantidade de po de magnesio mesturado con peróxido de bario, que se prenden por medio dunha cinta de magnesio. Distintos metais -entre eles o cobalto, o cromo, o manganeso e o molibdeno- obtéñense ou obtivéronse industrialmente, cunha pureza elevada, por aluminotermia. A aluminotermia constitúe tamén a base das aplicacións da soldadura con termita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á aluminotermia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade dexenerativa do sistema nervioso central que representa o tipo máis frecuente de demencia presenil. Consiste nunha atrofia difusa do cerebro, no que se forman unhas placas senís, que corresponden a depósitos de amiloide localizados sobre todo na codia cerebral, e unhas alteracións fibrilares, denominadas de Alzheimer. Máis frecuente nas mulleres, comeza entre os 50 e os 60 anos de vida, ten unha evolución de 4-8 anos e remata con trastornos neurolóxicos, demencia total, caquexia e morte do individuo. Forma parte do grupo de enfermidades abiotróficas.
-
PERSOEIRO
Décimo oitavo conde de Savoia (1383-1391). Fillo de Amadeo VI de Savoia e de Bona de Borbón. Loitou ao carón de Carlos VI de Francia en Flandres contra os ingleses (1383). Deulle a Savoia unha saída ao mar coa adquisición de Niza (1388), que lle foi entregada polos súbditos nisardos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina de familia xitana que debutou xunto co seu pai en 1917. No ano 1929, formando parte do Trío Amaya, actuou en París. Tamén realizou algunhas películas: La hija de Juan Simón (1934) e Los Tarantos (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Individuo da orde dos ambliopsiformes.
-
Orde de peixes da clase dos osteitios integrado por individuos moi semellantes aos da orde dos ciprinodontiformes, pequenos, de boca grande e non protráctil e o ano situado baixo a gorxa, diante das aletas pectorais; a maioría son despigmentados e teñen os ollos atrofiados. Son cavernícolas e viven na parte central dos EE UU. A orde consta dunha soa familia, a dos ambliópsidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
En forma de amento ou semellante a un amento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Código empregado para representar todos os caracteres alfanuméricos, signos de puntuación e outros caracteres de control, por medio de 8 díxitos binarios. A táboa, empregada nos ordenadores persoais, dispón de 256 caracteres.
-
-
Que pertence á orde dos amiformes.
-
Peixe da orde dos amiformes.
-
Orde de peixes da subclase dos actinopterixios considerados de transición entre os condritios e os osteitios.
-
-
GALICIA
Ingresou na Compañía de Xesús en 1762 e, cando se produciu a expulsión desta orde de España en 1767, marchou xunto a eles a Boloña. Publicou o poema latino Carmen patrium sive Pontevedra (1787). Xoán Manuel Pintos reproduciu este poema na foliada cuarta de A gaita gallega (1853) e fixo do mesmo unha tradución libre en lingua galega que, co título Canto á miña terra ou sea Pontevedra, reproduciu na foliada sexta do mesmo libro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicado ao animal que padece a enfermidade do mormo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ensamblaxe entre a á anterior e a á posterior do mesmo lado, propio das bolboretas nocturnas, que fai que se movan conxuntamente. Nel interveñen os frénulos das ás posteriores que se enganchan cos retináculos dispostos nas ás anteriores.
-
PERSOEIRO
Escritor e publicista inglés. Foi deputado (1931) do partido laborista e moi activo a favor das ideas pacifistas programadas en The Great Ilusion (A grande ilusión, 1910), que obtivo moita difusión. En 1933 foille concedido o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Suecia, tributario do golfo de Botnia, no mar Báltico (450 km). O seu curso esténdese pola rexión de Norland e deu nome á antiga provincia de Ångermanland, incluída nos läner de Vasterbotten e Vasternorrland.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Pertenceu ao paso entre o Modernismo e o Novecentismo. Estudiou en Barcelona e París. Expuxo en Barcelona en 1900; en Venecia, en 1903 e 1905 (ano en que foi nomeado Mestre da Bienal) e en 1907; en Bos Aires (1910) e en Roma (1911). Tomou parte na exposición do Instituto Carnegie (1924) e na Exposición Internacional de Barcelona (1929). O comezo da súa obra sitúase nunha órbita postimpresionista, pero derivou cara a un preciosismo retórico no que abundaban os temas folclóricos. A partir dos anos vinte dedicouse á paisaxe, especialmente á de Mallorca. Ao morrer, a súa casa de Pollença foi convertida en museo.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Arquipélago da costa NO de Francia no Canal da Mancha, pertencente administrativamente a Gran Bretaña (195 Km2; 148.000 h [estim 1995]). Constitúen unha prolongación do macizo da Armórica, e ten un relevo con costas altas e escarpadas. O arquipélago comprende as illas de Guernesey, Jersey, Alderney, Sark, Herm e outras máis pequenas. As principais poboacións son Saint Peter Port en Guernesey e Saint Helier en Jersey. As illas foron ocupadas polos alemáns dende 1904 ata finais de 1945. O dereito baséase no Grand Coutumier de Normandía, elaborado no s XIII, con engadidos posteriores de leis inglesas. As linguas oficiais son o francés en Jersey e o inglés en Guernesey, aínda que no campo se fala un dialecto francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos normandos que quedaron en Inglaterra despois da conquista normanda e aos seus descendentes. Aplícase ao reino inglés e ao ducado de Normandía baixo a mesma soberanía.
-
Individuo orixinario de Normandía establecido en Inglaterra a consecuencia da conquista do país (1066) por Guillerme o Conquistador, duque de Normandía.
-
ariante antiga da lingua de oïl, transplantada a Inglaterra despois de ser conquistada polos normandos (1066). Á base lingüística normanda, sobreponse unha capa anxevina, mestura que fai a miúdo que se disolvan os trazos específicos pola imitación do francés continental e a influencia da lingua literaria.
-
Literatura importada a Inglaterra no 1066 coa invasión dos normandos e que, escrita no seu dialecto, perdura ata finais do s XIV. A pesar da introdución de elementos ingleses considérase unha variante da literatura francesa. Coñécense máis de 400 textos anglonormandos. Cultiva a canción de xesta (Waldef, Horn e Rimenhild, Bovon de Hanstone), o lai (Havelok, Désiré, Du cor) e a novela cabaleiresca (Amadas et Ydoine). Tamén se conservan obras históricas (Estoire des Eingles, de Geoffrey Gaimar, s XII), relixiosas, didácticas, morais e unha lírica practicamente descoñecida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de serpe.