"Rande" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 206.
-
RIOS
Río da vertente atlántica. Nace en Baio (no concello de Zas) da confluencia de varios regos que baixan dos montes do Couso, na Terra de Soneira. O seu curso adopta unha dirección L-O coa que circula pola vertente meridional da serra de Pena Forcada, no N do concello de Vimianzo (parroquias de Salto, Calo e Carantoña). Finalmente serve de límite aos concellos de Vimianzo, Camariñas e Muxía, para desembocar na ría de Camariñas despois de percorrer 39 km e drenar unha conca de 282,9 km2.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Brasil (1.450 km). Nace na Serra de Mantiqueira e é un dos ramais principais do río Paraná.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Haití (3.310 km2; 641.399 h [estim 1995]). A capital é Jérémie (43.277 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Licenciouse en Medicina en Madrid (1931), ampliou os seus estudios en Dinamarca con Krogh e en Alemaña con Meyerhof, en temas de metabolismo. Discípulo de J. Negrín, durante a guerra estivo en Madrid, onde creou un instituto de alimentación que dirixiu J. Puche, e estudiou a patoloxía da desnutrición e algunhas avitaminoses. Traballou en Göttingen, Copenhaguen, Lund e Londres. Catedrático de Fisioloxía e Bioquímica da facultade de Medicina de Zaragoza (1950), en 1953 marchou á Universidade de Minneapolis (Minnessota) e dirixiu o laboratorio do Mount Sinai Hospital; posteriormente, foi profesor de bioquímica na facultade de Ciencias de Zaragoza (1974). É autor de traballos básicos sobre o metabolismo dos lípidos, en particular do colesterol, e a función do glucagón. Das súas obras destacan Nutrición y salud e Reflexiones sobre nutrición humana.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de México que nace no lago Chapala (515 km). É a continuación do río Lerma e discorre polos estados de Jalisco e Nayarit. Forma a fervenza de Junacatlán e desemboca no Océano Pacífico, preto da cidade de La Concha.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da vertente atlántica. Nace na parroquia e concello das Somozas. O seu curso adopta unha dirección L-O coa que atravesa a parroquia de San Xurxo de Moeche (Moeche) para despois penetrar nos concellos de San Sadurniño (parroquias de Lamas, Ferreira e San Sadurniño) e Narón (Pedroso e Doso); neste último concello vira primeiro cara ao SO e posteriormente, nun treito que serve de límite aos concellos de Narón e Neda, cara ao NO, ata Xubia, onde desemboca na ría de Ferrol logo de percorrer 31 km e drenar unha conca de 182,3 km2. Na súa desembocadura achega un caudal medio de 30,2 l/s/km2.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e crítico. Editor de Cuadernos Hispanoamericanos, publicou, entre outras obras, Las piedras (Premio Adonais 1963), Música amenazada (1966), Las rubáiyátas de Horacio Martín (Premio Nacional de Literatura 1978), Memoria del flamenco (Premio Nacional de Flamencología e Premio Hidalgo 1980), Biografía. Poesía completa (1958-1984) (1986), Sobre el amor y la separación (1996) e Té con pastas (2000). É membro da cátedra de Flamencología y Estudios Folklóricos andaluces.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Redactor xefe de Telelugo. Foi xefe de informativos de Radio Lugo-Cadena SER, redactor do xornal El Progreso, onde foi xefe das seccións de Suplemento e Cultura, e colaborou con traballos de creación literaria e ensaio en diversas publicacións. Ademais dos fascículos La guerrilla antifranquista en Lugo e El crimen de la media legua, escribiu os libros Pucharcas (1981) e Tabernarios (1992), e colaborou en Primeiras xornadas de teatro na radio (1989), Contos do camiño e Píntalo de verde. Obtivo en 1989 o Premio Galicia de Xornalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Cultivou a literatura desde moi novo e escribiu varias novelas, contos e poesías. Da súa produción destaca El cerezo, La espada, El chulo (Premio Nacional do SEU) e a novela curta de carácter autobiográfico Una vida en seis meses (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Landro en Landrove (Viveiro). Construída no s XIX, os seus vans están formados por arcos rebaixados.
-
ILLAS
Illa das Antillas francesas que forma a parte oriental de Guadalupe (595 km2; 185.370 h [1990]). A capital e o porto principal é Pointe-á-Pitre (26.029 h [1990]). Ten produción de cana de azucre e gandería bovina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é bastante grande.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘grande’.
-
REXIÓNS
Rexión situada no centro de Canadá e dos EE UU que se estende desde o escudo canadense ata a chaira costeira do golfo de México. Ao O limita coas Montañas Rochosas, e ao L coa rexión das praderías e a chaira aluvial do Mississippi. Xeoloxicamente está formada por xistos, arxilas e areas sedimentarias con algún depósito glacial. O clima é árido, e os ríos principais que a atravesan son o Missouri, o Arkansas e o Colorado de Texas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de lagos de África oriental, de orixe tectónica. Ocupan o Rift Valley occidental (lagos Nyasa, Tangañika, Kivu, Edward e Albert), o Rift Valley oriental (extremo setentrional do lago Rudolf e extremo meridional do lago Nyasa) e a metade setentrional da rexión comprendida entre os Rifts Valleys (lagos Victoria e Kyoga).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conca lacustre situada entre Canadá e os EE UU, distribuída entre cinco grandes lagos: Superior, Michigan, Huron, Erie e Ontario (249.000 km2). Agás o Lago Michigan, que ocupa exclusivamente territorio de EE UU, todos eles trazan a fronteira entre EE UU e Canadá. A súa orixe cuaternaria débese ás morenas frontais que quedaron formando barreira. Comunícanse entre eles por medio de comportas e canles, o que os converte nunha importante vía de navegación comercial. Entre os lagos Erie e Ontario están as cataratas do Niágara. Os lagos comunican co Atlántico polo río San Lourenzo. É moi importante a pesca, sobre todo baixo o xeo.
-
-
Calidade de grande ou importante.
-
Importancia que se dá unha persoa por se crer superior aos demais.
-
Honorabilidade moral que amosa unha persoa.
-
-
Dignidade de Grande de España.
-
Conxunto dos grandes de España.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? 960? - Maillezais 1030) Duque de Aquitania (964-1030) e conde de Poitiers. Intitulouse a si mesmo duque de toda a monarquía de Aquitania, de tal xeito que acentuou a súa independencia do poder real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s III a C) Xeneral cartaxinés. Líder do partido aristocrático de Cartago, loitou contra os mercenarios rebeldes (241 a C-238 a C). Enfrontouse aos barquidas, mantivo unha política de amizade con Roma e opúxose ás campañas de Aníbal. Interveu na negociación da paz cos romanos despois da Batalla de Zama (202 a C).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Exipto, actualmente Al-Ašmūnayn, situada a uns 20 km ao NL de Tall Al-Amārna. Foi un importante centro relixioso e político, sobre todo durante as dinastías IX e X.