"Rante" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 190.
-
GALICIA
Astrónomo. Estudiou matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, universidade na que tamén realizou o doutoramento en Astronomía. Profesor de astronomía e matemáticas na Universidad de Zaragoza (1973-1981) e, dende 1981, na universidade compostelá, centrou o seu labor investigador no estudo dos sistemas estelares múltiples. Director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (1983), é o impulsor da construción do Observatorio Astronómico de Monte Faro. Participou en numerosos congresos de astronomía e astrofísica e é autor de máis de 50 artigos científicos, difundidos en publicacións de ámbito nacional e internacional, e coautor, xunto con A. Elipe, do libro Astronomía: 280 problemas resueltos (1983). Dende novembro de 1985 é membro da Unión Astronómica Internacional (UAI).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Medida de lonxitude romana equivalente a 3/4 dun pé.
-
-
Conxunto de nove partes ou onzas das doce das que constaba o ás romano.
-
Moeda romana que valía 3/4 do ás e que tiña como símbolo un S.
-
-
Nome dado polos romanos ao conxunto formado polas tres cuartas partes dunha herdanza.
-
-
-
Expresa o espazo de tempo en que se realiza a acción do verbo.
-
Expresa que algo é simultáneo ao que se indica despois da preposición.
-
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Foi primo maestro no conservatorio de Nápoles Poveri di Gesù Cristo, en Santa Maria di Loreto e en San Onofrio. Compuxo motetes, salmos, oratorios, misas, pezas instrumentais e cantatas profanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Maxistrado e deportista. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1958). En 1962 ingresou na carreira xudicial: foi xuíz de primeira instancia e instrución, maxistrado de traballo e en 1989 incorporouse como maxistrado ao Tribunal Superior de Justicia de Madrid. Como deportista federado, practicou diversas disciplinas (baloncesto, balonmán, voleibol, pesca submarina, pelota, tenis, caza, pesca, tiro, fútbol e natación), pero destacou especialmente no atletismo. Participou en competicións de saltos (lonxitude, altura e triple), velocidade (200 m) e lanzamento (peso, disco e martelo). Nestas últimas modalidades obtivo os seus maiores éxitos: en lanzamento de disco foi plusmarquista galego xuvenil e subcampión de España, preseleccionado para os Xogos Olímpicos de Roma 1960; en lanzamento de peso foi plusmarquista galego xuvenil e absoluto. Acudiu aos campionatos mundiais de Bruxelas 1963 e Salónica 1964. Capitaneou o club Hércules da Coruña e proclamouse campión...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que edulcora.
-
Substancia que serve para dar ou aumentar o sabor doce do produto alimentario ao que se lle engade. Segundo a súa orixe poden ser: naturais (a sacarosa, a frutosa, a glicosa, o sorbitol, o manitol e o xilitol); ou artificiais (a sacarina, o aspartamo e o ciclamato). Os edulcorantes naturais teñen poder enerxético, aproximadamente de 4 kcal/g, mentres que os edulcorantes artificiais, obtidos por síntese química, caracterízanse por ter un poder adozante superior aos naturais e carecer de poder enerxético, polo que se empregan en dietas en que non se aconsella o consumo de azucre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen emigra.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Londres en 1973. Fundada por Carlos Durán, na súa edición participaron o Centro Galego da capital londinense, o Hogar Español e o Club Antonio Machado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que encirra ou provoca.
-
-
Que entra ou que vai entrar.
-
Parte ou bordo da superficie dunha cousa que entra no interior doutra.
-
Parte inicial dun proceso.
-
Prato lixeiro que se come antes dos pratos principais dunha comida.
-
Ángulo formado nunha fortificación por dous lenzos do muro co vértice cara a dentro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Igual a outra cousa en peso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que vai dun lado a outro, sen unha dirección fixa, ou que cambia de situación.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Folgoso do Courel baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Pedro de Quembre (Carral). A súa planta adopta unha forma cuasirectangular. Conserva dúas chemineas rematadas con pináculos e bólas. No exterior destacan os escudos da fachada (s XVIII) que fan referencia, entre outros, aos Luaces, Montenegro, Ulloa e Valdés.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lugo. Conserva vestixios dunha primitiva construción románica. Ten unha soa nave e capela maior rectangular. O arco triunfal é de medio punto e apóiase en columnas con capiteis vexetais. Conserva un retablo barroco do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. Construída en estilo renacentista no s XVI, ten unha soa nave de planta rectangular e cuberta de madeira a dúas vertentes. O presbiterio cóbrese cunha bóveda de crucería coas claves decoradas cos escudos de armas dos señores da casa-fortaleza de Vilar. No interior consérvase unha pedra de armas de 1596 cos escudos dos Camba, Fernández de Lemos, Taboada e Ulloa no muro do Evanxeo. Na fachada destaca a espadana composta por tres corpos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
fricativo.
-
Aplícase ás articulacións que teñen un grao menor de estreitamento da canle supraglótica, de tal maneira que deixa de percibirse claramente o ruído de fricción que caracteriza as fricativas. Só é audible un sopro, que constitúe o criterio de clasificación destas realizacións.
-