"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

    1. Que ou quen busca ou gosta das aventuras.

    2. Persoa que vive unha vida de aventuras.

    3. Persoas que carecendo dunha vida estable subsisten valéndose da sorte ou doutras artimañas.

    4. Quen só pensa en ascender na vida, sen escrúpulos e de forma rápida.

    5. Durante a Idade Media e ata principios do s XVI, vendedor ambulante de comestibles ou doutros xéneros. Constituíanse en confrarías.

    6. Voluntario nas xustas e nos torneos.

    7. Pirata ou ladrón de mar, ou mesmo corsario ousado.

    8. Na Idade Moderna, rapaz que embarcaba nos buques de guerra para aspirar ao servizo da Armada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apoderado da Xunta do Reino de Galicia destinado na Corte como interlocutor diante do Consello de Castela (ss XV-XIX). O novo sistema político liberal, deseñado polas Cortes de Cádiz (1812), supuxo a desaparición definitiva en 1834 do axente do Reino de Galicia substituído polos xefes políticos de cada unha das catro provincias e os correspondentes funcionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ao azucre.

    2. Que produce azucre.

    3. Recipiente para o azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da conca do Mente, afluente do Moas pola esquerda. Nace na parroquia de Cádavos, no concello da Mezquita e desemboca en territorio portugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elevación da parroquia de Fontaneira, no concello de Baleira, de 726 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade ou abafamento cando se respira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Desenvolveu a súa actividade profesional no mundo editorial galego e colaborou en diversas revistas e publicacións periódicas. Deuse a coñecer como escritor co relato “A raia de xiz”, incluído no volume colectivo Contos eróticos eles (1990). En 1993 publicou a novela Talego, coa que obtivo o V Premio García Barros de novela. No ámbito da literatura infantil é autor de Os gordibolas. A historia (1996) e Os gordibolas. A néboa escura (1996), ambos os dous con ilustracións de Carmen Muruve. Tamén son súas as obras O coelliño branco (1998) Os tres porquiños (1998) O traxe novo do rei (2000) O frautista de Hamelín (2002) e As pescadoras (2017). Dende maio de 2016 é o presidente da Asociación Galega de Editores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Verín. Na actualidade é unha planta de envasado de augas minerais, que se comercializan baixo o nome de Aguas de Cabreiroá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político portugués. Creou en 1973 o semanario Expresso, do que foi director ata 1980. Foi un dos fundadores do Partido Popular Democrático, chamado posteriormente Partido Social-Demócrata. Xefe de goberno (1981-1983) trala morte de Sá Carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘iluminación’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba bienal do xénero Tragopogon da familia das asteráceas, de follas oblongas e lineais con latex. Os capítulos, de ata 5 cm de diámetro, están formados por flores amarelas e liguladas. Os froitos son aquenios con vilano plumoso. Na metade oriental de Galicia están presentes, en ambientes secos e marxes de camiños T. crocifolius, T. dubius, T. porrifolius e a máis común T. pratensis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Está situada no concello do Covelo. Foi mandada edificar polo abade Alberto Barreyro Bello, conserva na fachada unha inscrición co ano 1752. A porta principal, adornada por grosas molduras con orelleiras e flanqueada por pilastras, queda acubillada baixo un remate composto por pináculos asentados sobre un frontón curvo e partido. Da decoración xeométrica e vexetal que ocupa o espazo dispoñible no entaboamento e o tímpano destacan as aguias coroadas que sobresaen deste último e o Atlas que, sostendo o globo terráqueo, culmina o conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Uttar Pradesh, India, na beira do Ramganga (590.661 h [1991]). Foi fundada no 1537. Ocupada polos británicos en 1801, converteuse no período colonial en encrucillada dos ferrocarrís do L da India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editora musical alemá fundada por Karl Vötterle en Augsburgo en 1923. A súa produción abrangue dende a publicación de cancións populares ata métodos didácticos e obras corais e para órgano. Entre os títulos publicados destacan os 17 volumes da Die Musik in Geschichte und Gegenwart (1949-1987) e as edicións completas de Mozart, Liszt e Berlioz, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera dispositivo que se utiliza ben para separar un lugar doutro ou ben para impidir ou obstaculizar o paso ou acceso a un lugar.

    2. Obstáculo material ou moral que separa dúas cousas ou dúas persoas.

    3. Obstáculo ou impedimento para que algo se realice.

    4. Nas fortificacións antigas, parapeto que servía para defenderse dos inimigos.

    5. En certos deportes de oposición, fila de xogadores que se colocan diante da meta, permanecendo estáticos, para evitar que o equipo contrario acade un tanto, especialmente os defensores nos deportes con balón durante a execución dos lanzamentos de golpes francos.

    6. Obstáculo, natural ou artificial, que impide que unha especie ocupe todo o seu territorio potencial de distribución ao afectar a súa capacidade de dispersión. As barreiras poden ser espaciais, climáticas, edáficas e bióticas.

      1. Antepeito de madeira que circunda o círculo central das prazas de touros e que serve de protección aos toureiros cando os persegue o touro.

      2. Localidade destinada ao público que está situada inmediatamente detrás da barreira.

    7. Moble heráldico que representa un anaco de garrote co que se rodeaba a liza nos torneos.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar de onde se extrae arxila ou barro co que traballan os oleiros ou para outros usos.

    2. Lugar onde abunda o barro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira oriental da ría de Camariñas, no litoral da parroquia de Leis (concello de Muxía), ao N da punta do Lago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barreiro.

    2. Liñaxe orixinaria de Portugal. Establecéronse en Valga, Navia de Suarna, Verín, Arzúa, Lulle (Samos), Oza (Teo) e Cospeito. Unha rama pasou mesmo a América. Este apelido pode aparecer tamén nos tratados heráldicos coas formas castelás Barrera ou La Barrera. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, cunha banda de sable, acompañada de dúas veneras de azul, unha arriba e outra abaixo; segunda partición, en campo de goles, cun castelo de prata e encima de cada torre unha estrela de ouro. Outros ostentan escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cunha banda de ouro, acompañada de dúas veneras de prata, unha na parte superior e outra na inferior; segunda partición, en campo de prata, cun castelo de pedra, un home armado na súa porta e unha estrela de azul enriba de cada torre do castelo. Tamén se lle atribúe un escudo acuartelado: primeiro cuartel, de prata, cun castelo de pedra e diante da súa porta un cabaleiro armado cunha lanza...

    VER O DETALLE DO TERMO