"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto sintético similar aos alcaloides, preparado por reacción do benzaldehido co amoníaco. Fúndese a 130-133°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na tradición galega, ten unha lenda semellante á de santo Ero de Armenteira. Era Amaro de familia nobre, que herdara dos seus pais unha fortuna; logo de fundar con ela hospitais e asilos para pobres, emprendeu unha peregrinación para chegar ao Paraíso. Tras moitos traballos chegou co seu barco a unha illa deserta (igual que san Brandán), e alí iniciou el só a subida a un monte. No cume atopou un velliño que gardaba a porta dunha muralla de prata: no seu interior estaba o Paraíso. Como non podía entrar, por estar reservado aos mortos, o vello, apiadado, deixoulle botar unha ollada. Abraiado polo que vira, baixou onda o barco, pero en vez da praia encontrou unha gran cidade: pasaran trescentos anos. Co paso do tempo fórase formando unha grande urbe que levaba o seu nome, santo Amaro. Arrepentido pola súa soberbia, foise axeonllar diante do altar maior pedíndolle a Deus que o levase con El. Ante o asombro dos presentes, aquel home caeu morto diante do altar, onde o enterraron e comezou o culto....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colesterina extraída do ámbar gris, do que é un dos principais constituíntes. Emprégase en perfumería.
-
-
Relativo ou pertencente ao ámbar.
-
Que é semellante ao ámbar, que ten o seu aspecto ou cor.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial, situada en Xunqueira de Ambía, e que orixinariamente pertenceu ao mosteiro do mesmo nome erixido no século VIII no lugar no que a tradición di que aparecera a Virxe. A finais do século X levántase un novo cenobio ao carón da capela que albergaba a imaxe da Virxe. Posteriormente, no século XII, os monxes residentes incorpóranse á Regra de santo Agostiño e comeza a construírse o edificio do templo actual. A igrexa posúe unha planta de cruz latina con tres naves separadas por arcos lixeiramente apuntados e cruceiro con tres ábsidas na cabeceira. Destacar a solución da cuberta mediante un artesoado de madeira e o falso triforio sobre as naves laterais no interior. No exterior conserva tres fachadas de estilo románico. Do antigo edificio conventual aínda mantén parte do claustro con arcadas oxivais que revelan unha construción máis tardía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos amerindios.
-
Grupo humano xantodermo de América. Segundo a sistemática racial de Heim (1972), baseada na pigmentación da pel, a estatura e o índice cefálico, presenta unha homoxeneidade grupal moi elevada. A variabilidade xenética e ecolóxica fixo posible unha certa diferenciación entre o grupo humano amerindio, que se caracteriza polos seguintes trazos: a estatura é de tipo medio, pero con grandes oscilacións extremas, nalgúns grupos patagóns observáronse individuos con 180 cm de altura, sen embargo, algunhas tribos venezolanas, como os iupa, fixeron pensar en grupos ‘pigmeoides’ en Suramérica. A estrutura corporal é robusta, braquimorfa, con anchura biacromial e bicrestal que confiren ao tronco un perfil frontal cuadrangular (ombreiros tan amplos como as cadeiras). A pigmentación da pel é variable entre o castaño amalero claro e escuro. Se ben, certos grupos de amerindios presentan frecuencias inusitadamente altas de albinismo, por exemplo os hopi e os zuñi. É moi frecuente a mancha pigmentaria conxénita,...
-
Arte dos pobos amerindios, especialmente dos precolombianos. Nos tempos precolombianos desenvolvéronse en terras americanas diferentes culturas. En América do Norte hóuboas de gran diversidade, ás veces de pobos nómades como o dos esquimós, limitada á ornamentación de vestidos, ao gravado de utensilios e a pequenas máscaras; a das tribos das grandes praderías centrais, hábiles en traballos con coiro e con wampum. Noutros casos foron pobos sedentarios, como os indios pueblos, bos construtores e ceramistas; os da cultura dos mounds, con máscaras e paos totémicos relevantes. En América Central, particularmente en México e Guatemala, naceron diversas civilizacións sometidas a unha unidade artística, que contaron con organización agrícola, relixión, coñecementos astronómicos e aritmética avanzada. Diferenciouse, a partir aproximadamente do ano 200 a C, a arte dos olmecas, dos huachecas, dos totonacas de Teotihuacán, con grandes pirámides e unha arte severa; a dos zapotecas,...
-
-
Denominación que reciben os indios de América.
-
etnias amerindias ETN
Relativo ao conxunto de pobos indíxenas americanos. Froito das diferentes adaptacións económicas, sociais e culturais a diferentes ambientes e espacios, os amerindios poden ser agrupados en 17 áreas culturais ben diferenciadas. A área de Mackenzie comprende unha rexión de Alasca e do Canadá ao redor dos 55° N. Lingüisticamente é a zona orixinaria das linguas atapascanas. A poboación depende fundamentalmente da caza do caribú, da recolección e da pesca. Elementos característicos seus son a crenza nun Gran Espírito transcendente. Dende o punto de vista social organízanse en bandas migratorias. A área do norleste ou dos bosques orientais comprende a rexión dos Grandes Lagos, Nova Inglaterra e o oriente da badía de Hudson. Lingüisticamente comprende falas algonquinas e iroquesas. É unha área de agricultura primitiva (millo, feixón, cabaza) asociada coa caza, a pesca e a recolección. A muller tiña grande importancia na dirección da familia. Era peculiar a casa longa...
-
-
Relativo ao conxunto de linguas dos pobos indíxenas americanos. A orixe común de todas as linguas amerindias, igual que o do grupo humano amerindio, tivo que ser algunha lingua falada polo pobo paleosiberiano que entrou no continente americano a través do estreito de Bering. De todas as linguas amerindias (ó redor dunhas cincocentas), malia a súa pervivencia nalgunhas comunidades actuais (inuit, navaho, iuman, maia, nahuatl, chibcha, araucano, guaraní, mapuche, tupí, tehuelce ou, entre outras, guaracurú), só o aimará e o quechua son linguas oficiais en Bolivia e Perú; ademais, o guaraní e mais o maia teñen posibilidades reais de constituírse en linguas nacionais en Paraguai e Guatemala, respectivamente. A característica fundamental das linguas amerindias é a diversidade na orixe de cada unha das familias que as compoñen. O gran número de linguas e a escasa documentación existente sobre elas fai que as propostas sobre o número mínimo de familias e as súas tipoloxías varíen considerablemente....
-
Literaturas de lingua indíxena americana (denominadas tamén precolombianas ou americanas). A enorme complexidade lingüística e cultural, como tamén o período incipiente de coñecemento da maioría destas literaturas fan moi difícil a exposición das características xerais. As literaturas amerindias son a expresión das culturas indíxenas non afectadas polo contacto europeo e a transmisión oral foi a única expresión literaria da maioría, unha transmisión oral que foi recollida e estudada por etnólogos e lingüistas. Cabe destacar, sobre todo, a literatura nahuatl ou azteca. En cambio, a literatura maia antiga non perviviu en proporción aos monumentos artísticos conservados, se cadra por mor da desorganización civil na que se atopaba o Yucatán á chegada dos españois. De feito é necesario ir a un reflexo da literatura perdida nunha lingua parente, o quiché, que conservou o mítico Popol Vuh (Libro do consello), considerado o maior monumento das literaturas precolombianas. En América...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio para a construción do obxectivo dos microscopios que, baseándose nas propiedades dos puntos estigmáticos do dióptrico esférico, indica o xeito de corrixir a desviación dos raios que proceden do obxecto en observación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aminofenazona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico co que se coñecen as dextrinas obtidas por hidrólise do amidón, que proporcionan unha coloración vermella ou violácea co iodo, chamadas tamén amidón soluble. Forman pos brancos que se empregan como indicador en iodometría e para determinar o poder diastático da malta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aminofenazona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido illado en forma de dihidrato que actúa como antimetabólico do ácido fólico. Utilízase como medicamento anticanceroso, especialmente no tratamento das leucemias agudas dos nenos.
-
-
-
Apelido de orixe toponímica (San Xoán de Amorín, concello de Tomiño). O topónimo procede do xenitivo dun nome de posesor latino Amorinus
-
Liñaxe oriúnda do lugar tomiñés de Amorín. Unha rama pasou a Salvaterra de Miño e outra a Portugal onde emparentou coas casas principais do Reino. Na Batalla das Navas de Tolosa (1212) destacaron polo seu valor Diego, García e Xoán de Amorín. Este último acompañou o Rei Fernando III o Santo na conquista de Sevilla e recibiu de Afonso X o Sabio cuantiosas mercedes como galardón aos méritos contraídos co seu pai; seica se estableceu nesta cidade e foi o tronco de varias ramas que se espallaron por Andalucía e Castela. Lope Díaz de Amorín e Gonzalo Amorín foron descendentes dos conquistadores de Jaén e ocuparon altos cargos na Corte do Rei Sancho IV. García Gómez Amorín morreu loitando na Batalla de Aljubarrota (1385). As primitivas armas deste apelido levan, en campo de goles, cinco cabezas de mouro, con cadanseu turbante branco, face vermella e barbas de ouro, colocadas en aspa. Os de Salvaterra de Miño ostentan, en campo de goles, un castelo de prata coa porta candada...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno sistema montañoso entre as parroquias de Meda e Suegos, nos concellos de Castroverde e Pol, limitado ao L polo regueiro de Meda e ao O polo de Amorín, a súa máxima altitude é de 615 m.
-
-
Motivo decorativo en forma de Cupido simbolizando a un neno, presente na escultura clásica e tamén nalgúns tipos de cerámica como a sixilata decorada con figuras humanas.
-
abrollo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa formada por Francesc Amorós e Oswald Silvestrini e constituída por diversos circos ambulantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentirse triste e abatido, particularmente por causa de estar lonxe de alguén ou dalgún lugar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ía de navegación que une a cidade de Amsterdam co río Waal, afluente do Rhin (72 km). Inaugurouse en 1952, e constitúe o canal máis importante da Europa Occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
berberecho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide presente nas sementes das fabaceas Ulex parviflorus e Anagyris foetida.