"Roi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 288.

  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Membro dunha familia de debuxantes e artesáns, parece que foi fillo natural de Talleyrand. En 1815 ingresou na École des Beuax-Arts, onde foi alumno de Pierre-Narcisse Guérin e compañeiro de Théodore Géricault. Ao mesmo tempo, acudía ao Musée du Louvre onde copiaba as obras dos grandes mestres. Foi o abandeirado do romanticismo pictórico francés e un fervente defensor da liberdade do artista fronte aos canons clasicistas: opúxose ao emprego do modelo, feito que contribuíu a que a súa obra, vigorosa e dinámica, fose a miúdo imperfecta. Estudiou a Il Veronese, buscou un equilibrio cromático baseado na complementariedade das cores e abriu o camiño a posteriores experiencias impresionistas e divisionistas. Baixo a influencia de Géricault cultivou a pintura de historia e pintou nun estilo similiar ao da súa obra Dante e Virgile (Dante e Virxilio, 1822), coñecida tamén como a Barca de Dante e que presentou no Salon dese ano. Realizou obras de temas de historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e psicólogo. Profesor da Sorbonne, dedicouse ao estudo do misticismo en obras como Essai sur le mysticisme spéculatif en Allemagne au XIVe siècle (Ensaio sobre o misticismo especulativo en Alemaña no s XIV, 1900), Histoire et psychologie du mysticisme: les grands mystiques chrétiens (Historia e psicoloxía do misticismo: os grandes místicos cristiáns, 1908) e La religion et la foi (A relixión e a fe, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido como Henri-Edmon Cross, foi un dos fundadores do Salon des Indépendants (1884). Compañeiro de Signac, empregou un puntillismo de pincelada ampla e influíu en Matisse, con quen traballou en 1904. Entre as súas obras destaca Les îles d’or (As illas de ouro, 1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves insectívoras e forestais, da familia dos parúlidos. De pequeno tamaño, presenta plumaxe de cores vivas, especialmente no caso dos machos e, as máis das especies, unha franxa negra a xeito de anteface e unha mancha branca na á. Orixinarias do continente americano, poden chegar ao oeste de Europa como aves divagantes as especies D. caerulescens, D. coronata, D. fusca, D. magnolia, D. petechia, D. pensylvanica, D. striata, D. tigrina e D. virens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á estrutura ou ao organismo que se ramifica de forma semellante a unha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Destacou polo seu labor en favor das mulleres. Compartiu as ideas de Saint-Simon, uniuse á escola de Fourier, foi membro da Liga dos Comunistas de Marx e Engels, e participou na Revolución de 1848. Fundou os xornais La Politique des Femmes e L’Opinion des Femmes e, xunto a Pauline Roland, o Club d’Emancipation des Femmes. Publicou Almanach des femmes (Almanaque das mulleres, 1851-1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Michigan, EE UU, á beira do río Detroit, que comunica os lagos Erie e Saint Clair (1.000.272 h [1997]). É a setima cidade dos EE UU, cun 75% da poboación afroamericana, un 21% descendente de europeos e o 2,8% de orixe hispana. A industria do automóbil é o sector máis destacado da economía, e conta con importantes compañías como General Motors, Ford e Chrysler. Tamén cómpre salientar as empresas de transporte e o comercio. Nos últimos anos do s XX, converteuse nun dos centros financeiros máis destados do país, feito que provocou que a maior parte da poboación se concentrase no sector terciario. Entre as principais institucións culturais salientan The Detroit Institut of Arts e o Henry Ford Museum & Greenfield Village. Fundada no ano 1701 polo francés Antoine de la Mothe Cadillac co nome de Fort Pontchartrain du Detroit, foi conquistada en 1760 polos ingleses e incorporada aos EE UU no ano 1796.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. Profesor de teoloxía en Alcalá, en 1698 foi nomeado confesor de Carlos II. Procesado por difundir a idea de que o rei estaba enfeitizado, pasou longos períodos en cárceres inquisitoriais ou recluído en diversos conventos. Declarado inocente baixo a influencia de Filipe IV (1704), foi nomeado bispo de Ávila, pero morreu antes de ocupar o cargo. O seu proceso publicouse entre 1787 e 1788.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dicroísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dalgunhas substancias de presentar diferentes coloracións segundo o propio grosor e a inclinación dos raios transmitidos. Estas substancias son birrefrixentes e absorben desigualmente os dous raios que transmiten.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra inacabada de Jean-Jacques Rousseau publicada en 1762 e dividida en catro libros. No primeiro ocupouse da formación das sociedades e do contrato social; no segundo, da soberanía, entendida como a vontade xeral, e os seus dereitos; no terceiro enunciou as principais formas de goberno (democracia, aristocracia e monarquía) e o seu exercicio; no cuarto analizou algunhas institucións sociais, como as maxistraturas gregas e romanas, e a relixión, e propuña que o Estado debería establecer unha relixión civil depositaria do código moral. O autor fundamentou a necesidade de formas sociais e do Estado, xa que a liberdade natural do home está alienada, e presentou o contrato social como un pacto do individuo coa comunidade, entendida como suxeito de dereito político, coa finalidade de unir as vontades para acadar e conservar un ben maior. Nese convenio o home perde a súa liberdade pero vese recompensado coa defensa que recibe do establecemento de leis protectoras. A soberanía, que se fundamenta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Membro da Segunda Escola de Fointainebleau, foi pintor de Maria de Medici e pintor de cámara de Enrique IV. Realizou unha obra de características manieristas. Entre as súas obras destaca a decoración do Château de Fointainebleau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A sociedade cultural Edicións O Paporroibo creouse o 17 de xuño de 1992 co obxectivo de promocionar escritores, creadores de arte e investigadores vinculados ás terras do Ortegal. Presidida por Manuel López Foxo, conta coa coordinación de Obdulia Dopico Cachán. Edita fundamentalmente libros de contos e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que teñen pólas finas e follas moi reducidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que produce unha forza de atracción mediante un campo magnético creado por unha corrente eléctrica. Consiste, esencialmente, nunha armadura ou núcleo de ferro ou de aceiro envolto por unha ou máis bobinas. Cando se fai pasar unha corrente eléctrica pola bobina créase un campo magnético na armadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Festa ou farsa propia do Entroido.

    2. Broma pesada e de mal gusto que se lle fai a alguén.

    3. Situación ou reunión seria que semella unha festa propia do Entroido polas cousas grotescas que nela se dan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Divertirse celebrando o Entroido.

    2. Facer burla ou chancearse de alguén no Entroido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é amigo de facer ou participar en entroidadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período que, no calendario regulado polos ciclos da liturxia cristiá, precede e introduce a época de austeridade e de penitencia da Coresma. O seu inicio varía moito segundo as tradicións e os costumes locais. Adoita comezar despois da Epifanía, pero estritamente considérase Entroido os tres días anteriores ao mércores de cinsa, data que marca o tempo de vixilia coresmal. Na tradición oral recóllense ditos como: “Entroido, á raxeira; Pascua, á lareira. Día de Entroido e domingo de Pascua, cada larpeiro na súa casa. Pascuas, con quen quixeres; entroidos, coas túas mulleres”. OBS: Normalmente, escríbese en maiúscula.

    2. Divertimentos públicos que se adoitan celebrar neste período, no que se manifestan, dun xeito mesturado e confuso, costumes e festas moi antigas e heteroxéneas. Caracterízase por presentar un mundo ao revés, que afecta a todos os aspectos da vida cotiá (oficios, ritos relixiosos, música, etc), e permite exteriorizar o máis oculto e reprimido que garda cadaquén ao longo do ano, sobre todo os pecados carnais; por iso no Entroido reina a gula, a luxuria, o xogo, a diversión e a preguiza fronte aos ideais cristiáns e a Coresma que lle segue, marcada pola abstinencia e o xaxún. Non obstante , de xeito paradóxico, o Entroido ten un fin didáctico e moralizador, que é o de censurar e ridiculizar os comportamentos libertinos opostos ás normas e, consecuentemente, probar a validez do xeito de vida tradicional. A despedida da carne acompáñase tamén con bailes, comparsas, mascaradas e fogueiras, ademais doutros tipos de actos lúdicos e festivos. É unha festa de orixe medieval que inclúe elementos herdados...

    3. Persoa que se disfraza nesta celebración.

    4. Persoa que viste de maneira descoidada e cunhas combinacións que resultan ridículas e estrafalarias.

    VER O DETALLE DO TERMO