"Rus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 386.

  • Carbonato de chumbo isomorfo da aragonita, de fórmula PbCO3. Cristaliza no sistema rómbico e é de cor branca, incoloro ou escuro. Ten dureza 3-3,5 e peso específico 6,5. Emprégase para a obtención de chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos que presentan cogomelos cun sombreiro que pode acadar os 7 cm de diámetro, de cor acastañada e superficie seca, co himenio formado por tubos rematados en poros de cor alaranxada e cun pé de cor amarela que pode acadar os 8 cm de alto. En Galicia, está presente, baixo das árbores caducifolias, a especie C. piperatus, de carne moi picante e indixesta, que recibe o nome de andoa picante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles da orde dos coristoderios. Presenta un corpo longo e estreito de ata 1,5 m de lonxitude, con patas curtas, cola longa e longas mandíbulas con numerosísimos dentes finos e de pequeno tamaño. Foi unha especie acuática e piscívora que habitou nos ríos e lagoas das actuais Europa e Norteamérica dende finais do Cretáceo ata principios do Terciario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles da suborde dos proterosuquios de ata 2 m de lonxitude. Presenta un corpo alongado e as patas pequenas e fortes de cinco dedos, dispostas en ángulo respecto ao corpo. Pasaban a maior parte do tempo nos ríos onde se alimentaban principalmente de peixes. Propios de principios do Triásico, os xacementos máis importantes están en Sudáfrica e China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos ceratópsidos, de ata 5,2 m de lonxitude, propios de finais do Cretáceo. Na fronte presentaban un par de grandes cornos revirados cara a arriba, outro máis pequeno no fociño e unha gran gola ósea dende a parte posterior do cranio que cubría o pescozo e a parte superior dos ombreiros. Os principais xacementos localízanse no N de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas vermellas de talo palmeado, con máis de 10 mm de largo na base da ramificación, que acada os 15 cm de lonxitude. Ten consistencia xelatinosa e cor vermella escura con certa iridiscencia. A especie C. cripus está presente no litoral inferior e no infralitoral da costa atlántica. Emprégase na industria farmacéutica e alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte principal dun tema, que serve de base aos arranxos orquestrais e ás improvisacións no jazz.

    2. Número de compases dun tema (doce na maioría dos blues e dezaseis no ragtime).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Establecido en Bruxas, baixo a sinatura de Petrus XPI, introduciu a perspectiva xeométrica nos Países Baixos. O seu estilo, dun grande eclecticismo, está influído por Van Eyck, o Mestre de Flémalle e Van der Weyden. Entre as súas obras destacan san Xerome (1442), san Eloi (1449) e A Virxe e o neno con san Xerome e san Francisco (1457?).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Demostración de afecto e cariño. Ex: Fíxolle catro churruscadas e xa quedou contenta.

    2. Acción ou expresión graciosa e enxeñosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa graciosa e ocorrente que resulta agradable.

    2. Aplícase á persoa que posúe un corpo harmonioso e que é elegante. Ex: Tes unha moza ben churrusqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Xerusalén s IV) Bispo de Xerusalén e mártir baixo Xuliano o Apóstata. Na iconografía represéntase con mitra e báculo de bispo, e leva como atributo a santa Cruz do Gólgota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Xerusalén 315? - 386?) Bispo de Xerusalén (350) e doutor da Igrexa. Combateu o arianismo. Logo de ser nomeado bispo, foi deposto por un concilio de corenta bispos e sufriu tres exilios (357, 360 e 367); ata o ano 378 non recuperou a súa sé. Asistiu ao Concilio de Constantinopla (381) e defendeu a fe de Nicea. Compuxo unhas Catequeses, que se presentaron nun dobre libro; o primeiro recolle 18 homilías coresmais destinadas aos candidatos ao bautismo e o segundo 5 homilías para os novos bautizados. A súa festa celébrase o 18 de marzo

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico duns virus de ADN do grupo dos herpes virus. Causan infeccións, en xeral frecuentes e asintomáticas. En individuos coas defensas diminuídas poden ser graves e xeneralizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores orixinarias do sueste asiático. A súa importancia económica radica nos froitos, ricos en vitamina C e ácido cítrico. Entre as 12 especies que comprende o xénero están a laranxeira, o limoeiro, o mandarineiro e o pomelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos que presentan cogomelos que antes de madurecer aparecen como unha masa globosa parda clara, de ata 10 cm de diámetro, da que ao rachar xorde o peridio; esta estrutura de textura esponxosa e de cor vermella contén ou sostén a gleba de cor verdosa e fedorenta á que acoden diversos dípteros que, á vez que se alimentan, facilitan a dispersión das esporas que se atopan nesta masa fértil. Son propios de solos ricos en materia orgánica e non son comestibles. En Galicia están presentes as especies C. ruber, que presenta un receptáculo en forma de rede, e C. archeri, que produce ata oito proliferacións e que, orixinaria de Oceanía, chegou a Europa co material militar da Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles mariños da familia dos henodóntidos, que existiron a finais do Pérmico, de ata 60 cm de lonxitude e de pescozo longo. Alimentábanse na beiramar e desprazábanse con movementos ondulantes da parte posterior do corpo. Os xacementos máis importantes están en Madagascar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos celúridos, de ata 2 m de lonxitude e cunha cabeza menor aos 20 cm de longo. As patas traseiras, coas que corrían velozmente, eran longas, e as dianteiras contaban con tres dedos con garras, coas que capturaban réptiles e pequenos mamíferos. Viviron a finais do Xurásico e os principais xacementos están en América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entremés escrito polo Padre Sarmiento ao regreso dunha viaxe polo Reino de Galicia no ano 1745, co obxectivo de contextualizar nunha estrutura literaria o material lingüístico que recollera na mencionada viaxe. Aínda que é un texto inacabado que non publicou en vida, constitúe a única obra de creación na que Sarmiento emprega a lingua galega. O manuscrito do que parten os editores é unha copia de 1789, conservada na Biblioteca Nacional de Madrid, titulada Colección de voces y frases gallegas en coplas y un glosario de dichas voces. Composta por 1.201 coplas, a carta que a precede permite fixar a súa elaboración entre 1745 e 1751. Existe outro manuscrito no Museo de Pontevedra con 107 coplas máis, se ben os estudiosos cuestionaron a atribución das mesmas a Sarmiento ao basearse en argumentos lingüísticos. O tema da peza xurdiu do pasamento de Filipe V, primeiro rei borbón español, e da coroación do seu fillo Fernando VI; o autor elaborou un cadro de costumes no que labregos de Pontevedra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filólogo. Membro do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou na sección de filoloxía, creada en 1923, e participou nos labores de investigación e difusión de diversos traballos que abranguían os campos da lexicoloxía e da lexicografía, da fonética e da ortografía. Foi coautor, xunto con Filgueira Valverde, Tobío Fernandes e Magariños Ne-greira, do Vocabulario popular galego-castelán (1926), que remata na voz trevo, e publicado inicialmente por entregas. No ámbito da ortografía, participou na unificación das normas ortográficas do galego, aprobadas pola Xunta Xeral en 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irus que ten como material xenético moléculas de ARN dunha soa cadea e no que os virións, de 80 a 130 nm de diámetro, presentan unha envoltura externa lipídica e unha serie de expansións polipeptídicas que lles dan un aspecto coroado. Pertencen a este grupo os virus que orixinan o arrefriado común.

    VER O DETALLE DO TERMO