"Santa María" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 234.

  • IGREXAS

    Igrexa situada en Fisterra na aba do monte de San Guillerme. Construída a finais do s XII ou principios do s XIII en estilo románico, orixinariamente tiña unha soa nave e unha capela maior de planta rectangular. A nave está dividida en catro tramos por tres arcos apuntados; a cuberta é de madeira. Posteriormente, abriuse unha porta lateral no terceiro tramo e engadíronse as capelas: a finais do s XIV construíronse a capela maior e a de Santa Lucía, cubertas con bóveda de crucería; a do Rosario de estilo plateresco; as de san Miguel e as Angustias no primeiro tramo; e a do Santo Cristo, de finais do s XVII ou principios do s XVIII e na que se venera a imaxe do Cristo da Barba Dourada, cun tramo cuadrangular, formado por cruz grega con cúpula con lanterna, e un segundo tramo rectangular que comunica coa nave, cun arco decorado cunha tripla moldura cóncava, e co exterior por unha porta arquitrabada. Construíuse tamén unha sancristía á beira do altar maior e unha torre cuadrangular aos pés...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro cisterciense situado en Fitero. Fundado no 1146 en Yerga por Afonso VII con monxes procedentes de Scala Dei, en 1152 trasladouse a Fitero. Converteuse en abadía nullius e abandonouse en 1834 coa desamortización. Do edificio, gótico cisterciense, só se conserva a igrexa, o claustro e a sala capitular. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lugo. Reedificada en 1572 polo mestre Gregorio do Barro, ten unha nave con cuberta de madeira a dúas augas e capela maior cuadrangular cuberta a catro augas. O arco de triunfo é de medio punto. No interior destaca o retablo maior barroco (s XVIII), e na fachada a espadana dun van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cerdedo. Construída entre 1606 e 1611 sobre o primitivo templo románico, ten unha soa nave e ábsida cuadrangular. Na fachada destacan a torre das campás con dous corpos e tres vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. De orixe románica, ten unha soa nave de planta rectangular e ábsida con dous tramos, un recto cuberto cunha bóveda de canón e o outro semicircular con bóveda de forno. O arco triunfal é de medio punto, cunha arquivolta interior en aresta e outra exterior cunha moldura axadrezada, que se apoia en columnas pegadas de bases tóricas. No lado N da nave engadiuse un corpo. Conserva un retablo neoclásico. A porta principal está formada por unha arquivolta con doelas en aresta; o tímpano apenas está decorado. A espadana é de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Baleira. Ten planta de nave única coa capela maior, cuberta a catro augas, á que se lle engadiu un corpo que funciona de sancristía. O arco de triunfo é de medio punto. Na fachada destaca a espadana dun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Doada polo arcebispo Xelmírez ao mosteiro de San Martiño de Santiago no s XII, ten planta dunha soa nave dividida en tres tramos e ábsida rectangular, cubertas as dúas con bóveda de canón reforzadas por arcos. O arco triunfal é semicircular e dobrado e de sección rectangular; apóiase en columnas con capiteis decorados: no esquerdo represéntase unha figura humana de pé sobre o astrágalo e o dereito ten decoración vexetal. No tímpano da porta N consérvase unha inscrición coa data de 1171.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Corgo. De orixe románica (s XII), só se conserva a nave, con cuberta de madeira, e o arco triunfal dobrado e en aresta viva. A ábsida é rectangular e cóbrese con bóveda de canón. A porta principal está formada por un dobre arco semicircular con dous pares de columnas acobadeladas con capiteis de volutas. No tímpano consérvase unha inscrición coa posible data de consagración do templo (1178). Sobre a porta sitúase unha ventá formada por columnas con capiteis vexetais e cunha arquivolta tórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario mariano situado en Santa María da Franqueira (A Cañiza). Existía dende o s X, e dende o s XI foi un mosteiro de monxes beneditinos ata que en 1293 confiouse á orde do Císter. Recibiu diversas doazóns e en 1481 o bispo de Tui Diego de Muros incorporoulle o mosteiro e a igrexa de Casteláns. Incorporouse á Congregación de Castela e en 1572 converteuse en abadía. A comunidade abandonou o mosteiro coa desamortización de 1835. As antigas dependencias monacais non se conservan pois as súas pedras empregáronse para construír a casa rectoral. Consérvase a igrexa, reformada no s XVIII. Ten unha soa nave e ábsida rectangular comunicadas por unha cúpula de cuarteiróns. A nave divídese en catro tramos por medio de arcos apuntados, dous deles cubertos por bóveda de canón. Reformáronse as paredes laterais ao abrírense arcos que comunicaban coa sancristía e coas dependencias monacais e que lle conferiron o aspecto de deambulatorio. A Virxe da Fonte está situada sobre un pequeno templo con catro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa que estivo situada en Frades (A Estrada). Documéntase a súa existencia nunha doazón que fixo Ordoño II ao mosteiro de San Martiño Pinario (912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Leiro. Foi priorado do mosteiro de Toxos Outos en tempos de Afonso VII. Foi unha posesión codiciada e pertenceu a Pedro Ruiz Sarmiento, adiantado maior de Galicia, ao mosteiro de Sobrado, ao cabido ourensán e finalmente ao mosteiro de Sobrado. A construción románica (s XII) empregouse como adega da casa prioral trala construción dunha nova igrexa en 1505. Ten planta de nave única e ábsida rectangular. Na fachada destaca a porta formada por arquivoltas semicirculares apoiadas en dous pares de columnas, dúas lisas e dúas estriadas, con capiteis vexetais e zoomorfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Páramo. Ten nave rectangular con cuberta a dúas augas e ábsida a catro augas, cun corpo engadido que funciona como sancristía. O arco de triunfo é de medio punto e no intradorso conserva unha inscrición e o anagrama da Virxe. A porta principal é de arco de medio punto peraltado é leva unha inscrición na arquivolta. Sobre o lintel está outra inscrición que informa sobre a reconstrución que fixo Xoán Francisco Gutiérrez, patrón da mesma, e nas xambas atópase a data de 1704. A espadana é de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Incio. De orixe románica, construíuse a finais do s XII ou comezos do s XIII. Ten planta de nave única, con cuberta de madeira, e ábsida con tramo recto e cabeceira poligonal. O arco triunfal é de medio punto dobrado. A porta principal está formada por unha arquivolta de sección rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Guarda. Atópase no terreo que ocupou unha igrexa prerrománica do s X. Construída en 1576, ten planta rectangular. A fachada é barroca e nela sobresaen as cornixas curvas rematadas en volutas e a ventá central. No lado N conserva pegada a torre do s XIX formada por tres corpos separados por balcóns de balaústres con pináculos con bólas nas esquinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Friol. Ten planta de nave única cuberta con bóveda de canón. O arco de triunfo é de medio punto e apóiase en pilastras. A ábsida cóbrese con bóveda estrelada con terceletes. A fachada está franqueada por dous contrafortes. A porta é de arco de medio punto e sobre ela sitúase un rosetón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Padrón. Trátase dun templo románico da segunda metade do s XII. Ten unha soa nave e unha ábsida que, no exterior, aparece dividida en tres tramos por dúas semicolumnas pegadas. O arco triunfal é semicircular. A portada principal está formada por unha tripla arquivolta e está flanqueada por arcos cegos semicirculares. A espadana é de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Padrón. Está edificada no soar que ocupou a vella catedral da diocese de Iria, sufragánea de Braga. Foi colexiata ata 1851. Coñécese tamén como Santa María de Adina. Construíuse un primeiro templo paleocristián, do que se conservan restos arqueolóxicos, que puido edificarse no s I. Sobre este edificio fíxose unha igrexa prerrománica, arrasada en tempos de Almanzor. O arcebispo Xelmírez mandou construír no s XII unha igrexa románica, terminada no s XIII en estilo oxival. Tiña tres naves separadas por columnas e tres ábsidas. Desta construción consérvase a portada gótica, onde se labrou no tímpano a Adoración dos Reis Magos. No s XVIII o arcebispo Monroy restaurou o edificio, que adoptou a planta rectangular con tres naves, cruceiro e presbiterio, todo cuberto con bóvedas de aresta. Deste século son as torres rematadas en pirámides de chanzos, realizadas por Pedro García de Cotobade de xeito semellante á torre do Tesouro da catedral compostelá. Segundo a tradición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boqueixón. Construída na segunda metade do s XVIII, ten planta de cruz latina cunha soa nave, con tribuna aos pés e cuberta cunha bóveda de canón de dous tramos. O cruceiro cóbrese cunha cúpula sobre pendentes e os brazos transversais con bóveda de canón. A cabeceira é plana e cóbrese cunha bóveda de aresta. No interior consérvanse pinturas ao fresco do s XIX. A fachada principal é sobria e nela destaca a torre campanario formada por un primeiro corpo macizo de planta cadrada sobre a que se sitúa o corpo das campás, de planta rectangular e con pináculos nas esquinas. O conxunto remata cunha pequena lanterna octogonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Leiro. Construída no s XII en estilo románico, pertenceu ao mosteiro de Santa María de Aciveiro. Ten planta de nave única e ábsida rectangular con arco de triunfo semicircular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Zas. Ten planta de nave única e ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de crucería de estilo gótico do s XVI. A nave é barroca do s XVIII e o arco triunfal é apuntado.

    VER O DETALLE DO TERMO