"Sar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 930.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome asirio Belshazzar que significa ‘que Bel (o deus Baal) protexa o rei’; na Vulgata aparece baixo a forma Baltassar. A lenda di que Baltasar é un dos tres Magos protagonistas da Adoración que máis tarde se transformaría en Rei, segundo narra o evanxelista Mateo. A partir do s IX aparecen os seus nomes no Liber Pontificalis de Ravenna, talvez recollendo unha tradición popular que os ordena e reparte xeograficamente; deste xeito, Baltasar acaba sendo o mago de raza negra que representa a África, namentres que Melchor e Gaspar simbolizarían a Asia e Europa, respectivamente. Hai outro Baltasar no Antigo Testamento, fillo e herdeiro de Nabucodonosor, a quen castigou Iavé coa perda e división do seu reino a mans dos medos e persas logo de profanar nunha orxía os vasos sagrados do templo de Xerusalén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dun dos tres Reis Magos de Oriente que, segundo relata o Evanxeo de san Mateo, acudiron a Belén de Xudea para renderlle homenaxe ao neno Xesús na súa condición de Rei dos xudeus. Un rei mouro aparece representado na iconografía con vestiduras e atributos propiamente orientais, portando un copón onde se contén o seu agasallo ao neonato: a mirra, interpretada como o destino do Cristo de morrer para a Redención dos homes. Non obstante , non aparece na arte cristiá ata as representacións baixomedievais, posto que a cor negra era considerada como a cor do demo, do inferno e da morte. Na simboloxía cristiá representa a figura do anticristo. Nun retablo do s XVI da Catedral de Viseu, o mago mouro aparece substituído por un xefe indio do Brasil como símbolo de América. A súa festa celébrase o 6 de xaneiro.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Asturias e de Girona, fillo de Filipe IV e de Isabel de Francia. Foi elixido no ano 1632 polas Cortes de Castela como príncipe herdeiro, aínda que morreu de varíola antes de acceder ao trono. Retratouno en numerosas ocasións Velázquez e o seu círculo (Baltasar Carlos a caballo, 1634-1635, e Baltasar Carlos cazador, 1635-1636).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo católico. As súas teses, fundamentalmente cristocéntricas, mostran unha forte influencia do idealismo alemán e da patrística grega. As súas obras principais son: Das Herz der Welt (A dor do mundo, 1945), Bernanos (1954), Die Gottesfrage des heutigen Menschen (O problema de Deus no home de hoxe, 1956), Skizzen zur Theologie (Ensaios de teoloxía, 1960-1961) e Herrlichkeit. Eine theologische Ästhetik (Magnificencia: unha estética teolóxica, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudiou Filosofía e Letras e foi profesor nos EE UU, especializado na Literatura española, publicando varios volumes dun estudo sobre este tema. No eido da poesía publicou Otoñales e Rosas místicas (1912). En colaboración con Alberto Jardón, realizou a tradución da obra de Víctor Catherein, Filosofía del Derecho. Derecho Natural Positivo. Sobre a literatura galega, á parte dunha conferencia sobre Rosalía, publicada en Nova York no ano 1923 co título de Rosalía de Castro, deu ao prelo En torno al lirismo gallego del siglo XIX (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal e historiador italiano, chamado propiamente Cesare Barone. Foi superior do Oratorio de San Filipo Neri (1593) e confesor pontificio (1594). A súa principal obra son os 12 volumes dos Annales eclesiastici (Anais eclesiásticos, 1588-1607), historia da Igrexa ata 1198, continuada por diversos autores, que acadou vinte e unha reedicións completas; escrita en ton apoloxético como resposta ás Centuries de Magdeburg, representou, non obstante, un avance na crítica histórica. Publicou un Martyrologium romanum (O martiroloxio romano, 1586).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lisardo Rodríguez Barreiro.
-
PERSOEIRO
Actriz. Iniciou a súa carreira co Teatro Circo da Coruña participando en espectáculos como Zardigot (1973) ou Os vellos non deben de namorarse (1977). Posteriormente, participou na fundación da Escola Dramática Galega onde continúa o seu traballo de actriz, amais de impartir diversos cursos de xogo dramático e expresión corporal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia romanesa, tamén coñecida como Besarab, que reinou no Principado de Valaquia dende o 1330 ata o 1658. En 1695 o Príncipe Constantino II, Príncipe de Brancovan (Brîncoveanu), tentou, sen éxito, conquistar novamente a súa independencia. As extensas posesións da familia na Moldavia oriental fixeron que a rexión tomase o nome de Besarabia.
-
PERSOEIRO
Poeta persa en lingua árabe. Do seu diwan consérvanse uns seis mil versos. Inventou novas combinacións estróficas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos bassaris ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo bassari.
-
Pobo que habita no NL de Togo, fundamentalmente, e tamén no NO de Guinea e no S do Senegal. Os bassaris, aproximadamente uns 50.000 individuos, practican a agricultura de sabana de xeito tradicional. Falan unha lingua do grupo atlántico.
-
Lingua africana que pertence á familia níxer-congo central setentrional e ao grupo moré-gurma. Sitúase á beira doutros idiomas como o dagbaní, o gurma e o moré. Hai falantes en Ghana e en Togo.
-
-
PERSOEIRO
Médico traumatólogo. Foi médico militar na Guerra de Marrocos (1909). Profesor de Patoloxía e Clínica Cirúrxica da Universidade de Madrid (1928), fundou a Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Durante a guerra de 1936-1939 foi cirurxián na zona republicana. É autor de tratados médicos (Patología quirúrgica, 1932) e dunhas memorias (De las guerras coloniales a la guerra civil, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Estudiou na École Polytechnique. Oficial do exército napoleónico, deixou a carreira e dedicouse á ciencia. Descubriu a piezoelectricidade (1819) e inventou un galvanómetro diferencial e unha balanza electromagnética. É considerado un dos fundadores da electroquímica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestra. Participou nos primeiros espectáculos realizados polo grupo da Asociación Cultural O Facho, para despois desenvolver unha grande actividade no eido do teatro escolar, dirixindo diversos grupos. É autora dunha guía didáctica sobre as marionetas titulada Taller de monifates (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Baiona baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de san Bertomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido que ten orixe no topónimo do mesmo nome espallado polo territorio galego. Este topónimo procede do xenitivo do nome de posuídor belisarius, formado a partir do xermánico *bili(z)- ‘machada de guerra’ máis a terminación -arius, derivada da confluencia entre o gótico harjis ‘exército’ e o latín -arius.
-
Liñaxe procedente da vila homónima de Chantada que leva como armas: en campo de ouro, unha aciñeira de sinople e un lebreiro de sable, manchado de prata, atado cunha cadea ao tronco, e en fronte do lebreiro un lobo de sable en actitude de atacalo; bordo de azul con oito panelas de prata.
-
-
ENCORO
Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Miño, situado entre os concellos de Taboada, Chantada e O Saviñao. O encoro, que ten unha capacidade de 654,5 hm3 e abrangue unha superficie de 2.000 ha, aproveita o encaixe do Miño na superficie de aplanamento de Chantada ao longo duns 50 km. A presa de Belesar, construída por FENOSA entre as parroquias de Rebordaos (O Saviñao) e San Fiz de Asma (Chantada), emprégase para a explotación dunha central hidroeléctrica que entrou en servizo en 1963. Ten unha altitude de 129 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cenobio dúplice situado na Terra Chá. Sábese da súa existencia grazas a unha doazón feita por un tal Belisario no ano 871.