"Sax" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 92.
-
DUCADOS
Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1556, despois da división en ducados do antigo landgraviado de Turinxia, para Xoán Federico II (?-1595), fillo maior do elector Xoán Federico I de Saxonia. Incorporou o ducado de Saxonia-Altenburg en 1672 e desde 1675 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Gotha-Altenburg. En 1825 Gotha uniuse ao ducado de Saxonia-Coburg, e Altenburg ao de Saxonia-Hildburghausen.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1680, para Ernesto I (?-1715), fillo do duque Ernesto I de Saxonia-Gotha. En 1826 uniuse en parte ao ducado de Saxonia-Meiningen e en parte ao de Saxonia-Altenburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Ou ducado da Baixa Saxonia Territorio alemán formado como consecuencia da partición do ducado de Saxonia en 1260 para Xoán I (?-1285), fillo maior do duque Alberte I de Saxonia, da dinastía de Ascania. En 1689 pasou ao duque de Brunsvic-Lüneburg-Zelle, en 1702 ao electorado de Hannover, en 1815 a Dinamarca e en 1864 a Prusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1662, a favor de Xoán Xurxo I (?-1686), fillo terceiro do duque Guillerme I de Saxonia-Weimar. Incorporou en 1671 o ducado de Saxonia-Eisenach e uniuse, en 1698, ao ducado de Saxonia-Jena, mantendo, non obstante, a propia denominación ata 1741, que foi incorporado ao ducado de Saxonia-Weimar.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado independente creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1680, para Bernardo I (?-1706), fillo do duque Ernesto I de Saxonia-Gotha. En 1825 incorporou parte do ducado de Saxonia-Hildburghausen e a totalidade do de Saxonia-Saafeld e en 1826 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Meiningen-Hildbugrhausen. Desde 1871 pertenceu ao Imperio Alemán e desapareceu en 1918 coa proclamación da república. Integrouse no land de Turinxia en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado independente alemán, creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1556, despois da división en ducados do antigo landgraviato de Turinxia, para Xoán Guillerme I (?-1573), fillo pequeno do elector Xoán Federico I de Saxonia. En 1741 incorporou Marksuhl, Eisenach e Jena e tomou o nome de ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach. En 1806 adheriuse á Confederación do Rin, e en 1815 foi erixido en gran ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach. Foi membro da Confederación de Alemaña do Norte (1867) e do Imperio Alemán (1871). Desapareceu en 1918 coa proclamación da república. Integrouse no land de Turinxia en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Territorio alemán formado a raíz da partición do ducado de Saxonia en 1260 para Alberte II (?-1298), fillo segundo do duque Alberte I de Saxonia, da dinastía de Ascania. En 1356 os duques de Saxonia-Wittenberg recibiron a confirmación da dignidade electoral. Á morte do derradeiro Ascania (1422) o ducado e a dignidade electoral pasaron (1423) ao margrave Federico III de Misnia, da dinastía de Wettin, que se converteu no elector Federico I de Saxonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo estado do Permiano de Europa Occidental, mantido especialmente polos autores franceses, equivalente ao Kunguriano e ao Ufimiano da plataforma rusa.OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten entre sesenta e sesenta e nove anos de idade.
-
-
Aplícase ao sistema de numeración de base 60, orixinario de Babilonia e empregado aínda para a medida de ángulos e do tempo.
-
División da circunferencia en 360° (ou do cuadrante en 90°), e na que cada grao se divide en 60 minutos e cada minuto en 60 segundos.
-
-
-
Que ocupa o lugar número sesenta nunha serie.
-
Que corresponde a cada unha das sesenta partes en que se divide un todo.
-
Cada unha das sesenta partes en que se divide unha unidade.
-
Domingo e semana segunda antes da Coresma, correspondente a sesenta días antes da Pascua. Desapareceu na reforma do calendario litúrxico (1969).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Himno en honor á Santísima Trindade en que se repite tres veces a palabra santo. Hai dúas formas: o texto bíblico coñecido co nome de Sanctus que é cantado na misa, e a outra é unha paráfrase desta.