"Tm" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 131.
-
-
Banda estreita de terra que une dous espacios maiores.
-
-
Paso estreito que une dúas cavidades ou dous órganos.
-
istmo da gorxa
Pasaxe estreita entre a boca e a farinxe.
-
istmo do corpo tiroide
Porción que une os dous lobos da glándula tiroide.
-
-
-
CAPITAIS
Capital de Nepal, situada no centro do país, preto da confluencia dos ríos Bāghmati e Vishnumati (696.852 [2001]). A aglomeración abrangue tamén as cidades de Bhaktapur e Patan. É o centro administrativo e comercial do país, onde se concentran a maior parte das instalacións industriais nepalís. Centro relixioso budista, conserva numerosos santuarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tema central que se repite a miúdo ao longo dunha obra, sobre todo literaria ou musical, e que ten o significado de ‘motivo condutor’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos logaritmos.
-
-
Número a tal que, dado un número b, real, positivo e distinto de 1 (denominado base) e un número calquera n, real e positivo, cumpre que b elevado a a, é igual a n, é dicir, ba= n. Denomíase logaritmo de base b de n, e represéntase por logbn = a. As propiedades fundamentais dos logaritmos son:
FORMULA
Os logaritmos constitúen un instrumento matemático que facilita e abrevia moitos cálculos complicados. Os máis utilizados correntemente no cálculo son os logaritmos decimais ou de Briggs, que son os logaritmos de base 10 e que se representan cos símbolos log10, log ou lg. Pola contra, nos cálculos diferencial e integral utilízanse os logaritmos naturais ou neperianos, que son os logaritmos de base e, representados cos símbolos loge, ln ou l. No caso dos logaritmos decimais, denomínase... -
Logaritmo decimal dun número menor ca l e característica negativa, á que se lle aplica certo artificio para que sexa sempre positiva. Os logaritmos aumentados ideáronse para diminuír as probabilidades de erro nas operacións con logaritmos e certos tipos de cálculos, como os de navegación astronómica, artillería e topografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título que se dá en India a unha autoridade espiritual destacada.
-
PERSOEIRO
Inventor alemán. Reloxeiro de oficio, emigrou moi novo a EE UU, onde puxo en práctica, en 1884, unha máquina que compoñía liñas enteiras para a impresión. O linotipo de Mergenthaler, sucesivamente perfeccionado, foi utilizado nas imprentas de todo o mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo alemán. Estudou filoloxía románica e árabe nas universidades de Colonia e París e doutorouse cun traballo sobre o teatro relixioso de Tirso de Molina. Desde 1962 dirixiu o seminario de filoloxía románica da Universidade de Münster. Especialista en literatura medieval, é autor de diversos estudos de crítica literaria e de edicións de textos casteláns (Historia de la Donzella Teodor, La Celestina), cataláns e franceses (Roman de Tristan, Villon). Ademais fixo diversas edicións e ensaios de obras medievais da literatura galega como a das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio (1959-1972), das que elaborou diferentes edicións en Galicia e Portugal. Foi coeditor da revista Ibero-Amerikanisches Archiv e dirixiu a colección La Littérature dans la Péninsule Ibérique aux XIVe et XVe siècles (1983-1985). É membro da Rheinisch-Westfälische Akademie der Wissenschaften e membro correspondente da Academia de Ciências de Lisboa (2002) e da Akademie der Wissenschaften en...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Estudou na Universidade de Würzburg, onde se doutorou en 1977. Traballou no Max-Planck-Institut für Biochemie (Martinsried). Recibiu o Premio Nobel de Química (1988), xunto con R. Huber e J. Deisenhofer, polos seus traballos sobre o coñecemento da estrutura molecular das proteínas das membranas celulares fotosintéticas e a transferencia dos electróns na fotosíntese.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Pertenceu á Igrexa Evanxélica reformada, e destacou pola súa obra Theolofie der Hoffnung (Teoloxía da esperanza, 1968). Tamén escribiu, entre outras obras, Der Mensch (O home, 1971), Der gekreuzigte Gott (O Deus crucificado, 1971) e Kirche in der Kraft des Geistes (A Igrexa na forza do Espírito, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á composición ou á obra que ten un só ritmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Outeiro situado no norte de París, que deu nome ao distrito XVIII. Segundo a lenda, alí foron martirizados san Denís de París e os seus compañeiros; por iso se construíu alí un mosteiro, do que se conserva a igrexa de Saint-Pierre (s XII). Anexionado por París en 1860, as características do terreo fixeron que tivera unha importante función militar durante as Guerras de Relixión (1562-1568) e durante a insurrección que deu orixe á Comuna de París (1871). Desde finais do s XIX converteuse no centro da vida bohemia, e en centro de inspiración para nomeados artistas como , van Gogh, Picasso, Rusiñol ou Gargallo. Avanzado o s XX, perdeu este carácter e converteuse en centro turístico. Destaca a basílica do Sacré-Coeur, construída en 1875.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no val do Congost (8.592 h [2001]). A industria é a actividade máis importante do termo, e destacan as empresas alimentarias, da construción e químicas. Posúe un circuíto de velocidade onde se disputa o Gran Premio de Catalunya de motociclismo e automovilismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal, par e condestable de Francia, duque de Montmorency. Gobernador de Languedoc, defendeu Provenza contra o Emperador Carlos V e reinando Carlos IX de Francia, formou parte do triunvirato católico (1561) fronte aos hugonotes. Morreu na loita contra eles, dirixindo o exército católico en Saint-Denis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político flamengo, barón de Montigny. Foi enviado por Margarida de Parma, gobernadora dos Países Baixos (1559-1567), preto de Filipe II (1566), para negociar unha solución ao problema flamengo. A crise de Flandres agravouse e foi feito prisioneiro e executado secretamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, conde de Horn. Loitou pola liberdade dos Países Baixos contra a dominación hispánica. Á chegada de Xoán de Austria, foi arrestado e decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal de Francia, duque de Luxemburgo. Participou nas Revoltas de Fronda, pasou ao servizo de Filipe IV e despois do Tratado dos Pireneos (1659) volveu ao servizo de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre flamengo, conde de Horn. Participou nas batallas de Saint-Quentin (1557) e de Gravelines (1558). Xuntamente co conde de Egmont e Guillerme I de Orange-Nassau, en 1566 iniciou a revolta dos nobres flamengos contra a dominación hispánica. Á chegada do duque de Alba foi arrestado e decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato hidratado de aluminio, de fórmula Al2Si4O10(OH)·nH2O. Cristaliza no sistema monoclínico e está presente en masas terrosas. É de cor gris, gris verdosa ou branca, e ten o brillo graxo. Ten unha dureza 2-2,25 e unha densidade 2-2,27. É o compoñente principal da bentonita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave da orde dos coraciformes, duns 46 cm, que ten as dúas temoneiras centrais moi desenvolvidas, cunha zona núa de barbas, e está vivamente colorida de negro, azul, verde e vermello. Habita nas selvas tropicais de Brasil.