"Trat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

    1. Ciencia que estudia as rochas estratificadas. Inclúe o estudo dos procesos sedimentarios e as rochas sedimentarias que resultan, a natureza da estratificación e as interrupcións da estratificación, como as discordancias e os diastemas, as facies e os cambios de facies, e tamén as correlacións. A estratigrafía parte de dous principios: a posición horizontal dos estratos e a súa superposición. Os depósitos sedimentarios, que se transforman en rochas sedimentarias estratificadas, fórmanse por acumulación de materiais sobre un fondo. A posición das partículas determínase pola forma deste fondo e pola acción da gravidade; se o fondo non é plano, os depósitos iniciais tampouco o son, aínda que chega un momento en que se acada a posición horizontal, se a sedimentación continúa. Esta posición pode alterarse por desprazamentos submarinos ou por fenómenos de orixe tectónica ou erosiva. A lei de superposición supón que, nunha secuencia de rochas dispostas en estratos, cada un é máis antigo ca o inmediatamente...

    2. Método de escavación arqueolóxica empregado para identificar os niveis ou camadas dun xacemento de cara ao seu estudio. A superposición de camadas permite establecer unha cronoloxía relativa dos mesmos, ao considerar os máis profundos como os máis antigos e os máis superficiais como os máis recentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á estratigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das capas ben diferenciadas en que se presentan xeralmente as rochas sedimentarias.

      2. estrato tipo

        Sucesión concreta de estratos que serve de patrón para a definición dunha unidade estratigráfica ou dun límite estratigráfico. A localidade que acolle o estrato tipo é a localidade tipo.

    1. Cada unha das capas en que se divide unha biocenose e que presenta características ecolóxicas particulares.

    2. Capa ou conxunto de membranas superpostas dun tecido, dun órgano ou de calquera outra estrutura.

    3. Nube baixa que forma unha capa uniforme dunha extensión horizontal relativamente grande, semellante á néboa, pero sen tocar o chan.

    4. Estrato formado pola aparición en disposición horizontal dunha serie de materiais e características que permiten identificar un momento determinado diferente ao anterior ou posterior. A sucesión deles permite testemuñar a existencia dunha secuencia cultural completa.

    5. Cada un dos grupos ou capas en que se divide a sociedade segundo as diferentes teorías da estratificación social.

    6. Capa formada polas plantas dun intervalo de altura determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estrat(i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de goberno en que a autoridade militar é soberana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nube baixa formada por un conxunto de masas acanaladas paralelas que cobre unha grande extensión de ceo. Xeralmente non produce precipitacións e a súa formación débese á transformación doutro tipo de nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición do exército e de todo o que a el respecta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    O Físico (Lámpsaco 268 a C -?) Filósofo grego. Discípulo de Teofrastro, substituíuno como escolarca do Liceo e orientouse cara á investigación física. Tan só se conservan pequenos fragmentos da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona atmosférica de transición entre a estratosfera e a mesosfera, situada a uns 45-50 km da superficie terrestre. Nela ten lugar unha inversión na variación de temperatura coa altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda capa máis alta da atmosfera terrestre, situada entre os 12 e os 40 km de altura sobre a superficie da Terra. Foi descuberta en 1899 polo xeólogo francés Léon Teisserenc de Bort, quen chegou a fixala en 1902 ata os 80 km de altura. Posteriormente, no Congreso da Unión Xeodésica e Xeofísica Internacional, que se celebrou en Bruxelas en 1951, distinguíronse dúas capas: a mesma estratosfera no sentido inicial e a mesosfera. Estaba considerada, de forma inexacta, como unha capa de calma absoluta e de perfecta estratificación. Os ventos poden acadar unha velocidade de ata 250 km/h e os movementos verticais chegan para homoxeneizar toda a capa. En contraste coa troposfera, constitúe unha capa clara e seca, sen practicamente vapor de auga. A rarefacción do aire aumenta coa altura, ao tempo que se concentra a parte máis grande de ozono atmosférico, que, cara aos 25 km, chega a constituír outra capa, a ozonosfera. A temperatura deixa de diminuír e estabilízase cara aos 30 km. Acaba nunha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á estratosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está fóra da Terra, no espazo exterior.

    2. Aplícase ao habitante ou forma de vida que supostamente procede doutro planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se encontra fóra dos límites territoriais dunha xurisdición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dereito ou privilexio baseado nunha ficción xurídica que considera persoas, cousas e locais como se estivesen fóra do territorio en que se atopan para continuar sometidos ás leis dos seus países de orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campaña fotográfica federal organizada polo departamento de Agricultura do goberno dos EE UU e dirixida por Roy Stryker. O seu obxectivo era obter imaxes das consecuencias da Gran Depresión económica que vivía o país, particularmente os granxeiros do sueste, para realizar informes e axudar economicamente aos que máis o precisaban. Na campaña traballaron os fotógrafos B. Shahn, W. Evans e D. Lange, entre outros. Os seus arquivos recolleunos a Library of Congress en Whasington.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Retratos funerarios pintados á encáustica e dende o s IV d C á témpera, sobre fondo branco. Substitúen a máscara funeraria das momias e reflicten a tradición de situar un retrato do morto sobre o cadáver. Localizáronse a finais do s XIX na necrópole de Arsinoe (Al-Fayyūm). Aínda que non se pode precisar a súa data con exactitude, sitúanse na época romana, entre os ss I e V. Teñen unha gran calidade artística e unha forte expresividade. Atopáronse tamén teas de la ou liño (ss III-IV), con decoración en branco e negro ou cor que pertencían aos vestidos do defunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sofista grego. Coñecido como o Ateniense, foi profesor de retórica en Atenas. Trasladouse a Roma onde foi protexido pola Emperatriz Xulia. Das súas obras consérvanse Vida de Apolonio de Tiana e Vidas de Sofistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordos asinados na cidade francesa de Fontainebleau en 1743, 1807 e 1814. O primeiro foi o segundo dos Pactos de Familia. O segundo, asinado entre Godoy e Napoleón, o 27 de outubro de 1807, estableceu a ocupación e partición de Portugal, de xeito que o N pertencería ao rei de Etrutia, neto de Carlos IV; as provincias de Alentejo e Algarve pasaban a mans de Manuel Godoy, primeiro ministro español; e o resto de Portugal estaría administrado polos dous países, Francia e España. A presenza das tropas francesas en España deu lugar, sen embargo, á guerra con Francia. O 11 de abril de 1814 pactouse a situación de Napoleón, trala súa abdicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo federal da administración estadounidense encargado de fixar os parámetros técnicos dos alimentos e dos fármacos, de autorizar os compoñentes químicos, como aditivos ou principios activos farmacolóxicos, e de velar polo cumprimento da lexislación vixente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrato esgazado que cambia de forma moi rapidamente. Ten moi pouca potencia vertical e adoita ser moi transparente e pouco compacto. Acompaña normalmente os nimbostratos cando comeza a chuvia ao pasar a fronte cálida dunha borrasca.

    VER O DETALLE DO TERMO