"Tura" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 473.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que saíu na Coruña en outubro de 1958. A súa periodicidade era mensual nun principio e despois pasou a ser bimensual. Figuraban como colaboradores Manuel Santaella, Xosé Luis Mariño Cea e César Martín, entre outros. Como publicación de tendencia falanxista e fascista as noticias que recollía estaban relacionadas con organizacións como Falange, a Sección Femenina, a Frente de Juventudes, a Organización Sindical, etc. As diferentes seccións que recollía eran “La vieja guardia”, “Cruz y espada”, “Noticias trascendentales” e “Doctrina”. A revista, no seu primeiro número, publicou na portada un poema de Manuel Machado titulado “Francisco Franco” xunto cunha fotografía do ditador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que publicou a “Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía” na cidade do Bos Aires. A publicación apareceu probablemente en 1923 pero o primeiro número que se coñece é o número 2, de xaneiro de 1924; o último número é o do 18 de abril de 1934. Na súa coordinación tivo un papel moi importante o poeta muxián Gervasio Paz Lestón, que se converteu en presidente da entidade en maio de 1930. Os contidos eran claramente literarios, incluíanse poemas do propio Gervasio Paz Lestón, de Victorino Abente Lago, Lois Castro Pena, Gonzalo López Abente, do Marqués de Figueroa e doutros escritores. Tamén apareceron contos en galego coa sinatura de Ramón Otero Pedrayo e de Avelino Rodríguez Elías. Reproduciuse por entregas a novela curta Buserana, de Gonzalo López Abente, e unha peza teatral de Leandro Carré Alvarellos. O boletín publicou artigos en galego de Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e de Vicente Risco, entre outros moitos intelectuais galegos. Igualmente, publicáronse artigos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semestral editada polo Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Ten formato de libro (24x15 cm) e cubertas Guarro de acuarela-medio, cor branca e 240 gramos, ilustradas cada unha por un artista gráfico diferente. O primeiro número apareceu con data de maio de 1989 e dende o segundo quedou estruturada nos seguintes apartados: “Estudios”, “Notas”, “Documentos”, “Encontros”, “Libros” e “Creación”. A partir do número 5, apareceu unha subsección fixa titulada “Dos arquivos de Dieste” que se inclúe no apartado “Documentos” e da que se encarga Xosé Luís Axeitos, publicando, fundamentalmente, o epistolario do escritor de Rianxo. A publicación, que dirixe dende o inicio Anxo Tarrío Varela, asistido por unha Secretaría, un Consello de Redacción e un Consello Científico formado por profesores de varias universidades españolas e estranxeiras, serve de canle a estudios de teoría e crítica literarias, e informa sobre moitas literaturas do mundo: galega, portuguesa,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Vilarmaior, A Coruña, en abril de 1991. Estaba redactado en galego e posuía unha marcada tendencia nacionalista. Este boletín era órgano informativo da candidatura nacionalista independente de Vilarmaior, a CNIV. Con respecto á ilustración, contou cun debuxo humorístico de Xaquín Marín e outro de Xosé Luís.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en maio de 1969 na Coruña. Redactado en castelán e de tendencia fascista, contou coa colaboración de Mario Velo, Luis Mariño Lafuente, Santos Sánchez e Marín Paniagua. No sumario atopáronse títulos como “Editorial”, “Universidad y nacionalsindicalismo”, “Guardia de Franco: noticias y actividades”, “Aquí la vieja guardia”, “Franco o el acierto político” ou “Ayuntamiento de La Coruña”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Giovanni Fidanza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é bonito. Na tradición rexístranse ditos como: “A bonitura acábase na sepultura. A bonitura cómea a terra na sepultura”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura local de Hallsttat no norte de Alemaña (I milenio a C). Deriva da cultura Lautitz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escritura libraria, ás veces semicursiva. De probable procedencia tironiana, foi usada para anotar ás marxes dos manuscritos, e así completalos e corrixilos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro galego que en 1918 estreou en Santiago de Compostela o espectáculo O Fidalgo, a partir dun texto homónimo de Xesús San Luís Romero.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Valle del Cauca, Colombia, sobre a illa Cascajal (266.988 h [1995]). A importancia da cidade débese ao porto, o principal do país no Océano Pacífico, e polo que se exporta a maior parte do café, do algodón e do azucre que produce. Comunícase por ferrocarril e estrada con Cali. A cidade foi fundada en 1540 por Pascual de Andagoya, pero foi destruída polos indios a finais do s XVI e reconstruída no ano 1821.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor e director teatral colombiano. Establecido en Cali, creou en 1955 unha escola de formación teatral que en 1970 se converteu no Teatro Experimental de Cali, denominación que explicita todo un ideario teatral centrado na investigación permanente e na relación entre realización teatral e contexto sociocultural e político. En plena sintonía cos traballos desenvolvidos por Paulo Freire e Augusto Boal no Brasil, polo colectivo La Canadelaria en Venezuela ou polo Teatro Campesino de California, Buenaventura e os seus colaboradores conformaron unha liña de produción orientada a mobilizar e aguilloar a conciencia crítica do actor e do espectador, baseada en procesos de creación colectiva, que explicaría polo miúdo nun traballo publicado en 1980 na revista Primer Acto. Entre as súas obras máis sobranceiras, cómpre subliñar A la diestra de Dios Padre (1960), Réquiem por el padre Las Casas (1963), La denuncia (1977), Historia de una bala de plata (1980)...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de escritura documental usada na chancelería pontificia do s XV ao XIX. Deriva da minúscula gótica italiana, é dereita ou inclinada cara á esquerda, con riscos contrastados grosos e finos, e abreviaturas longas coa finalidade de evitar as imitacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura neolítica da metade do segundo milenio, afín ás culturas danubianas, caracterizada por grandes poboados dispostos xunto aos ríos que se estendeu por Bosnia-Herzegovina. Atopáronse numerosas figuras de animais e humanos en terracota que pertencen a esta cultura, coñecida tamén pola súa cerámica de bandas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Camariñas, está constituído por un cabo rochoso e dous illotes independizados da costa, chamados Vilán de Terra e Vilán de Fóra. Cunha vexetación limitada a matogueiras, o interese natural do espazo débese ás aves que aniñan nos cantís como a gaivota tridáctila, o paíño común, o corvo mariño cristado e os últimos araos comúns de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría de canarios con fins comerciais ou de recreo.
-
-
Proposta ou condición de alguén como candidato.
-
Conxunto de candidatos presentados ou propostos para unha elección.
-
Papeleta, escrita co nome dun ou varios candidatos, utilizada para votar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Candidatura presentada conxuntamente polo Partido Socialista Galego (PSG), o Partido Socialista Obrero Español (PSOE), o Partido Comunista Galego (PCG), o Partido Popular Galego (PPG) e o Movemento Comunista de Galicia (MCG) para o Senado nas eleccións de 1977.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cóengo santanderino. Estivo destinado nas catedrais de Lugo e Santiago de Compostela e dedicouse á investigación histórica de temas vinculados coa Igrexa lucense. A súa obra principal, a Colección diplomática, composta pola transcrición directa de documentos orixinais do arquivo da catedral de Lugo e do Arquivo Histórico Nacional xunto cunha toponimia da topografía, quedou inédita. Postumamente, apareceron La antigüedad de la Iglesia de Lugo e Los grandes pleitos de la Iglesia de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Olduvaiense.