"Vas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 331.

  • José Fernández Cuevas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Foi un dos iniciadores da escola de Tebra, caracterizada por unha temática intimista e angustiada, e colaborou en diversas revistas e xornais da época. Publicou os poemarios Frauta na noite (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1947), Fabulario novo (1952) e Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e publicista húngaro. A súa primeira etapa creativa caracterizouse por obras que trataban os problemas dos estractos máis pobres do campesiñado, como Egy parasztcsalád története (Historia dunha familia campesiña, 1939), Máról holnapra (De hoxe a mañá, 1939) e Szakadék (Abismo, 1943). Nos anos cincuenta centrouse nos problemas individuais e colectivos dos intelectuais, como en Kormos ég (Ceo sucio, 1959), Hajnali tüz (Lume na madrugada, 1961) e Részeg esö (Choiva ebria,1963), obra que se levou ao teatro en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ximnasta. Comezou a practicar a ximnasia na escola e con 11 anos ingresou no Centro de Alto Rendimiento (CAR) de Sant Cugat del Vallès. De alí pasou ao CAR de Madrid e en 1995 debutou co equipo español de ximnasia artística. Especializouse no exercicio de chan, do que se proclamou campión de Europa júnior (San Petersburgo 1998), subcampión mundial absoluto (Tianjin 1999) e subcampión europeo absoluto (Bremen 2000); sen embargo, na súa primeira participación olímpica, nos Xogos de Sidney 2000, non se clasificou para a final da súa especialidade. Pola contra, obtivo a Medalla de Ouro e o título de Campión Olímpico na competición de salto, disciplina na que, ao remate dese ano, ocupou o primeiro posto da clasificación mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Estudiou no Conservatorio de Moscova e foi un dos pioneiros da música electrónica no seu país. A súa obra combina formas contemporáneas, como o serialismo e a música aleatoria, coas tradicións rusas. Da súa produción destacan a cantata O sol dos incas (1964) e numerosas pezas de cámara. En 1993 recibiu o Grand Prix de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extraer un produto do envase que o contiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suco que se fai ao cavar.

    2. Espacio de terreo ou parcela que se limpa.

    3. Camiño ou carreiro que se fai no monte, no campo ou na fraga, libre de vexetación, para evitar que se estendan os incendios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abrir sucos na terra ao cavar.

    2. Facer devasas no campo ou no monte para evitar que o lume se propague.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de devastar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que devasta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • devastación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destruír ou arrasar un territorio causando graves danos nas vivendas, nas colleitas ou na poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de vidro ou aceiro de gran tamaño, en forma de vaso ou de botella, de paredes dobres, entre as que se realiza un baleiro moi elevado (~0,01 Pa), coa finalidade de eliminar a transferencia de calor por convección ou condución. A superficie interna das paredes está prateada para diminuír a transferencia de calor por radiación e ademais tapónase para evitar a evaporación. Inventado polo físico James Dewar, emprégase para conter líquido a temperatura distinta da temperatura ambiente. Tamén recibe o nome de termo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario en castelán de información xeral publicado en Donostia desde 1934 pola Sociedad Vascongada de Publicaciones. Decano da prensa donostiarra, co tempo pasou a formar parte do Grupo Correo de comunicación no que están integrados, entre outros xornais, El Correo Español-El Pueblo Vasco e El Diario Montañés. En 1985 posuía unha tiraxe media de 88.000 exemplares e a finais do ano 2000 superaba os 107.000, cunhas vendas que se achegaban aos 95.000. Dirixido por Gabriel Mújika, distribúe seis suplementos e presenta nove edicións: Alto Deba, Alto Urola, Bajo Deba, Bidasoa, Comarca, Costa Urola, Pasajes Rentería, San Sebastián e Tolosa Goierri. No eido da comunicación dispón de diversos soportes, entre eles, a televisión local Teledonosti, unha emisora ligada á Cadena Cope, dezaseis publicacións gratuítas e un portal en Internet. En setembro de 2001 o Grupo Correo e Prensa Española lograron un acordo para a súa fusión, co que se constituíu un dos máis destacados grupos de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en gramática e retórica que tiña a función de revisar e coordinar os textos da Iliada e da Odisea de Homero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e impresor. Na súa xuventude estivo cativo en Turquía e viaxou por Italia, Francia, Grecia, Portugal e España. Autor de obras de teatro, autos e vidas de santos, desenvolveu un importante labor editorial en Galicia. Chamado a Ourense polo bispo Francisco Manrique de Lara para as impresións dos libros Breviario Compostelano (1542?) e Las Constituciones Sinodales del Obispado de Orense (1544). Así mesmo, da súa extensa produción destacan Los veinte Triunfos (1530?), Palinodia de la nefanda y fiera nación de los Turcos (1547), Jardín del alma cristiana (1552), El astrolabio natalicio, Terno dialogal, Terno farsario, Terno comediario, El bosque nocturno de los animales e El vergel diurno de las aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e naturalista. Asentou as bases da edafoloxía e da agronomía, e apuntou a primeira clasificación dos solos. Principiou as súas investigacións nos solos de tipo chernozem, en Ucraína, nos que descubriu que presentaban un perfil semellante, independentemente do substrato sobre o que se desenvolvese, o que permitiu demostrar que a edafoxénese dun solo está determinada principalmente pola vexetación que, á súa vez, está especialmente condicionada polo clima reinante. Deste xeito, en 1895 estableceu que os solos se desenvolven como resultado da interacción de cinco factores: o substrato de partida, o clima, os organismos, o relevo e o tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de covas do levante de Mallorca, localizadas a un quilómetro ao S de Portocristo. Escavadas nas molasas brancas que constitúen unha plataforma tabular de 30 m sobre o nivel do mar, destaca a abundancia e proximidade de finas estalactitas, que contrastan coa amplitude, a alzada e a irregularidade das estalagmitas, as grandes dimensións do conxunto. A primeira exploración científica, de E. A. Martel, patrocinada polo arquiduque Luís Salvador de Austria, tivo lugar en 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor búlgaro. Escribiu Nešhastna familija (A familia infeliz, 1860) e o drama histórico Ivanku, ubijec’t na Asenja I (Ivanko, asasino de Asen I, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ángel de Saavedra.

    VER O DETALLE DO TERMO