"endo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

  • Relativo ou pertencente á endolinfa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao organismo que vive en gretas estreitas no interior das rochas.

    2. Aplícase ás estruturas, como os cristais, que medran dentro dunha rocha ou doutro substrato inorgánico duro, como é o caso das xeodas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • endomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao endometrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana mucosa que tapiza   a parede interna do útero dos mamíferos. Ten unha capa superficial de células ciliadas e secretoras de moco, que é a que se escama durante a menstruación, e unha capa basal, formada por tecido conxuntivo. A súa estrutura sofre variacións periódicas, de acordo co ciclo menstrual, con hipertrofia progresiva durante o ciclo, e con isquemia dos vasos e eliminación ao exterior ao final do ciclo, se o óvulo fecundado non se implantou. Se o óvulo se implanta, transfórmase e adquire unha nova estrutura que recibe o nome de decidua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ectopía do tecido endométrico. Pode ser interna, se o endometrio crece cara ao interior do miometrio, na parede do mesmo útero ou na trompa de Falopio; ou externa, se crece fóra do útero, por exemplo no ovario, na vexiga ou no peritoneo. Pode ocasionar esterilidade, embarazos ectópicos, dismenorrea ou dores pelvianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso inflamatorio de orixe infecciosa que se localiza no endometrio. Pode evolucionar dando lugar a complicacións locais graves, como absceso uterino, metrorraxia, flebite pelviana ou salpinxite, ou distantes, como a peritonite ou as septicemias. No ser humano pode estar causada por patóxenos oportunistas como a Pseudomona aeruginosa, Klebsiella pneumoniae ou especies do xénero Streptococcus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás endomicetais.

    2. Fungo da orde das endomicetais.

    3. Orde de fungos, da subdivisión ascomicotina, que poden presentarse durante todo o ciclo vital como seres unicelulares, agás na fase de produción de ascos -orixinadas por copulación de dúas células ou partenoxeneticamente-, formar un pseudomicelio por xemación consecutiva, ou presentar un micelio de hifas septadas con ascos no ápice. Engloba a familia das sacaromicetáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de micorriza na que as hifas do fungo, da orde das glomais, penetran ata as células da codia da raíz a través de haustorios de forma ramificada ou de vesículas que non causan cambios na forma da raíz nin danan o tecido vascular das plantas. Os fungos que dan lugar ás endomicorrizas non son específicos de ningunha planta, polo que se asocian de xeito máis ou menos indistinto. Ademais das anxiospermas e ximnospermas, presentan endomicorrizas fentos e brións. O fungo recibe azucres da planta hospedeira e esta obtén unha mellora na absorción de fosfatos e nutrintes como nitróxeno, cobre e cinc. Máis do 97% das fanerógamas presentan endomicorrizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos endomíquidos.

    2. Coleóptero da familia dos endomíquidos.

    3. Familia de coleópteros, de escaravellos pequenos -menores de 1 mm e de ata 10 mm nas especies de maior talle-, que se alimentan principalmente de cogomelos ou se desenvolven nos niños de formigas ou térmites. Das máis de 1.300 especies coñecidas só 50 están presentes en Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de duplicación do número de cromosomas, sen formación do fuso, nin movementos cromosómicos, nin alteracións da membrana nuclear, de xeito que nin a célula nin o núcleo cheguen a dividirse. Ten lugar, de forma habitual, nas glándulas salivares das moscas do xénero Drosophila, e orixina os chamados cromosomas xigantes ou politénicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno mediante o que as rochas ígneas son interpenetradas polos sedimentos que as envolven, por medio dun metamorfismo de contacto, de xeito que chegan a modificar a composición desas rochas ígneas.

    2. Aplicación dunha estrutura alxébrica E en si mesma, conservándoa. Pódese demostrar que o conxunto de endomorfismos sobre unha mesma estrutura posúe estrutura de espazo vectorial se se define a suma e o produto de endomorfismos. Unha vez definida unha función determinante non dexenerada en E, chámase determinante dun endomorfismo ao determinante da matriz que o representa referido a calquera base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao biotipo humano que se corresponde coa clasificación de Sheldon, que presenta un notable desenvolvemento do aparello dixestivo e das vísceras, membros curtos con relación ao corpo e un aspecto xeral redondeado. Na terminoloxía de Kretschmeré é semellante ao tipo pícnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • endonártice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nártice interior dunha basílica paleocristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revestimento máis interno dos nervios composto por tecido conxuntivo laxo, que envolve cada axón individualmente e que serve para o seu sostemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enzimas da clase das hidrolases que catalizan a escisión de forma inespecífica dos ácidos nucleicos mediante a hidrólise dos enlaces fosfodiéster en posicións internas da molécula.

    2. Tipos de endonucleases que recoñecen secuencias específicas de bases do ADN, como posicións de metilación ou secuencias palindrómicas, ás que cortan en lugares ben determinados; esta escisión aféctalles ás dúas cadeas, sexa á altura da mesma parella de bases, sexa deixando libres dúas curtas secuencias complementarias. In vivo, constitúen unha protección da célula fronte á invasión dun DNA alleo. Coñécense un centenar delas diferentes, case todas de orixe microbiana. O nome que reciben depende do organismo do que proceden; por exemplo, EcoRI procede de E. coliHindIII procede de H. influenzae, etc. Constitúen unha base operativa fundamental en enxeñería xenética e en biotecnoloxía. O seu descubrimento valeulle o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía a W. Arber, H. O. Smith e D. Nathans en 1978. Tamén reciben o nome de enzimas de restrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao parasito que vive no interior do seu hospedeiro. Recibe o nome de endófito se o hospedeiro é un vexetal, e de endozoo se é un animal. Habita nas cavidades internas do corpo que están en comunicación co exterior, como o tubo dixestivo, a vexiga ou o sistema respiratorio, ou ben na cavidade xeral. Tamén se denomina parasito endófago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzimas da clase das hidrolases que catalizan a escisión de unións peptídicas en posicións internas da cadea polipeptídica que constitúe a proteína.

    VER O DETALLE DO TERMO