"sec" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 230.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Misal Auriense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Misal Compostelano.
-
MUNICIPIOS
Municipio da comarca do Bierzo, integrado na provincia de León, Castela e León, e situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (769 h [2001]). Na entrada do termo atópase o santuario das Angustias, de finais do s XVIII. As súas portas foron forradas de ferro xa que existía o costume entre os peregrinos de levar unha estela como recordo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que dura moitos séculos.
-
Que ten moitos séculos.
-
-
PERSOEIRO
Comediógrafo. Foi o creador dun tipo de teatro denominado astracanada, de estrutura dramática moi simple, con predominio de xogos de palabras e ocorrencias fáciles. Moi prolífico, da súa produción destacan as parodias La venganza de don Mendo (1919), Anacleto se divorcia (1921), Los extremeños se tocan (1926) e Calamar (1927), e as sátiras antirrepublicanas La oca (1931) e Jabalí (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Secreción que producen as terminacións nerviosas.
-
Substancia secretada pola terminación nerviosa de certas células do cerebro ao torrente sanguíneo que provoca a liberación de hormonas trópicas do lóbulo anterior da hipófise.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘nós’ e ‘nosoutros’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pregaria fervorosa, conxurando a Deus ou en nome de Deus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de obsecuente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que amosa unha actitude compracente cara a alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización político-militar de europeos residentes en Alxeria, fundada para opoñerse á independencia da colonia. Cando o goberno francés e o Front de Libération Nationale asinaron o armisticio de marzo de 1962, intentou frear o éxodo de pieds-noir cara a Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla palmatinervia con divisións que chegan ata o punto de inserción do limbo co pecíolo.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Escritor, historiador e diplomático ecuatoriano. Formou parte do grupo de Guayaquil, xunto con D. Aguilera ou José de la Cuadra. A súa obra, marcada polo realismo, avanza na caracterización dos personaxes, na composición dos diálogos e nas reflexións monologadas, mentres que os temas reflicten a historia e a sociedade do seu país. Da súa produción destacan El muelle (1933), Hombres sin tiempo (1941), La hoguera bárbara (1944) e La Manticora (1974). Escribiu tamén os ensaios Thomas Mann y el nuevo humanismo (1956) e Ensayos de ensayos (1981). Recibiu o Premio Nacional de Cultura Eugenio Espejo (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Distancia á que se sitúa un punto tal que as dúas rectas que o unen cos dous extremos do semieixe da Terra forman un ángulo de 1 s. Daquela, a paralaxe deste punto é dun segundo de arco. O parsec, que equivale a 3,26 anos luz, é unha unidade de distancia que se usa en astronomía.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués. Membro dunha familia da pequena nobreza da Beira Alta, no centro de Portugal, estivo activo no derradeiro cuarto do s XIII na corte de Afonso III, e probablemente tamén na de don. Denís. Apareceu no Livro de Linhagens do conde Pedro como fillo de Mem Gonçalves da Fonseca e hai referencias nun documento do mosteiro de Pendorada (1275) e da súa relación coa liñaxe dos Aboim e dos Portel. Consérvanse seis composicións da súa autoría, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: cinco cantigas de amor (con xogos de repetición nos versos anteriores ao refrán) e unha de escarnio (“Chegou Paio de maas artes”).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de perseguir.
-
Conxunto de actos violentos exercidos contra os cristiáns en tempos do Imperio Romano. Suetonio lembra unha primeira persecución, arredor do ano 50, cando Claudio I expulsou os xudeus de Roma, porque alborotaban en nome dun tal Chrestus. Pero foi a partir do incendio de Roma cando Nerón comezou a persecución (64). A mesma actitude foi adoptada polos emperadores Domiciano (94), Traxano (111), Antonino Pío (138-161) e Marco Aurelio (161-180). Ata este momento as persecucións eran parciais e afectaron, excepto a de Traxano, preferentemente á área romana. Séptimo Severo (202-211) decretou a persecución contra os catecúmenos, e Máximo Tracio (235-238) contra os cregos e dirixentes das comunidades. Con Decio (249-251) a persecución estendeuse a todo o imperio, como reacción ao favor dispensado aos cristiáns por Filipe o Árabe, e ante a organización da Igrexa. O mesmo camiño seguiu Valeriano (257-258) e sobre todo Diocleciano (303), decretando a máis universal e cruenta de todas as persecucións....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á persecución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo fotográfico creado en 1902 en Nova York. Promovido por Alfred Stieglitz e George L. Beam, propuña desenvolver a fotografía ata lograr un uso pitórico, reunir a todos os americanos preocupados pola arte e promover mediante exposicións a artistas que non pertencesen ao propio grupo, incluso de fóra de EE UU. Máis tarde romperon co pictorialismo e apostaron pola fotografía moderna, a imaxe pura sen manipulacións e unha temática baseada nas máquinas e na vida urbana. Neste grupo participaron fotógrafos como Edward Steichen ou Gertrude Käsebier, que publicaron os seus traballos no órgano de expresión do grupo, Camera Work. Desapareceu en 1917.