"uru" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 194.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nos topónimos homónimos que recibiron a súa denominación debido á abundancia de curuxas neses lugares. Documéntase no s XVII: “Afonso da Curuxeira” (doc ano 1602 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 551). Unha variante deste é Cruxeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao día ou ao tempo nos que vai moita calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘lampión’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe mariño de corpo plano, con forma de rombo. De ata 80 cm de lonxitude, está recuberto de pequenas escamas e ten unha coloración variable, dende un gris amarelado ata acastañado con manchas máis claras. Presenta os dous ollos no costado esquerdo, separados e en liña. A boca está disposta de xeito anterior e os orificios nasais son asimétricos. As aletas dorsal e anal percorren todo o contorno do animal e terminan na base da cola. Son animais depredadores, principalmente doutros peixes, de vida bentónica, e repousan sobre o lado dereito, que non presenta coloración, en fondos areosos entre os 2 e 100 m de profundidade. Os exemplares máis novos teñen os ollos en posición normal e nadan libremente ata que o ollo dereito vai mudando a súa posición e o animal pasa a vivir nos fondos. Distribúese polo Océano Atlántico, dende Noruega ata Xibraltar, e polo Mar Mediterráneo. A súa carne é moi apreciada na arte culinaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que compartían coas curuxas algunha característica: a forma arqueada das cellas, os costumes nocturnos, etc. Aínda funciona como alcume. Documéntase no s XV: “Lopo Curujo” (doc ano 1417 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 113). Adoita aparecer castelanizado coa forma Curujo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘candil’ e ‘lampión’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘vela’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das poáceas, con follas planas e inflorescencias en panículas mestas. En Galicia están presentes as especies: C. cristatus, propia de lameiros e prados; e C. echinatus, propia de sebes, terreos incultos e muros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica polaca realizada en 1976. Foi dirixida por Andrezj Wajda e interpretada por Jerzy Radziwilowicz, Krystyna Janda e Tadeusz Lomnicki. Este filme é unha reflexión sobre os símbolos políticos do sistema previo ao nacemento do sindicato Solidarność en Polonia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos tiranosauros de ata 8,5 m e 3,6 toneladas de peso, mandíbulas curtas de dentes moi grandes e de bordo serrado, con garras moi grandes. Depredaba grandes dinosauros herbívoros, como os ceratopsios. Propios de finais do Cretáceo, os xacementos máis importantes están en Norteamérica.
-
GALICIA
Poetisa. Colaborou en diversas revistas e en El Heraldo Gallego. Publicou La letanía lauretana (1878), Penumbras (1880), Romances y cantares (1885), Follatos (1891) e Fe (1911). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1907.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Quitarlle a un neno o envurullo que o envolve.
-
Desenvolver un obxecto calquera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros, da familia dos diplodócidos, de máis de 12 m de lonxitude. Propio de finais do Xurásico, do que os xacementos máis importantes están en Tanzania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos dicrúridos, ao que pertencen algúns drongos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros, da familia dos megalosauros, de ata 6 m de lonxitude. Presentaban cabeza grande, con cristas óseas semicirculares os machos, e pescozo, cola e brazos longos e esveltos. De hábitos preeiros, habitou Norteamérica a principios do Xurásico. Os xacementos máis importantes están en Arizona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos desdentados, da familia dos gliptodóntidos, de ata 4 m de lonxitude, co corpo cuberto de placas dérmicas coriáceas e cola longa rematada nunha maza con espiñas grosas e duras que empregaba para golpear os inimigos. Propios do Pleistoceno, os xacementos máis importantes están na Patagonia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos hipsilofodóntidos, de ata 3 m de lonxitude. Presenta patas longas e delgadas con tres dedos, sen dentes na parte anterior da mandíbula superior e unha mandíbula inferior a xeito de peteiro córneo. Viviron dende finais do Xurásico ata principios do Cretáceo en América do Norte, África, Australia e Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cérvidos ao que pertence o cervo do padre David.
-
PERSOEIRO
Escritor. De ideas republicanas, foi capitán de granadeiros en tempos de Napoleón III. Cultivou a poesía bucólica, erótica e política e deixou inacabada unha novela curta. Obtivo numerosos premios.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Andhra Pradesh, na India, situada entre os ríos Kri-shna e Godāvari (212.918 h [1991]). Está situada nunha chaira aluvial, ocupada na súa maior parte por cultivos, entre os que destacan o arroz, o tabaco e o azucre.
VER O DETALLE DO TERMO