"xil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 207.
-
PERSOEIRO
Rei visigodo (583? - 584), fillo do Leovixildo. Casou con Ingunda, princesa católica irmá de Khildeberto de Austrasia, e abxurou do arianismo para converterse ao catolicismo co nome de Xoán (579). Enviado como gobernador á Bética, sublevouse contra o seu pai, proclamouse rei e, aliándose cos bizantinos e cos suevos, liderou a facción católica contraria a Leovixildo. Capturado preto de Córdoba, foi desterrado a València e encarcerado en Tarragona, onde morreu decapitado ao negarse a abxurar da nova relixión. O Papa Gregorio o Grande considerouno mártir do catolicismo. Canonizado en 1585, pasou a ser copatrón de Sevilla. A Real Orde de Santo Hermenxildo, instituída por Fernando VII (1804), é unha orde militar que recompensa a permanencia e constancia no servizo das armas a oficiais, xefes e xenerais. Na iconografía represéntase como un mozo imberbe de longa cabeleira, que viste túnica curta e clámide ou manto real, e coroa real sobre a cabeza. Leva como atributos unha esfera e un...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica composto de *ermin- ou *irmin- ‘grande, poderoso’ e *gild(i)- ‘valoroso’, latinizado polos haxiólogos de santo Hermenxildo de Sevilla (s VI) en Hermenegildus. Ten as variantes Hermenexildo/Hermenexilda, Hermexildo/Hermexilda e os hipocorísticos Merexildo, Xildo/Xilda. Destaca con este nome o santo galego Hermenxildo de Salceda (s X). A súa festividade celébrase o 13 de abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo Hermenxildo/Hermenxilda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hexeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ácido n-caproico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radicail univalente isomérico de fórmula C6H13-. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidróxido de aluminio, de fórmula Al(OH)3. Cristaliza no sistema monoclínico. É de cor branca, grisalla ou verdosa, ou dun branco vermello, e ten o brillo do vidro. Ten unha dureza de 2,5-3,5 e unha densidade de 2,4. OBS: Tamén se denomina gibbsita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción química na que se introducen un ou máis grupos hidroxilo nun composto orgánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao composto que contén na molécula o radical hidroxilo -OH.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido delicuescente e inestable que se funde a 33°C e que hai que manter sobre xeo para que non se descompoña. É unha base orgánica moi redutora, empregada na obtención de colorantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de fórmula -NH-OH.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao radical hidroxilo.
-
-
Radical equivalente de fórmula -OH.
-
Ión de fórmula OH - , presente nas solucións alcalinas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás árbores de madeira homoxénea. OBS: A grafía <x> representa o son [ks]
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que existe ou está situado entre os ósos maxilares. OBS: A grafía <x> representa o [ks].
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muras. Construída en 1700, ten nave rectangular, cuberta a dúas augas, e capela maior de planta cadrada con cuberta a catro vertentes. No lado N da capela engadiuse un corpo que funciona como sancristía. O retablo maior é neoclásico, pero ten elementos decorativos barrocos. No exterior destaca o pórtico situado diante da fachada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución da tenacidade do aceiro ao tratalo con Mn, Cr ou Ni. Aparece cando, despois de recocido, se mantén durante un tempo á temperatura de 450-550°C e se forman carburos de Cr e carburos complexos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica, que deriva posiblemente de Leuba ‘amado’ e gild ‘ter valor, valente’. Este nome medieval está probablemente na raíz de variantes como Novexildo, de onde proveñen os topónimos Novexil e Novoxil. Presenta a variante Novaxildo. Levaron este nome o rei visigodo Leovixildo e san Leovixildo (s IX). A súa festividade celébrase o 20 de agosto.
-
PERSOEIRO
Rei visigodo (573-586). Gobernador da Hispania Citerior, en 572 iniciou a conquista dos dominios bizantinos en Bética. Enfrontouse cos suevos, tentou impoñer unha monarquía peninsular hereditaria, e asociou ao trono os seus dous fillos, Recaredo e Hermenexildo ao tempo que desprazou á nobreza. Volveu unificar a relixión arredor do arianismo, pero a maioría seguiu sendo católica. En 582, o seu fillo Hermenexildo sublevouse contra el, converteuse ao catolicismo e autonomeouse rei. As conquistas de Sevilla e Córdoba puxeron fin á rebelión de Hermenexildo (583), que foi executado en Tarragona en 585. Aceptou a submisión e o xuramento de fidelidade do rei suevo Eborico en 583, pero despois da sublevación que depuxo a este monarca realizou unha nova expedición contra o reino suevo en 585 e derrotou o usurpador preto de Braga. Trala súa vitoria o territorio suevo foi gobernado por un conxunto de duques que se ocuparon de reprimir un intento de sublevación ao ano seguinte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe mozárabe. Converteuse en Córdoba en discípulo de santo Euloxio. A súa festividade celébrase o 20 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO