"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

  • restaurable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • retractable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • revalidable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • rexistrable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ridiculizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. En 1934 afiliouse ao Partido Comunista de España (PCE) e organizou a primeira célula do partido en Curtis, da que foi nomeada secretaria, e o Sindicato de Oficios Varios. Durante a Guerra Civil Española foi condenada a morte, pero conmutárolle a pena e foi posta en liberdade condicional en 1943. Regresou a Galiza, e colaborou novamente co PCE e coa guerrilla que estaba organizada nos montes. Emigrou a Bos Aires e reiniciou a súa militancia comunista, incorporouse á Federación de Sociedades Gallegas participando na comisión feminina e na de cultura. Escribiu Testimonios de la Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz teatral e cinematográfica e tradutora. Coñecida como Mabel Rivera, debutou no teatro en 1984, co Centro Dramático Galego, na obra Agasallo de sombras (1984), de R. Vidal Bolaño, aínda que previamente xa participara noutras producións de compañías menores. A esta obra seguíronlle Os vellos non deben de namorarse (1985), de Castelao; O enfermo imaxinario (1986), de Molière; e As alegres casadas (1989), de Shakespeare. Con Teatro do Malbarate participou en Xogos de damas (1987) e Inventarios (1990). No eido da tradución realizou as versións de Tolos de amor (1995), de Sam Sheppard, xunto a Cándido Pazó; e Cartas de amor (2001), de A. R. Gourney. A súa primeira interpretación cinematográfica tivo lugar no filme El bosque animado (1987), de J. L. Cuerda. A finais da década de 1980 comezou o seu traballo para TVE e TVG en diversas producións televisivas, das que destaca o seu papel en Pratos combinados....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Isabel Rivera Torres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Pa-drón 16.1.1935) Músico e profesor. Dedicado ao ensino da lingua inglesa, promoveu a creación da Federación Coral Galega (1983). Director da Coral Helios de Bembrive e do coro do Campus Universitario de Vigo, foi o fundador da revista musical Galicia Cantat. Publicou, con J. Alves, o Cancioneiro Coral Galego (1995). É membro do Consello da Cultura Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Especializouse en megalitismo e arqueoloxía atlántica, tema da súa tese de doutoramento Los monumentos megalíticos de falsa cúpula en la Fachada Atlántica Europea (1986). Membro da Unión Internacional de Ciencias Prehistóricas e Protohistóricas e do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, publicou O megalitismo na Galiza. A súa problemática e o estado actual da investigación (1979) e O megalitismo. A primeira arquitectura monumental de Galicia (1990). Recibiu o Premio Otero Pedrayo na sección de Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz, filla de Roberto Rossellini e de Ingrid Bergman. Comezou a súa carreira en Roma como modelo e en 1972 trasladouse a Nova York. Naturalizada estadounidense, dos seus filmes destacan White Nights (1985), Blue Velvet (1986), Death Becomes Her (1992), Fearless (1994), Inmortal Beloved (1994) e Heights (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un bo sabor e é agradable ao padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen sabe ou está informado de algo.

    2. sabedeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coñecemento profundo sobre determinadas materias ou conxunto de coñecementos adquiridos mediante o estudo ou a experiencia.

      1. Coñecemento superior, de carácter non só teórico-especulativo senón tamén práctico-moral, relativo á verdade última (ou primeiros principios) do real e ao sentido e destino do mundo, e sobre todo ao do home nel. En Platón e Aristóteles pódese atopar unha acentuación do carácter teórico da sabedoría, mentres que nas filosofías helenísticas está subliñado o seu aspecto práctico. Este carácter teórico-práctico adoita ir acompañado dunha connotación relixiosa, de xeito que a sabedoría significa tanto o coñecemento e a observación da lei divina coma a mesma razón e o sentido último da creación do mundo e do home por Deus.

      2. Ámbito superior da realidade, moitas veces hipostasiado e mesmo personificado, correspondente ao que se pode denominar razón ou logos do cosmos, alma do mundo ou incluso espírito, é dicir, o elemento misterioso que intervén, dándolle sentido, á creación do Universo por Deus. A tradición cristiá identificou a sabedoría veterotestamental co Espírito Santo e o Verbo ou Fillo de Deus.

    2. Característica propia das persoas sabias.

    3. Capacidade de razoar ou actuar con prudencia e mesura.

    VER O DETALLE DO TERMO